viernes, 4 de mayo de 2012

PARA MIN A ESCOLA......




   As cores están agochadas na luz pero cando saen expresan emocións e sentimentos, tamén son un xeito de desenvolver a creatividade. Espertan os sentidos e alegran a vida. A profesora do Instituto de Educación Secundaria  Xulián Magariños de Negreira  Dolores Sánchez Leira, que tamén é Xefa do Departamento de Normalización Lingüística, ademáis de ensinar a comunicarse coa linguaxe tamén emprega a técnica das cores e o debuxo para que o alumnado de 1º da ESO manifeste os seus sentimentos.
   Nunha fermosa combinación da escrita e o debuxo reflicten así o que é a Escola para eles. En xeral os que utilizan liñas rectas, barras ou poucas cores son alumnos/as aínda sen evolucionar mentres que os que utilizan todo o espazo, liñas curvas, círculos en policromía son o alumnado máis maduro.
   Sempre hai alumnos que captan o explicado e expresan coas cores o que significa para eles a escola, a opresión que senten ou o pechados que se ven na aula. Outros expresan con liberdade a súa autonomía no proceso de aprendizaxe.


  • PARA MIN O COLEXIO É UN LIBRO ABERTO
    A escola é unha carreira de obstáculos.
  • Na escola acábaseme a batería.
  • Cando estou na clase invádeme a monotonía.
  • A escola encántame porque aprendo moitas cousas.
  • Na escola relaciónome cos demais.
  • É o único sitio onde estou con rapaces da miña idade.
          Hai auténticas xoias!







 






         

          SE A VIDA FOSE UNHA CARREIRA NON HABERÍA CORREDOR QUE CHEGASE Á META








PARA MIN A ESCOLA É UNHA OPORTUNIDADE AO TRABALLO




















PARA MIN A ESCOLA É UN ESGOTAMENTO.




















PARA MIN O RECREO É UNHA BENDICIÓN






















PARA MIN A ESCOLA É COMA UN LIBRO ABERTO.



















A ESCOLA É UN LABERINTO SEN SAÍDA






















          A ESCOLA É UNHA PEZA.......




















PARA MIN A ESCOLA É UNHA LIBERACIÓN















4 comentarios:

  1. curiosas visións. Algunha bastante acertada sobre a realidade " é un laberinto sen saída" pois ó mellor si que o é, pero non nun mal sentido, non?

    ResponderEliminar
  2. Moi bo artigo, Lola é unha gran mestra, compañeira e amiga, eu paso moi ben leendo as túas notas, artigos,....Non te canses.Saúdos

    ResponderEliminar
  3. Parabéns para esa profesora amiga por alentar eses traballos que tantas cousas expresan.

    Igualmente, meus parabéns para o autor do blog por facernos chegar tantos artigos tan interesantes. Uns para desesperezar a nosa conciencia e outros para achegarnos estas novas do traballo dunha grande profesora e mellor persoa.

    Unha aperta con saudade para o Xulián Magariños.

    ResponderEliminar
  4. Sorprendentes os rapaces e as súas miradas!! Mágoa andar sempre metida na Biblioteca, e non ter tempo de andar por eses corredores. Prometo tratar de pasar para poder gozar de tan lindas láminas.

    Noraboa!!! Moitos parabéns a Lola, por descontado, e a ti, Manolo, por compartir con todos nós as marabillosas creacións e opinións do noso alumnado, que son o futuro de Negreira, non o esquezamos!!

    Bicos, Marga

    ResponderEliminar