lunes, 19 de octubre de 2020

CASADOS E SOLTEIROS

As tradicionais festas do Carmen e San Mauro foron abrindo camiño, coa chegada das novas xeracións, ás de S.Juan e San Cristóbal que pouco a pouco fóronse consolidando, por eso a dinámica Xunta Directiva do Negreira F.C. sempre aportou ao acontecemento do verán un partido extraordinario que congregara o meirande número de espectadores.

Ese ano, a comenzos da segunda metade do pasado século XX, tiveron que empregarse a fondo cos socios do Casino e co resto dos veciños para facer participar aos persoeiros máis coñecidos do concello nese partido de futbol entre casados e solteiros que tanta expectación espertou.

OS CASADOS

 

Manolo Capeáns, Benxamín Garrido, José Vidal, ….. , Pepe Espinosa, Manolo Vázquez, Sixto Barbazán, Luciano Rey, Elias Ruso, Manolo Giraut, José Barreiro e Victoriano Calvo. Diante: Pepe Pintos, Pepe Rodríguez, Moncho Cobas e Pepe Garrido.

Médicos, empregados de banca, comerciantes e outros veciños que  só contactaran co futbol a través das retrasmisións de radio que cada domingo as emisoras ofrecián aos ouvintes. Foi por eso que quixeron rodear ao acontecemento dun aire festeiro.

 

A Madriña do Partido Ana Villar cos capitáns dos dous equipos, Pepe Pintos e Palalo.

 

OS SOLTEIROS   


 Victoriano Fernández (Palalo), Pepe Giraut, Feliciano, ….., Luis, Santiago Garrido e diante Felipe da Farmacia, Sixto, Mero da Chancela, Roque Tuñas e Antonio García Abeijón.

Algún deles traballou na construcción do primeiro campo de futbol do concello durante varios meses. Antes era así, o que algo quería algo lle costaba.

O CAMPO DE FULBOL DE CEPELO fora construído coa aportación de traballo voluntario nunha finca proiedade do Pazo do Cotón, coñecida como O Agro do Capelo, de aí ven o nome actual. Este agro, xunto con outras leiras, fora aforado no ano 1759 por Dna Francisca de Paula Mariño de Lobeira a José Vidal e José Luaña, veciños de Logrosa, polas vidas de tres reis ou raíñas de España comezando pola de D. Carlos III e despois polas de outros ou outras que o sucederan e vintecatro anos máis, por unha renda de vintecatro ferrados de centeo, dúas galiñas e outros tantos de cebada, a pagar nos meses de agosto e setembro de cada ano. (1).

Logo voltou aos donos do Pazo que cando foi acondicionado para xogar ao futbol pasou a ser propiedade do Concello de Negreira.


O porteiro dos Casados  abúrrese!

O partido transcurreu con moita emoción para os espectadores que comentaban as habilidades e os esforzos dos máis veteranos para chegar a coller o balón que con dificultade ía de cando en vez á portería contraria. Os aplausos dos familiares e amigos de cada xogador eran continuos. O de menos foi o resultado, o máis importante as anécdotas que logo se contaron sobre as actuacións de cada unha das estrelas dos dous equipos locais. Unha tarde memorable para un agradable día de festa.

Pero despois de todo quen lle sacou máis rentabilidade ao deporte rei foi Anita, a madriña do encontro, que uns anos despois acertou, xunto coa súa irmá, unha quiniela de catorce resultados pola que cobraron case dez millóns de pesestas. (2)

NOTA: Para os divorciados non houbo chance nestre encontro pois daquela o divorcio estaba prohibido.


(1) Documento de aforamento asinado por D. Juan López Fernández, escribano da Súa Maxestade da Xurisdición de Barcala, Lañas e Nantón.

 (2) La Voz de Galicia -15-04-86

 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario