martes, 20 de diciembre de 2011

O FUTURO VAISE

Xosé Cobas-Centenario da Unión Barcalesa



Coa puntualidade de sempre, Manuel Rodríguez, Vicepresidente da Unión Barcalesa da Habana, remíteme as fotografías da última xuntanza da Xunta Directiva que tivo lugar o sábado 17 nos locais do Centro Galego da capital cubana. Como ó día seguinte se conmemoraba o Día do Emigrante houbo, segundo informa o noso amigo, unha lembranza moi especial para todos os galegos  espallados polo mundo.

Xunta Directiva no Centro Galego
Na actualidade a tradición emigratoria segue, perto de 11.000 xóvenes de entre 18 e 35 anos abandonaron Galicia o pasado ano, un éxodo que se repite. Marchan buscando outros lugares que ofrezan   posibilidades e saídas laborais que aquí non atopan. Na práctica totalidade son persoas con estudos universitarios, é decir, que a xeneración mellor formada da historia de Galicia ten que marchar por falta de oportunidades.

           
        O futuro vaise e a situación empeora. Galicia é unha das comunidades españolas coa poboación máis envellecida sendo a media de idade de 44,8 anos, incluso superior en 3,6 máis ca media do Estado, presentando uns índices demográficos que poden calificarse de alarmantes.

O xornal El Correo Gallego destaca hoxe na súa portada o que define como “suicidio demográfico de Galicia”. Reflectindo as conclusións do libro publicado por Alejandro Macarrón Lumbé “El suicidio demográfico de España”, recolle a situación especialmente grave da nosa comunidade á que dedica apartado especial na publicación.  

As provincias de Lugo e Ourense están  lisa y llanamente en situación precatastrófica  en demografía y forman junto con su vecina del sur, Zamora, el trío de cabeza de España en suicidio demográfico. A inmigración apenas repercute nesta dinámica pois estamos situados á cola en proporción de estranxeiros e de nacidos de nai foránea. Ademáis Galicia tampouco ten garantido o relevo xeneracional polo que se sitúa entre as sociedades sen futuro a medio e longo plazo.

A advertencia non é nova, xa hai anos que diversos expertos veñen dando conta destes datos negativos nos medios de comunicación. Este desastre non é unha prioridade para os  galegos  e a clase política está inmersa no día a día. Puro onanismo.

Membros da Directiva






domingo, 11 de diciembre de 2011

A FORZA E A CARRAXE DAS MULLERES GALEGAS


          Cando remata unha ditadura, xorden sempre os enterradores da memoria e pola contra investigadores e investigadoras que desenterran esa parte do pasado e da nosa Historia que permaneciu oculta polos anos de esquecemento e polo medo.

Aurora Marco
       Aurora Marco López é catedrática de Didáctica da Lingua e Literatura Galega na Facultade de CC da Educación da Universidade de Santiago, membro dos consellos de redacción de diversas revistas especializadas e ten no seu haber máis de vinte libros publicados, moitos deles sobre o papel da muller en diversos ámbitos da sociedade como Mujer, Lengua y Literatura; Mulleres e Educación en Galiza. Vidas de Mestras; Diccionario de Mulleres Galegas e estes días acaba de sair do prelo  MULLERES NA GUERRILLA ANTIFRANQUISTA GALEGA, que será presentado o vindeiro mércores día 14, ás 8 da noite,  na Livraría Couceiro en Santiago de Compostela.

          Este traballo, que requeriu anos de investigación e viaxes, recolle o destacado papel-até o de agora oculto- da muller galega na guerrilla. Tomei contacto con Aurora Marco na súa visita a Negreira para coñecer por boca dos afectados os acontecementos vividos na parroquia de Zas no ano 1949, data na que tivo lugar un enfrontamento coa Garda Civil que causou a morte de dúas mulleres (Carmen Temprano Salorio e Manuela Teiga) guerrilleira e enlace respectivamente, así como doutros tres compañeiros e unha dura represión que levou á cadea a máis dunha ducia de persoas. A través dela coñecín a importancia e o valor das nosas mulleres na defensa da democracia e a liberdade

      A presentación deste interesante traballo coincide coa noticia da concesión do Premio “Memoria i Justícia Universal” no III Festival Internacional de Derechos Humanos de Santa Coloma de Gramenet á película realizada polo seu fillo, Pablo Ces, “ As Silenciadas” sobre a mesma temática e da que Aurora Marco é guionista e que será proxectada neste acto.
      O mércores poderemos ter acceso a esas importantes testemuñas, que nos descubrirán páxinas importantes do pasado da comarca de Barcala e de Galicia, até o de agora decoñecidas, grazas ao esforzo investigador da profesora Aurora Marco que segue a ser un exemplo vivo do compromiso da muller galega coa súa terra e as súas xentes.





           

               


sábado, 26 de noviembre de 2011

AS FEIRAS DO COTÓN

Por José Manuel Ríos Rial







 
          José Manuel Ríos e Blanca del Río deixaron Negreira hai tempo para irse a Granollers. Alí residen e de cando en vez temos a ledicia de que nos visiten ou nos agasallen cos seus recordos  convertidos en  relatos.

       Blanca foi galardoada no ano 2006 co 1º Premio Nacional de Relatos da ONCE  pola súa obra Silencioso Amor, e co 2º o ano anterior por Xan da Amaía y su hija Minia, ambientadas en Negreira e na súa infancia.

       José Manuel déixanos a miúdo na rede retazos da súa xuventude  que nos fan rememorar a vida nicrariense na segunda metade do século XX. Agora, con este relato oral, plasma de xeito maxistral o que eran as feiras do Cotón e toda a variedade de persoaxes curiosos que acudían a elas para intentar sobrevivir naqueles complicados anos.

        Testigo de excepción do acontecer dominical, dende o establecemento do seu pai na Praza do Cotón, convertiuse en observador privilexiado desa gran romería comercial e do arte de sobrevivir que eran as feiras daquel tempo.

sábado, 19 de noviembre de 2011

OS BARCALESES DA HABANA CELEBRAN O 104 ANIVERSARIO DA SOCIEDADE




           Os barcaleses residentes na capital cubana, coa asistencia de 220 asociados e familiares, celebraron o pasado luns o 104 Aniversario da Sociedade Unión Barcalesa de La Habana cun xantar  amenizado con diversas actuacións que fixeron máis agradable a festa destes 104 anos de vida asociativa da que debemos sentirnos todos moi orgullosos.

         O Presidente, Rolando Perez Palmero, presentou o acto no que se entregou un diploma a Rita María Vázquez Suárez por participar durante cincuenta anos na vida da Sociedade. Rita é neta de Jesús Suárez, emigrante da parroquia de Lueiro, no concello de Negreira, quen emigrou a Cuba a comezos do século XX, tamén avó da Secretaria, Conchita Suárez. Ademáis fíxoselle entrega doutro diploma  a Aida Morera polos seus 25 anos de vida asociativa.

          O Secretario da Sociedade, Manolo Rodríguez, cóntanos que a celebración foi todo un éxito. O amigo Manolo infórmanos a miúdo das distintas actividades que se veñen organizando durante o ano, ó igual que Rolando e Conchita, Presidente e Secretaria, que logo de tanto tempo seguen a manter xunguida á colonia barcalesa na Habana nas distintas actividades que a  modesta economía da Sociedade  lles está a permitir.

Asistentes ó xantar do 104 Aniversario
          No ano 2007 unha expedición de 60 veciños da nosa Comarca acompañados polos alcaldes de Negreira, A Baña e Val do Dubra, amais dos directivos da Asociación para a Solidariedade Alén Mar, acudimos ós actos que no Centro Galego tiveron lugar para celebrar os primeiros cen anos da entidade. O Salón principal quedouse pequeno para acoller a toda a concurrencia e a solemnidade do acontecemento aínda segue na memoria de todos.

          O Presidente, Rolando Pérez Palmero, a Secretaria Conchita Suárez  e o Vicepresidente Manolo Rodríguez xunto cos demáis membros da Xunta Directiva  envían  unha aperta moi forte para todos os amigos e veciños de Barcala que moi especialmente nese día estiveron na memoria de todos os asistentes ó acto de aniversario. 

O Presidente con asociados de Barcala


martes, 27 de septiembre de 2011

CON BO PÉ….!!!!




          ….e  gran capacidade goleadora acaba de debutar no mundo do futbol  Marcia Tuñas, neta do que foi estrela do deporte mexicano Juan Tuñas “Romperredes", xogador do América co que gañou varios campeonatos de Liga. A familia Tuñas é oriunda da  parroquia de Aro, no Concello de Negreira, dende  onde emigrou  hai xa moitos anos  o seu bisavó de quen herdaron  esa xenética que  axudou a prestixiar  o futbol cubano e mexicano.

          Cravar 6 goles nun partido de debut, co equipo do Instituto Cumbres, é todo unha proeza que de momento nen sequera Messí logrou. Parece xa que Marcia está chamada a facer historia no mundo do balompé.

Marcia e o seu pai Manolo en  Tuñas-Negreira
    Con motivo da final do Campeonato do Mundo de Futbol  que España gañou, Marcia e o seu pai Manolo acompañáronnos en tan triunfal acontecemento aquí en Negreira. Non quixeron perderse esa efeméride na terra dos seus antergos e a xornada foi toda unha festa. Un día inesquecible no que  coñecemos  directamente, en boca de  Manolo, a biografía do seu pai Juan Tuñas “Romperredes” chamado así polo seu potente chupinazo que tronzou  varias veces as redes da portería contraria.

          O seu debut no futbol cubano levouno  a participar coa selección dese país no Campeonato do Mundo de Francia en 1938 onde foi semifinalista e os seus exitos continuaron en México como futbolista profesional. Esta gloria do fútbol que recibiu entre outras distincións a Medalla ó Mérito Deportivo de Cuba estaría hoxe moi feliz, se seguira entre nós, porque os éxitos futbolísticos da familia teñen xa continuidade na persoa de Marcia.

Juan Tuñas : De tal pau.....



domingo, 7 de agosto de 2011

AQUÍ NO MEDIO


Getaria

            Exactamente na Musika Plaza disfrutando dunha apacible mañá de domingo. Á esquerda, na fachada dun edificio, un gran letreiro que di- en inglés- que estamos en Euskadi e que non é nin España nin Francia. E á dereita unha oficina da Banca Cívica. Para coñecer un lugar  nada mellor que situarse no medio e mirar para os lados.

           Zarauz é o sitio ideal para pasar unhas vacacións apacibles porque ten todos os ingredentes para disfrutar dun grato verán, lugar de contrastes tanto estás a 29 graos de temperatura como sopra unha galerna e en poucas horas recomponse todo de novo. Enclave tradicional de vacacións da burguesía vasca reflicte en moitos dos seus edificios que iso de que somos iguais por vivir nun mesmo país, falar a mesma lingua e ter a mesma cultura, tararítarará.
Zarauz

          Onte poidemos percorrer o longo paseo que pola beiramar leva ata Getaria, berce de Juan Sebastián de Elcano, o primeriño en dar a volta ao Mundo- Primus circundediste me- e percébese o moito que o aprecian neste antigo porto baleeiro pois son abondosas as estatuas dos máis diferentes estilos e non é para menos. Nunha soa mañá disfrutamos dun casamento en euskaro, o aurresku diante do Concello, un concerto da Banda, que por certo interpretou uns marabillosos pasodobles, chistu e txakolí. Estaban en festas e pasear polas súas rúas era como andar por unha romaría.

Getaria
           Por iso hoxe toca descanso e navegar polas diferentes páxinas dos xornais. Público fala do próximo aterraxe do B-16 en Madrid e segundo di asesorado por Rouco para atacar ás leis de España. Xa é a terceira vez que este Xefe dun estado confesional viaxa subvencionado polas institucións públicas para atacar as leis que aproba o Parlamento Español. Se do que se trata é de dar unha patada nos estamentos inferiores de Blancanieves y los siete enanitos, paréceme que non era preciso tanta impedimenta, aínda así rememórame aqueles congresos eucarísticos da época dourada do fascismo.

           Pero estamos de vacacións e ímonos para o Kulixka, que nada mellor que un peixe fresco degustado ollando cara a Gran Bretaña – mar en medio- e logo despois xa se verá.

lunes, 6 de junio de 2011

RÍOS CON VIDA


                                         Desembocadura do Xallas no Ézaro               Foto: J.M. López Tuñas


      No río Xallas foron construidas catro grandes presas hidroeléctricas cun réxime de explotación que constitúe unha auténtica agresión ecolóxica.

      A presa de Santa Uxía mantivo seco durante anos os 1,4 quilómetros finais comprendidos entre o muro e a fervenza do Ézaro, onde desemboca no mar. De cando en vez  liberaban un  pequeno caudal abrindo a fervenza  para contentar aos turistas  algúns días do ano.

      Foron as denuncias interpostas por RÍOS CON VIDA as que obrigaron a Ferrolatlántica a liberar un caudal mínimo de 2,23 m3 /sg,  que é só un 10 % do caudal medio do río  e que aínda non é suficiente  para un  bo estado ecolóxico.

      A empresa propietaria do embalse foi denunciada por presunta comisión dun delito contra os recursos naturais pola captación abusiva das augas públicas.Tamén o foron os responsables da Xunta de Galicia que naquel momento o permitiron. Esta mesma empresa é obxecto doutro proceso penal por desecar un embalse no mesmo río en novembro de 2007, provocando unha gran mortandade de troitas.

      RÍOS CON VIDA  é unha ONG estatal adicada á conservación e restauración de ríos, defendendo unha ética recreativa na pesca fluvial. Está formada por 4.000 persoas de distintos lugares de España coordinadas por unha Xunta Directiva elexida en asamblea cada dous anos. Fundada en 1979 adícase tamén á protección, estudo  e coidado dos ecosistemas acuáticos. É decir ven a desempeñar unha función que por Lei corresponde a distintos organismos da administración autonómica, que nalgúns casos actúan como cómplices das empresas enerxéticas que están a destruir numerosos  ríos e  montes de Galicia  ante a indiferencia da nosa cidadanía.

      Hoxe podemos disfrutar dun marabilloso espectáculo no Ézaro contemplando a fervenza e un entorno recuperado  dun xeito exemplar polo Concello de Dumbría.

jueves, 26 de mayo de 2011

MONTE PINDO: EL OLIMPO GALLEGO

                                                                     Foto: J.M. López Tuñas


..........
Eu soñei ver na cume do Pindo
adornados de mirto e loureiros,
escritores, poetas, guerreiros.
que sorrindo se daban a man.
..........
           
  Francisco Añón Paz
                                                                         A Galicia


         El monte Pindo es el Olimpo gallego. Eleva su majestuosidad a orillas del Atlántico que con sus vientos y lluvias va esculpiendo las formaciones graníticas y le confiere ese aire mitológico que desde siempre se le ha atribuido.
        Otea desde lo alto uno de los paisajes más espectaculares de nuestro litoral, tanto es así que hasta el río Xallas excavó su lecho rocoso para abrirse camino y lanzarse desde las alturas a los brazos del mar.
Desembocadura del Xallas
        Desde los albores de la Historia el hombre ha atribuido a los montes un carácter sagrado. En  las religiones más antiguas constituyen el nexo con Dios y en las primeras culturas urbanas, desde  Mesopotamia a Centroamérica, los templos se alzaban escalonadamente hacias los cielos para coronarse con el santuario.
        Francisco Añón Paz, al igual que otros escritores e intelectuales que han contribuido a la construcción del imaginario social de los gallegos, compara  este monte con el Olimpo griego y lo hace morada de los genios de nuestra cultura y de los más gloriosos antepasados.
En marcha...
        Ascender al monte Pindo desde la iglesia de este pueblo, por la ruta pedregosa que conduce hasta la cumbre de Pena Moa,  es todo un reto para el tesón y las piernas.Y si vas precedido de medio centenar de adolescentes se transforma ya en una proeza. Las profesoras de nuestro Instituto Carmen Vales, Luisa Nieto y Mercedes Rey nos conducen por esta ruta de senderismo tan espectacular como difícil. Las formaciones rocosas, los enormes pedregales y las maravillosas vistas que van surgiendo a medida que ascendemos hasta la cumbre resarcen, junto a la alegre  compañía del alumnado, todo el esfuerzo que la empresa requiere. Tres horas de camino, de roca en roca y de picacho en picacho.
        La ovación al llegar a Pena Moa  compensa el esfuerzo y aunque no pudimos localizar a la pléyade de escritores, poetas y “guerreiros” a los que canta Añón, la panorámica que desde allí se contempla, desde el Cabo Finisterre hasta el extremo Sur de la Playa de Carnota, es  todo un regalo para el espíritu.
        Luego, la  comida y  la bajada con mucha precaución porque las piernas flojean y los resbalones se producen a cada paso. Apoyo a los rezagados y ánimos compartidos. Y sobre todo la alegría de haber alcanzado  la cumbre de nuestro Olimpo. 

Playa de Carnota desde A Moa


lunes, 16 de mayo de 2011

17 de maio – DÍA DAS LETRAS GALEGAS


               
                                       





                                                       
O recanto profundo dos piñeiros
fálanos da túa nova moradía,
vivindo cos silencios compañeiros
letargo noutra vida fuxidía.

Levando calma a onde a dor vivía,
sementache-la paz polos outeiros,
polas chairas da terra penedía,
na busca de horizontes verdadeiros.

Respirando nos teus beizos a canción,
quedouno-la ledicia de quererte
sabendo da túa obra a devoción.

E tendo nós a sorte de aprenderte,
e na morte levar ti a resurrección,
non ficará nin tempo de esquecerte.


                                                                                            Xosé M. López Ardeiro
                                                                                             (Un xardín no tempo)

miércoles, 11 de mayo de 2011

OFRENDA ÁS NAIS BARCALESAS

                                         Cementerio de Colón - La Habana             ( Foto Guije)         


         A Unión Barcalesa da Habana celebrou o pasado día 8 o Día da Nai, cunha ofrenda no panteón da Sociedade a todas as nais barcalesas que non poideron voltar e descansan alí, no mausoleo que a Sociedade ten no Cemiterio de Colón. A Xunta Directiva e socios depositaron a ofrenda floral como cada ano.

         Repousan no panteón da Barcalesa 180 asociados e familiares que a miudo reciben a visita dos seus , de aquí e de alá. Son os que optaron por quedarse ou non tiveron a sorte de reunirse de novo en Barcala coa súa xente. Alí seguen a ter o recordo e o agarimo dos  familiares e amigos.

        Un paseo por esta necrópole habanera amósanos panteóns e nomes de concellos, comarcas e parroquias de todos os lugares de Galicia. Aproximadamente uns sesenta mausoleos: Sociedade de Ortigueira,Sociedade de Beneficencia, Naturales de Galicia...contribúen coa súa maxestuosidade a darlle relevancia a este cemiterio, o máis fermoso e importante  da Habana que está declarado Monumento Nacional.

         Foi o arquitecto ferrolá Calixto Loira Cardoso o autor do mesmo en 1871 e o nome de Cristóbal Colón débese a que estaba previsto que alí repousaran os restos do descubridor que se atopaban na Catedral da Habana, aínda que logo foron trasladados á catedral de Sevilla en 1898.

Presidente e Vicepresidente da U.B.
         Nun principio decidiuse erguerlle un monumento por suscripción popular, según conta  Xosé Neira Vilas, a proposta do gobernador colonial da Illa o marqués de Pezuela, pero a gran mortandade causada polo cólera naqueles anos derivou a iniciativa cara o cemiterio " xa que no vello non cabía tanto morto".

         Cando algún  barcalés   se achega á Habana e visita aos directivos da Unión Barcalesa, o Panteón no Cemiterio de Colón é  visita obrigada. Os actos máis importantes da Sociedade contan sempre cunha ofrenda  aos asociados desaparecidos e esta homenaxe ás nais, que o é tamén a todas as mulleres emigradas da nosa comarca, ven sendo tradicional na Habana dende hai moitos anos.

lunes, 2 de mayo de 2011

PROTAGONISTAS





        Desta vez non se trata de Luis Tosar ou Javier Bardem, é  nada menos que Anxo Lesta compartindo cartel con Marcos Quintáns .
        Descoñecía esta nova faceta  de Angelito,  así lle chamamos  os que o coñecemos dende hai tempo. A comezos da década dos 90 rematábamos  as xuntanzas que mantíñamos no soto da súa vivenda cunhas deliciosas melodías que interpretaba para nós co seu acordeón vermello. Agora  é alumno da Escola Municipal de Teatro de Negreira e debutou nun papel estelar  con Marcos  e tamén como guionista, cunha obra da súa autoría. Onte, na segunda xornada de estrea  o Auditorio estaba cheo e os aplausos repetíronse insistentemente ó longo de toda a representación. É decir, todo un éxito como o podemos corroborar os máis de catrocentos espectadores que  nos dous días asistimos ó evento .

       Baixo a dirección de Sandra Lesta trinta e oito persoas levan un ano a traballar  nesta escola de teatro que voltou  de novo ó escenario do Auditorio do Centro Sociocultural. O  número de alumnos increméntase  cada ano e  tamén as  dotes interpretativas deste elenco de actores aficionados de todas as idades que ademáis de cultivar a súa afición están a proporcionarnos a posibilidade de disfrutar en Negreira desta noble arte.

        A obra encádrase dentro do programa do II Ciclo de Teatro que o Concello está a levar a cabo ata o 14 deste mes de maio cun total de sete representacións. Noraboa ó Concello por esta iniciativa e por fomentar actividades culturais estables; á directora Sandra Lesta  e sobre todo aos actores e actrices, polo seu bo facer e porque nos fan pasar   momentos tan agradables.

        Ó remate da obra de onte  Tono Pensado, que interpretou de xeito maxistral o papel de crego, manifestaba “ estar baldado”. E non era para menos: os nervos, a concentración que a obra esixía e a responsabilidade de comparecer  de novo ante o seu público ó final pasou factura, pero a satisfacción e o recoñecemento recibido compensouno todo.

        Ánimo e noraboa .

martes, 19 de abril de 2011

GALEGOS

Ruth Matilda Anderson-Feira-Porco no carro-Betanzos 1926


      Hoxe no mostrador da librería había unha morea de libros de Paul Preston. Cando lía a contraportada dun deles, Manola, unha das persoas que  amablemente atende  aos que alí imos, díxome que en España a Historia sempre a tiñan que contar os de fóra. É verdade, que seríamos sen a memoria que nos  trasmiten Malraux, Heminway, Hugh Thomas ou o mesmo Preston, pois simplemente  persoas cun pasado que, salvo excepcións,  nos venden permanentemente os que se aproveitaron del.

      Estes intelectuais e investigadores  pertencen a outras linguas e outras culturas e gracias ao seu traballo podemos reconstruir dun xeito claro o noso historial colectivo.

      A Historia dos galegos é  dura e correosa, difícil de agradar ós  sensibles  padais, por iso os nosos intelectuais nola presentan a miudo envolta en poesía, humor ou mesmo musicada

Foto Ruth Matilda Anderson
      
Ruth Matilda Anderson foi unha desas persoas ás que debemos unha imaxe nidia do noso pasado. Entre 1924 e 1926 viaxou por Galicia facendo fotografías de gran calidade para a Hispanic Society of América de Nueva York, que xunto cunha ampla documentación recollida, conseguiu plasmar unha imaxe moi realista da sociedade galega desa época: O mar e o campo, as vilas e as cidades, os nenos e os adultos…As fotografías desta viaxe expóñense na Sede da Fundación Caixa Galicia, en Santiago, ata a primeira semana de xuño.

   
  A mostra ofrécenos a posibilidade de viaxar a un pasado non tan lonxano e coñecer a vida cotiá das nosas xentes que ollada  dende a  modernidade non nos é tan allea como pensamos.





sábado, 26 de marzo de 2011

PAROUSE A LÚA

Foto: Jesús Manuel Rodríguez Casabiell


NEGREIRA  :  PAZO DO COTÓN

Parouse a Lúa en Negreira para ver.....

martes, 1 de marzo de 2011

NOVA DIRECTIVA DA UNIÓN BARCALESA

                          CENTRO GALEGO DA HABANA ( Foto López Tuñas)


  
           A Unión Barcalesa de La Habana renovou a Xunta Directiva  o pasado 19 de febreiro no Centro Galego da capital cubana.
       A decana das asociacións da nosa comarca segue lozana e vigorosa logo de cumplir os 103 anos de existencia. Como xa é habitual infórmannos da xuntanza do pasado día 15 na que estiveron presentes 120 asociados e baixo a atenta mirada de Castelao, que preside a antiga cafetería do Pazo hoxe convertido en Salón de Xuntas, procedeuse á renovación de parte dos directivos que desempeñarán os seus cargos ata dentro de tres anos.


Presidente: Rolando Pérez Palmero
Xunta Directiva
Vicepresidente: Manuel J. Rodríguez Barreiro     
Tesorera:Mercedes Castellanos Cartaya
Vicetesorero:Julio G. Barreiro Pérez
Secretaria:Concepción Suárez Morilla
Vicesecretaria:Sandra Lllano Bolaños
Vocales:Gerardo Fernández Bonetti
Sonia García Rosario 
Eduardo Mijares Suárez
Mabel Legón Morgado
Exiquio Campo Amigo
Aldo Nilo Pla Martínez 
Janet Pagés Hernández

Asemblea


        


       Rolando Pérez é o Presidente electo dende 1969 e xunto coa súa dona Conchita Suárez, a Secretaria, viñeron sendo o motor da entidade que conta con máis de 300 socios.
        O pasado ano estivo aquí en Negreira  o Vicepresidente Manuel Rodríguez Barreiro, que foi recibido no Concello nun acto no que ademáis do Sr. Alcalde e representantes da Corporación Municipal estiveron presentes o Cónsul de Cuba e representantes da Asociación para a Solidariedade Alén Mar .
        A laboura que no pasado realizou na Comarca de Barcala esta sociedade foi encomiable xa que a ela se debe a construcción das escolas de Aro, Covas, e Seoane. Ademáis doutras moitas aportacións e da formación e axuda que levou a cabo cos emigrantes da nosa comarca en Cuba.
        Como sabemos que siguen habitualmente estas publicacións, enviámoslle unha aperta moi forte para todos.