martes, 26 de diciembre de 2017

LAS ABUELAS DEL MANDILÓN DE CUADROS



                                                Joseba Muruzabal

Estaba leyendo en la prensa que acaban de aprobar un complemento extra para las personas que reciben una pensión no contributiva, que percibirán de forma automática antes del diez de enero, por eso me he recordado otra vez de ti y de los que habéis contribuido a dignificar las condiciones de vida de los ciudadanos de este país, especialmente para las clases más desfavorecidas.

Hace años me explicaba mi padre que él había pagado tres carreras, la mía, la de mi hermano y su enfermedad, que había sido la más cara de todas, pues cada vez que acudía a la consulta de un afamado cardiólogo de Santiago de Compostela, tenía que pagar quince mil pesetas, bastante más que el salario medio mensual de la mayoría de los trabajadores de aquella época. También el farmacéutico le comentaba que con media docena de clientes como él tendría suficiente para mantener su establecimiento sanitario. Eso, afortunadamente, ya forma parte de la Historia.

El tiempo pasa y solamente quedan en Galicia cuarenta mil pensionistas de aquellos que no habían podido cotizar y en España cerca de cuatrocientos cincuenta y cinco mil, pero gracias a la implantación de este sistema se ha podido dignificar, a lo largo de los años, la vida  de tanta gente modesta con un pasado cargado de trabajos y sacrificios.

Me produce lástima observar como algunos nietos de esas abuelas del mandilón de cuadros que gracias a vuestras políticas han podido acceder a unos estudios y profesiones vedadas a su clase social porque eran privilegio de las familias acomodadas y que comen de los manteles de aquellos que llamaban despilfarro a las políticas sociales que implantasteis, se envuelven en sus fábulas para denigrar todo un proceso democrático y de progreso social que para sí quisieran muchos otros territorios y países.


Hace unos meses, viajando comodamente en el AVE por la Meseta también me acordaba de vosotros y me reía de los que hace veinticinco años, cuando se inauguró, le llamaban “El Averías” y las campañas de desprestigio que organizaron por este moderno sistema de transporte que si San Cristóbal no lo remedia aún tardará bastantes años en llegar a Galicia. Bueno, en la provincia de Zamora ya están las traviesas esperando su colocación debajo de las catenarias, que algo es algo.

Por eso al leer la información periodística sobre las pensiones, me he sentido de nuevo orgulloso de pertenecer a esa generación que ha arrimado el hombro para contribuir, dentro de sus posibilidades, a mejorar las condiciones de vida de los ciudadanos de un país que, durante siglos, había viajado en el vagón de cola de Europa.




martes, 19 de diciembre de 2017

NO ENTORNO


J.M. López ARDEIRO



Agrándase esa levitante presencia da nada
na agonía mesta dos espacios mortos....
E observas, ve-lo máxico silencio da ruína
e recórda-la voz triste do poeta:

... tal vez o nome do ensoño que te inunda
é abatemento?

Poida que non exista a dor do olvido.
E quizais fique unha néboa de nostalxia
saudosa e subxugante.

Derrumbaranse as madeiras e os obxectos:
alea iacta est.
Pero permaneceran as esencias perdurables
que nos levan
a esa amada sensación de soedade.

Lémbrate sempre: o ánimo das cousas
xamais, nunca xamais, perece,
pois tan só se transforma.

E esa luz que emana cálida
da beleza subtil do debuxo,
é a anunciación do nacemento desta folla.


Xosé- Manuel López ARDEIRO
UN XARDÍN NO TEMPO



sábado, 9 de diciembre de 2017

NA BANDA GALEGA





                              Castelo de Santa Olalla                Foto. J. Luis Vázquez


Entrando en Andalucía pola Vía de la Plata sorprende atoparse cun típico pobo de casas brancas estendido pola ladeira dun cerro buscando protección na espectacular fortaleza medieval franqueada por dez torres que dende o alto domina toda a contorna. Faise inevitable deixar a autoestrada, achegarse a este conxunto histórico e adentrase nalgunhas rúas de casas brasonadas que fan referencia ao seu pasado señorial.

O topónimo galego de Santa Olalla chama a nosa atención eiquí en pleno Parque Natural da Serra de Aracena e Picos de Aroche. Na época romana este núcleo chamábase Ponciana e a tradición considéraa o berce da súa patrona, Santa Eulalia de Mérida, a moza que no século III partiu cara a capital da Lusitania onde sufriu martirio. Hoxe os olallense réndenlle culto nunha pequena capela que está situada nas aforas da localidade.


A BANDA GALEGA

O rei de Castela Fernando III O Santo ocupou estes territorios que pertencían ao antiguo reino de Sevilla no ano 1248 pero atopouse cos desexos espansionistas do reino de Portugal colisionando os dous exércitos en distintos enfrontamentos, ata que no Tratado de Badaxoz (1267) e o de Alcañices(1297) pasaron a depender de Sevilla.
Os enfrontamentos continuaron e para frealos Sancho IV el Bravo concedeu o privilexio, a varios pobos da Serra, para a construcción de fortalezas que frearan os ataques dos portugueses: Santa Olalla, Fregenal de la Sierra e a reconstrucción da de Aroche, comunicadas visualmente mediante antorchas e creouse unha zona chamada La Banda Gallega defendida por soldados procedentes do Norte na súa maioría de Galicia.



Cruceiro de Santa Olalla


Os galegos e os seus descendentes deixaron diversas pegadas nesa bisbarra. Á beira da igrexa da Asunción un cruceiro gótico recorda, segundo a placa alí colocada, aos numerosos peregrinos que de camiño a Santiago de Compostela pasaban por esta localidade.
O Entroido tamén  é unha das festas populares de Santa Olalla del Cala, o nome da localidade na actualidade, en clara referencia ó río, afluente do Huelva, que percorre estas terras. O sábado de Carnaval numerosas carrozas e comparsas percorren as suas rúas nesta tradicional celebración que remata co “Entierro del hueso del jamón” similar ao noso Enterro da Sardiña. O xamón é un dos produtos tipicos de Santa Olalla, como son tamén os bolos de rinchóns.

O mesmo que noutras localidades de Andalucía destaca o mimo con que coidan e tratan os núcleos urbanos tradicionais e a importancia que lle conceden ao pasado que lles da sentido. Santa Olalla conta con outros monumentos relacionados coa súa historia, sobremaneira da Guerra da Independencia na que desempeñou un papel importante na defensa contra as tropas francesas.

Aínda quedan moitos quilómetros por percorrer e hai que retomar a viaxe, pero queda a satisfacción de ter gozado desta fermosa localidade andaluza que, cando un a deixa, non pode evitar mirar atrás con admiración e a esperanza de ter outra ocasión para voltar.




jueves, 9 de noviembre de 2017

A CARREIRA POPULAR DE NEGREIRA




I CARREIRA POPULAR DE NEGREIRA  8-12-78 ( Foto Cristóbal Ramírez)


O domingo día 12 celebrarase  a  XXXVIII Edición da Carreira Popular de Negreira, nada menos que  38 anos de promoción do deporte na rúa. Desde 1978 ata hoxe, a participación cidadá e o traballo  de numerosos veciños xunto co Concello, conseguiron manter esta proba no máis alto nivel das que se celebran en Galicia.

 O 1978 foi un ano especialmente efervescente en España onde as forzas políticas tentaban de chegar a acordos para sacar adiante a Constitución democrática, pero tamén en Negreira, onde a Asociación de Veciños “Tambre” aparcaba por un intre a loita contra o Plan Xeral de Ordenación Urbana, que o Concello impulsaba, para facer sair á rúa ao maior número de veciños na que sería a I Carreira Popular, chamada polos organizadores Maratón .

A oficina do Servicio de Extensión Agraria foi o lugar onde unha parte da Xunta Directiva trataba de convencer á outra de que non podería ser un fracaso procurar que os nicrarienses participaran nesta actividade lúdico deportiva. Cos ánimos de Juan José Cruz, que de vivir se alegraría deste  aniversario, lanzouse a consigna: Os que non estén involucrados directamente na organización, a correr e a dar exemplo! A data o 8 de Nadal. 
Neses días en Negreira, segundo os xornais da época, xa non se falaba doutra cousa, agás do Referendum, claro está.

Polo Camiño Vello

O temporal de vento e choiva dese venres de decembro non impediu que uns 200 corredores e corredoras coas máis dispares indumentarias, dende o impermeable, botas e o paraguas de María Rosa Silva, ata a "bufanda" e a roupa e gorro de durmir de Santi, o profesor do Colexio Rural, percorreran as rúas da Vila detrás do coche do megáfono que pedía paso a tan entrañable comitiva.

En Negreira, ese día venceuse á climatoloxía e a entrega de trofeos no patio do Colexio Público rematou cun lunch na Sala de Festas Gran Vía no que a organización agasallou aos sufridos participantes, na maioría veciños.

Logo, o Concello de Negreira fíxose cargo da organización e hoxe é unha das máis importantes de Galicia. Foron moitos os veciños e veciñas que seguiron colaborando neste evento deportivo. Todo foi tirar cara adiante e a satisfacción de que as pequenas iniciativas e o esforzo conxunto dun pobo pode chegar ás metas que se propoña.

Agradecemento aos que ao longo dos anos aportaron o seu esforzo para lograr que este importante acontecemento deportivo chegara a acadar o nivel que hoxe ten  e tamén moitos parabéns, porque foron facendo camiño.

                                              

  
                                       I    MARATÓN POPULAR DE NEGREIRA             


Lugar: Circuito urbano de Negreira
Tiempo: Lluvioso
Organiza: A.de Vecinos Tambre, A.C.Afonso Eans, S.D. Negreira.
Control: Colegio de Jueces de Santiago y organizaciones.
Fecha:8 de diciembre de 1978
Recorrido aproximado: 3.800 metros

RESULTADOS TÉCNICOS

1º   - José Luis Otero Cepeda-Z
2º   -Javier Fernández Feijoo-Z
3º   -Juan Gallego Extremera-Z
4º   -Juan Pérez Avilés-T
5º   -Manuel Fontelos-Q
6º   -Manuel Couselo-Q
7    -Gerardo Agrafojo-S                                     
8º   -Celestino Riveiro- P
9º   -Andrés Domínguez-R
10º - Ramón Antón-P
11º -Javier Riveiro-Q
12º -Manuel Castiñeiras Del-R
13º -Augusto Salanema-R
14º-Manuel Pedrosa-R
15º -Leandro Suárez-Q
16º -Felix Patiño-R
17º -J.Manuel Rodríguez-T
18º -Juan Freire-R
19º -Manuel Curros Novo-R
20º -Miguel Cisneros-N
21º -Manuel Estévez- R
22º -Genaro Reinoso-P
23º -José Busto Suárez-R
24º -Manuel Liñares-P
25º -Ricardo Ruso- Q
26º -Xesús Gago-Q
27º -Urbano Migueles Otero-O                
28º -José Manuel Árdións-N
29º -Álvaro Barreiro-P
30º -Camilo Becerío-Q
31º -José A.Cisneros-O
32º -Fernando Barreiro-O
33º -Xesús Redondo-Q
34º -Josefa Cajuso-E
35º -María Barbazán-E
36º -Manuel Cancela-T
37º -José Castro-T
38º -José A.Méndez-O
39º -José A.Rial-S
40º -Antonio Negreira-T
41º -José Manuel Tuñas- P
42º -Fernando Fernández -R
43º -José Gómez-U
44º-Enrique Pérez-R
45º -Luis Méndez- P
46 º-Francisco Vilas-P
47º -Juan A.Ramírez-P
48º -Santiago Carballido-S                                                        
49º -Rosario Pérez- E
50º -Mª Elisa Riveiro-D
51º -Mª Sol Cisneros-D
52º -Vicente Vilacoba-Q
53º -Manuel Quintáns-R
54º -Francisco Suárez-P 
55º -Benedicto González-O                                                    
56º -Alberto Antón-N
57º -Cándido García-U
58º -Ramón Barbazán-P
59º -José Pérez Rioboo-R
60º -José Bouzas-Q
61º -Carlos Paz-R
62º -Conchita Rodríguez-D
63º -Manuel Esparís-R
64º -José Giraut-R
65º -Pío Barreiro-P
66º -José M.Pazos-P
67º -Camilo Casas-R
68º -Juan Leis-O
69º -Francisco Lens-Q
70º -Alfonso Ferrando- P
71º -Emilio Lira-S
72º -Digna García-D
73º -Obdulia Riveiro-D
74º -José M.Rodriguez Marcuño-N                                             
75º -Mª Dolores Marcuño B.-H
76º -Ramón Negreira-O
77º -Antonio Pintos-S
78º -Ricardo Fernández-P
79º -Manuel Negreira-O
80º -Yolanda Caamaño-D
81º -Alberto Capeáns-O
82º -Perfecto Campos-O
83º -Enrique R.Pose-Q
84º -Mª Dolores Seijo-H
85º -Carmen Pérez Rioboo-G
86º -Luis Castiñeiras- P
87º -Castiñeiras Seijo-M
88º -Oscar Suárez-N
89º -Carmen Antelo-E 
90º -Mary Lens-G
91º -Mª Carmen Cives-F                                               
92º -Isabel Giraut-E
93º -Antonio Negreira- O
94º -Joaquín Buergo del Río-T                            
95º -Ana Ruso-F
96º -Dolores Barbazán-F
97º -Carmen Gómez-G
98º -Amancio Liñares-Q
99º -José A.Romarís-N
100º-Juan José Cruz Martínez-U
101º-Pilar Ferreiro-C
102º-Secundino Capeáns-Ñ
103º-Pedro Luaña-N
104º-Mario Fernández-Ñ
105º-Mónica Rdríguez Marcuño-A
106º- Mónica Magariños- D
107º- Susana Magariños - D
108º-MªJesús Bouzas - D
109º-Susana Luaña-E
110º-José Castro Fraga-N
111º-Eva Rodríguez Marcuño-A
112º-Javier Rodríguez-O
113º-Ana Leis-C
114º-Celestino Suárez R.-O
115º-Ana Cobas-D
116º-Mª Cruz Gil-C
117º-Ana Mª Antelo-D
118º-Luz María Picos-G
119º-Mª Dolores Ferreiro-C
120º-Mª Teresa Gil-D
121º-Ángeles Mariños-D
122º-Carmen González-H
123º-Rosy Silva Caamaño- H
124º-Blanca Fernández- G
125º-Mª Mar Cruz Álvarez-A
126º-Mita Álvarez de Ron-I
127º- Ramón Gil Rodríguez- N  



                 CLAVE
    Z- Tres primeros puestos 


Mujeres       Edad       Hombres

     A              de 7            M
     B             7 y 8            N
     C             9 y 10          Ñ
     D            11-13           O
     E            14-15            P
     F            17-19            Q
     G            20-25            R
     H            26-30            S
     I             31-35            T
                   36-45            U


                                      Negreira, 8 de diciembre de 1978

                                                     El Delegado
                                           Fdo. Jesús Alonso Braña




A Carreira Popular de Negreira, unha das máis importantes de Galicia






sábado, 4 de noviembre de 2017

BENDITO MES


                              Polo San Martiño hai que abillar o viño!
                                             (Foto López Tuñas)

Novembro era o mes noveno no calendario  romano, velaquí a orixe do seu nome, daquela o ano principiaba en marzo. Foi no 46 a. C. cando Xulio César promulgou, por razóns administrativas, a reforma que trasladaba o Ano Novo ao 1 de xaneiro pasando a ser sustancialmente o mesmo calendario que utilizamos na actualidade, con meses de trinta e trinta e un días e un ano bisiesto cada catro.

O tempo pasa, os días sucédense ás noites e as estacións unhas a outras coas súas características, as prantas xerminan e medran e diante dunha explicación científica, os romanos consideraban todos os procesos sobrenaturais e crían que os diferentes deuses eran os encargados da función particular de cada actividade. A saúde, a guerra, as colleitas ou o comercio e ata a felicidade das persoas dependían da divinidade e incluso os lugares máis agradables: os bosques ou as fontes, considerábanse tamén a súa morada. Cada un tiña libertade para crer no que quixera porque a súa relixión era tolerante e non tiña dogmas, o fundamental era a búsqueda da intervención divina para dar satisfacción ás necesidades de cada quen. Para asegurar o seu culto foron situadas nos distintos meses do calendario.

Novembro era un mes insignificante pois só tiña a festa de Xúpiter nos Idus, os días 13 e 15 de cada mes que correspondían á lúa chea. (1)


POLO SAN MARTIÑO.....

Coa instauración do Cristianismo, aínda que é unha relixión monoteista, antes do desenvolvemento científico os santos pasaron a ter a mesma función que os deuses romanos, foron situados no calendario e fóiselles atribuindo a cada un a súa labor e o seu día. En Galicia tamén se lle chama a este mes o San Martiño.
Nas comunidades agrarias as actividades máis importantes eran de especial significado e motivo de celebración. En novembro tiña lugar a matanza do porco que era o xeito de garantir o aprovisonamento de carne para todo o ano. Un ritual no que participaba toda a familia, distribuíase a “proba”entre os veciños máis achegados e invitábase aos familiares a participar no xantar dos rinchóns. Así foi pasando ao ideario popular co refrán: Polo S. Martiño hai que matar o porquiño.

A Matanza en Barcala

Tamén era o intre do ano no que os labregos que tiñan as súas terras aforadas debían desprazarse aos pazos para pagar polo arrendamento  das mesmas, millo,centeo, animais e todo aquelo que se recollía nos documentos de aforamento que tiveron vixencia ata o primeiro tercio do século XX cando puderon  ter dereito a mercalas.

Nos lugares onde se cultiva a vide hai que abillar o viño. Saído dos pipotes ten lugar a cata e degustación dos primeiros grolos froito da fermentación das uvas. E os máis pequenos, que ían mudando os seus xogos segundo as estacións do ano, xa non podían andar polas silveiras ou os carballos aos niños dos paxaros, nin correr detrás do aro. Era o intre de mudar de actividade, botar man dos trompos e as charretas e sacalos aos camiños.

Un cambio sustancial na vida cotiá e cunha repercusión para o resto do ano por eso se dicía: Bendito mes, que empeza con Todos os Santos e remata con S. Andrés!



BIBLIOGRAFÍA:

(1)- Los romanos y sus dioses- Roberto M. Ogilvie. Alianza Editorial- 1995







lunes, 23 de octubre de 2017

A FOTO QUE NUNCA FIXEN





                                                                         Kandinsky


Por primeira vez tiven que inventar unha desculpa por chegar tarde, algo que non me gustaba pois prefería entrar dos primeiros para escoller un lugar no longo pupitre, ir sacando os libros e repasar un pouco á espera de que a profesora Carmiña me fora preguntando o tema de cada asignatura, pero aquel día foi diferente.

Era ese tempo de inverno cando as mañás quedaban cubertas de xeada, os prados parecían sabas brancas e ao andar as botas ían rompendo os cristais de xeo que cubrían as pozas dos camiños. Por iso levaba a bufanda ao redor do colo e luvas de lá, para que non enfriase a man da que colgaba a carteira chea de libros e cadernos. Gustaba de mirar o bafo que saía da boca ao respirar e pensaba que aquel día aínda era moito máis frio que o anterior.

O camiño íase estreitando e de súpeto un lóstrego de cores xurdeu ao mirar cara a horta do Patrón. Centos de xílgaros pousados sobre as prantas da beira do camiño, unha nube de cores pintaban a xeada de bermello, amarelo, branco e negro, alí quedos. Foi como unha sensación que entraba polo corpo, subía polo peito e saía polos sentidos. Xamais vira algo igual naquel mundo no que todo era unha escala de grises onde os obxectos e as vivencias oscilaban do branco ao negro.Unha sensación inesquecible.

No podo agora dicir canto tempo pasou, só recordo que a señora que viña co pano á cabeza e as calderetas de leite nas mans, parou un tempo e dixo: Que cousa, na miña vida...!
Foi un tempo dabondo para que a imaxe me quedara grabada para sempre na memoria.

Ao día seguinte madruguei un pouco máis do acustumado para ver se podía gozar outra vez daquel enxamio de cores que os paxariños me tiñan agasallado, pero foi inútil, por máis que agardei ese día os xílgaros non voltaron, nin no seguinte, nin no outro. E ficou na memoria aquela sensación cromática, como se dunha fotografía se tratara.

Daquela non se dispoñía de teléfono móbil nin dunha cámara no peto que permitira fixar as imaxes coas que un se atopa cada día e que merecen ser lembradas, as fotos eran cousa de determinadas cerimonias ou acontecementos importantes da vida das persoas, sempre en branco e negro. A vida era así, unha gama que oscilaba entre esas dúas cores. Branca ou negra era a roupa, as películas do cine ou os libros e as imaxes, tamén a ledicia ou o loito e no medio unha escala de grises de distintas tonalidades. Só a natureza nos agasallaba dende a chegada da primavera sementando cores polos campos ou coa visita da numerosa bandada de xílgaros que viña alegrar aquela rutinaria e fría mañá de inverno.

Cando vexo algún cadro de Kandisky a imaxe volta a reproducirse e sinto non poder conservar impresa unha das máis extraordinarias sensacións da miña infancia.







lunes, 9 de octubre de 2017

NO RÍO DA CHANCELA


                                                           (Foto: Manuel López López)

O lavadoiro do río da Chancela foi unha das obras públicas mais importantes feitas polo Concello na primeira metade do século XX. Co  tellado a catro augas erguíase na marxe dereita ao lado da ponte e todos os días as mulleres da parte alta de Negreira e de Logrosa chegaban coas bañeiras de latón á cabeza cargadas de roupa. Aos dous lados do pilón fregábana contra a pedra, enxabonábana e se era branca tendíana ao sol, no campo ás beiras da estrada de Santiago, como inmensas bandeiras que logo clarexaban de novo e levaban relucentes.

Só nas casas podentes tiñan nas hortas un lavadoiro propio, pilóns que facilitaban o traballo co corpo ergueito, a xente máis modesta acudía ás beiras dos ríos e regueiros onde dispoñían as lousas de pedras inclinadas para, de xeonllos, proceder ao lavado das prendas, como na ponte dos Castros ou no regueiro de Portobois.

Os lavadoiros públicos eran unha importante fonte de información, alí contábanse as novas que acontecían no pobo: casamentos, festas, defuncións, ou calquera noticia de interese que logo se espallaba nas familias. As linguas afiadas tamén aproveitaban ese labor doméstico para destripar ao veciño que estivera no seu ponto de mira, facéndose popular a expresión “ Hai roupa ao sol!” para avisar da presenza de algunha persoa que non conviña que ouvise os improperios que ese día se lanzaban. No Enterro da Sardiña do Entroido do ano 1958 o oficiante introducira a letanía Das malas linguas do río da Chancela... ó que contestaba o coro: Liberanus Dómine!

Fullonica de Stephanus-Pompeia

Na época romana o lavado nas cidades facíase nas Fullonicas, atendidas por escravos que introducían a roupa nos pilóns para mesturala con ouriños humanos pois o ácido que contén ese excremento axudaba a quitar as manchas. Nas portas destas lavandeirías dispoñíase un cacharro de barro para recoller o detritus. O emperador Vespasiano mandou construír letrinas para que os propietarios levaran o ouriño, que estaba gravado con un tributo, encarecéndose bastante o servizo que prestaban. Na cidade de Pompeia lévanse localizado once establecementos deste tipo, sendo o máis famoso o de Stéphanus un rico propietario da cidade.

Durante a Idade Media os hábitos hixiénicos chegaron a desaparecer, salvo en Al Ándalus que formaban parte da práctica relixiosa, dando lugar á propagación de enfermidades e epidemias, pero coa modernidade volvéronse a implantar de novo.

Na desembocadura deste mesmo río, na década dos sesenta do século pasado, construiuse outro lavadoiro público debaixo do que foi Matadoiro Municipal, para o uso das vivendas da parte baixa da vila e algunhas parroquias tamén foron dotadas deste servizo. Sería interesante que os que aínda existen, fosen rehabilitados pois xunto aos pombais, os hórreos ou os muiños forman parte da arquitectura tradicional que merece ser conservada.







viernes, 22 de septiembre de 2017

A TÍA DOLORES



                                                                                      Carlos Maside
  

Daquela, cando os pobres andaban a pedir polas portas, unha mañá apareceu  nas rúas cun saqueto de tea. Ía vestida con moitas saias, unhas encima doutras, e unha chaqueta de home na que penduraban a modo de condecoracións unha chea de medallas relixiosas. Todo o mundo se sorprendía porque polo seu porte non semellaba ás outras persoas que andaban á esmola. Comezaba nas casas pola mañá e chegando o mediodía sacaba a cunca de barro do saqueto para que llela encheran de caldo e sentaba fóra, a xantar.

Pouco a pouco foi facéndose familiar a súa presenza e ó sair os rapaces da escola xuntábanse a parolar con ela. De cando en vez, cando algún se propasaba, agarraba o pau ameazándolle: “Rapás que che bato!!”, entre as gargalladas de todos. Ás veces saía correndo detrás do grupo pola Rúa do Carmen ata a Costa de Villar, facendo como que quería mallalos pero todos sabían que era un xogo. Polas noites durmía embaixo dos arcos do Pazo do Cotón e cando o frío apretaba disque nun pallal de Campos. A xente acabou por chamarlle a Tía Dolores e a tratala con familiaridade.

Así foi durante moitos meses ata que un bo día desapareceu. Todos preguntaban por ela e algúnha veciña foi mesmo a pedir no concello que a buscaran pois non era normal unha ausencia tan repentina. Aquelas semanas non houbo outra conversa nas casas pois a xente afixerase  á súa presenza,  mais non se volveu a saber dela.

Ao cabo de tempo a noticia correu como un regueiro de pólvora, o xornal recollía que falecera nun pobo da provincia, paréceme que era Arzúa, e dicía que ao seu enterro asistira o alcalde con moitísimos veciños pois a Tía Dolores tamén era alí unha persoa moi querida por todo o vecindario. Disque había  anos que non se venderan tantos xornais na vila.

Hoxe de mañá espertei cunha canción na radio que ten a letra do poema de Ramón Cabanillas “Pobriña da tola”:

Non teño parentes amores nin chouza.
Aldea en aldea,parroquia en parroquia,
ando polo mundo ¡arredada e soia!
Xanto cando atopo cunha almiña boa
que polos seus mortos bótame de esmola
a cunca do caldo e o anaco de broa.
Durmo nos camiños érgome coa aurora,
lávome nas fontes de crara auga morna,
e as noites que a lúa loce briladora,
como nun suspiro paso as horas mortas
mirando para ela cantándolle copras:

…........

Cando camiñando paso polas hortas
a tempo que a xente turra da espiocha
ou cava patacas ou pranta cebolas
sempre hai un que diga:- A onde vas Rosa?
E eu que non quero andar en parolas
nin que naide naide sepa as miñas cousas,
nin de min se bulre nin veña con cholas ,
sin faltar á crianza mándoo faguer moitas:
-¡Demo de xudío! ¿A ti que che importa?
¿Tes ganas de leria? ¡pois chama por outra!
E, sin máis palique vírome de costas;
mais ben me percato facéndome a xorda,
que queda decindo: ¡Pobriña da tola!

..........

E non é verdade, ¡Abofé que estou corda!
¡Si a xente soupera que vivo na groria!
¡Si dos meus segredos caíran na conta!

.....

Por eso me río cando ¡meigas fora!
A xente do mundo que di que está corda
marmura ó toparme¡Probiña da tola!


Por eso me lembrei da Tía Dolores da que nunca poidemos saber que vivencias se agochaban na súa alma que a levaron a andar polo mundo de porta en porta.





domingo, 17 de septiembre de 2017

ITE MISA EST !....





Non se trata de escribir un post en latín, que podería acabar como o rosario da aurora, o que se rezaba á saída do Sol. Falarlle a moitos mozos de hoxe de rosarios e outras andrómenas pode soar mesmo  a épocas pasadas, algo así como ter que alumearse cuns camping-gas para poder sacar esta fotografía, porque ese foi o caso. Ás veces as situacións extremas levan a despregar as neuronas para buscarlle solucións as cousas. 

Era a primeira experiencia campamentística baixo a iniciativa de Pepe Montes, a viaxe con tendas de campaña á praia en Rianxo. A ledicia da chegada e o barullo xuvenil debeu cabrear a Neptuno porque o vento e a choiva atacaron a traición nas primeiras horas da noite levando todo polo aire o que obrigou a recoller os bártulos con presa baixo unha tremenda chuvieira, buscando refuxio na fermosa localidade barbanzana onde fomos acollidos con agarimo.

Alí comprobamos a solidariedade dos veciños, prestándonos roupa interior e exterior xa que a nosa estaba inutilizable. A sacristía da igrexa parroquial foi o noso acubillo durante unha semana mentras un sol agarimoso que lucía de novo foi mudando en vapor toda a auga que empapaba as nosas pertenzas. Unha experiencia inesqueciblede da que recordo tamén a visita do mocerío para comprobar o estado daqueles rapaces que estiveran a piques de afogar e a convivencia coas imaxes dos santos, que alí agardaban o día da festa para lucirse nos altares.

Daquelo quedou este retrato do primeiro campamento. Entre os ciriais que portan Toñito de Saturno e Juan Turnes, Moncho Barbazán coa estola e a casulla, e arredor o resto dos “filigreses”: pola dereita Suso García, José Manuel, Manolo López, José Ramón López e Carlos Rodríguez.

Logo, nos veráns que chegaron despois, todo foi a mellor, as estacións estivais volvéronse máis respetuosas co mocerío de terra adentro que se achegaba ao mar para unhas semanas de leda convivencia.

Hai algún tempo que se veñen xuntando anualmente medio cento de persoas que participaron durante varios anos nos Campamentos Comarcais do Val de Barcala, monitores e monitoras que todos os veráns levaron a máis dun milleiro de rapaces e rapazas polas praias das Rías de Galicia para desenvolver programas de convivencia que axudaron a formar cidadáns. Para o seu arquivo, este modesto documento gráfico daquel primeiro intento campamentístico que naufragou nas praias de Rianxo.





jueves, 7 de septiembre de 2017

A FILLA DE LINARES RIVAS

                                                           Foto: J.M.L.T.




Aquela tarde de primavera do ano 1894 as escasas rúas de O Cotón quedaron estreitas para acoller á multitude de veciños e forasteiros que acudiron a despedir a Sofía, a moza de vinte anos que finara despois dunha longa enfermidade producida pola tuberculosis, a praga infecciosa que dende séculos, viña causando unha gran mortalidade na poboación sen reparar na idade nin condición social, pois no 1885 tamén o rei Alfonso XII morría pola mesma causa aos 28 anos. Só os queixumes das campás da igrexa parroquial rachaban dende o alto o silenzo do pobo. O alcalde de Negreira, Francisco Calviño Nalla, xunto coa corporación municipal, acudía ao domicilio familiar na rúa do Carme para acompañar á familia.

Sofía Linares Astray era filla de Aureliano Linares Rivas e neta do avogado santiagués José Astray Caneda. A súa chegada a Negreira produciuse logo do casamento con Tomás Rodríguez Garzón que se instalara na Vila para exercer como letrado no Xulgado de Primeira Instancia. Os xornais da época xa recolleran a nova dous anos antes. De sociedad: El domingo se verificó en Santiago el enlace de la bella señorita Sofía Linares Astray con el joven y culto abogado señor Garzón. Fue padrino de la boda D. Manuel Linares Astray, diputado por Órdenes y en su representación D. Eulogio Terrazo, Secretario de la Junta Provincial de Beneficencia y madrina la madre de la novia que estaba elegantísima.(1)



A chegada á pequena vila duns 200 habitantes foi sen dúbida un cambio na vida social de Sofía animada polas escasas reunións de sociedade e polas cartas da familia que lle informaban dos acontecementos políticos e culturais mais recentes. Tamén pola visitas da súa nai, Adela, moito máis frecuentes dende que se agravara a enfermidade que a volvía máis pálida e melancólica. Ás veces chegaban noticias ledas, como a exitosa estrea en Madrid das primeiras obras de teatro do seu irmán Manuel: El camino de la Gloria e La ciencia de los hombres, destacadas pola prensa da capital polo seu gran éxito de público, iniciaban a súa traxectoria literaria con 46 obras de teatro e catro novelas.

A vida tranquila só se vía alterada os primerios e terceiros domingos de cada mes pola cantidade de xente que acudía ás feiras e transformaban, ocasionalmente, o relaxado ambiente vilego. Pero nin os coidados do seu médico e amigo persoal, D.Victor García Ferreiro, profesor na Facultade de Medicina de Santiago de Compostela, nin dos seus familiares impediron a mala nova: Después de penosa y cruel enfermedad, dejó de existir en la Villa de Negreira la joven y virtuosa señorita doña Sofía Linares Astray, de Rodríguez Garzón, hija del exministro de la Corona, Don Aureliano Linares Rivas. Los esfuerzos de la ciencia y los esmerados cuidados de su amante esposo y desventurada madre, Doña Adela Astray-Caneda fueron estériles para arrebatar a la muerte persona tan querida (2). Sófía finou no seu domicilio da Rúa do Carmen o día 27 de marzo de 1894 ás oito da mañán. (3)

O AVÓ JOSÉ

O escritor e xornalista Fernando Salgado recolle no seu libro Los surcos y la simiente que o avogado José Astray-Caneda Calvelo, propietario de extenso patrimonio e perceptor de rentas en Negreira era un dos máis ricos de Santiago de Compostela a mediados do século XIX. Militaba nas filas do progesismo liberal e foi nomeado alcalde de Santiago en xuño de 1835 pola raíña rexente María Cristina. Casou coa aristócrata asturiana María Álvarez Builla e era coñecido como “O avogado dos pobres”. En xullo de 1864 participou no Congreso Agrícola Gallego, xunto co que logo sería o seu xenro Linares Rivas, en contra da suspensión do sistema foral, propoñendo retoques para modificar os sucesivos subforos que sometían económicamente ao campesiñado galego, pero considerando inoportuno suprimilo, como importante perceptor que era. O seu pai foi durante 42 anos secretario da corporación compostelana.




LINARES RIVAS


A Coruña a Linares Rivas


Aureliano Linares Rivas, pai de Sofía, era natural tamén de Santiago de Compostela, Ministro de Xustiza durante o reinado de Alfonso XII e de Fomento durante a rexencia de María Cristina de Habsburgo. Licenciado en Dereito e deputado pola Coruña en 1872 e en 1876 ata 1898. Senador por “dereito propio”. Os outros fillos Manuel e Emilio foron tamén avogados. Foi un dos políticos de máis sona na provincia da Coruña, cidade  na que se lle erexiron varios monumentos.

Sofía Linares Astray recibiu sepultura no panteón da familia Astray-Caneda que aínda se conserva no cemiterio parroquial de San Julián de Negreira, deixando unha filla de curta idade, María de las Dolores Rodríguez Linares, e en ningunha das biografías do seu pai aparece citada xunto cos seus irmáns Manuel e Emilio, ben pola súa morte prematura, por ser muller ou por calquera outro motivo que se coñeza.





1-2. La Voz de Galicia 20-7-1892 e 3-4-1894
3. Rexistro Civil de Negreira 27-3-1894




lunes, 21 de agosto de 2017

HE ANDADO MUCHOS CAMINOS



Antonio Machado
POETA UNIVERSAL

Hace ya ventiocho años que la Organización de las Naciones Unidas para la Educación, la Ciencia y la Cultura ( UNESCO) ha declarado Poeta Universal al escritor D. Antonio Machado, porque su vida y obra siempre estuvieron consagradas a los ideales de libertad, la democracia y la ilustración que caracterizaron toda una época y su legado literario continúa siendo una fuente de inspiración para las nuevas generaciones.

Machado jamás separó su conciencia de escritor de la de ciudadano y sus obras son de sobra conocidas. A menudo las creaciones de los poetas se pierden en el recuerdo y sus nombres, para muchos, acaban formando parte del santoral del Parnaso transformándose sólo en personajes ilustres objeto de idolatría. De ahí que sorprenda la reciente polémica suscitada al parecer por un informe emitido por non se sabe quién.

El exdirector de la UNESCO, Federico Mayor Zaragoza, con motivo del 76 aniversario del fallecimiento del poeta en Colliure ( Francia) decía que “ Machado es un referente mundial que, en un momento de gran confusión conceptual como el que está viviendo actualmente la sociedad española y el mundo es también una esperanza para ofrecérselo a los jóvenes para su comportamiento cotidiano”.

En uno de sus conocidos poemas escribía que se hace camino al andar y él lo sabía bien porque anduvo muchos caminos.






HE ANDADO MUCHOS CAMINOS

He andado muchos caminos,
he abierto muchas veredas;
he navegado en cien mares
y he atracado en cien riberas.

En todas partes he visto
caravanas de tristeza,
soberbios y melancólicos
borrachos de sombra negra,
y pedantones al paño
que miran, callan y piensan
que saben, porque no beben
el vino de las tabernas.
Mala gente que camina
y va apestando la tierra....

Y en todas partes he visto
gentes que danzan o juegan,
cuando pueden, y laboran
sus cuatro palmos de tierra...

Nunca, si llegan a un sitio,
preguntan a donde llegan.
Cuando caminan, cabalgan
a lomos de mula vieja,
y no conocen la prisa
ni aun en los días de fiesta.
Donde hay vino, beben vino;
donde no hay vino, agua fresca.

Son buenas gentes que viven,
laboran, pasan y sueñan,
y en un día como tantos
descansan bajo la tierra.


D.Antonio Machado
POETA UNIVERSAL





miércoles, 16 de agosto de 2017

A DORNA






Martiño baixa todas as mañás á rampa do peirao para seguir pintando a súa dorna, de vermello e negro como as dos compañeiros. Amodiño e con precisión vaina coloreando tentando que quede como nova. Tapando os embates do mar que ás veces, polo inverno, bate con forza nuns recantos que no verán manteñen unha prácida calma.

Agora, dime entre as pinceladas, imos ao polbo e as lulas, pero cando meu pai era novo estas tradicionais embarcacións eran como os coches que os levaban dun lado ao outro da Ría de Arousa, ao banco ou a mercar o que se necesitara na casa. Por iso lle temos tanto agarimo malia esoutras modernas de fibra, esas que fiquen aí no pantalán para os que as queiran. É verdade que ademáis dos remos tamén as temos equipadas cos forabordas, faltaría máis, pero no verán coa vela depregada é coma unha gueivota cos ás estendidas deixándose mecer polo vento.

E importante promover o uso destas embarcacións tradicionais, de feito dedícaselle algún día de festa nun dos meses de verán como lembranza do que foi a base do sustento de moitas xeracións e eso non hai que esquecelo, ¿sabes?.. e logo.... mira que feitiñas son, todo unha obra de artesanía. Mentres saia ao mar sempre hei  manter a miña dorniña.

Tamén no meu pobo houbo unha dorna, aínda que hai anos diso.

Veña home!!! e logo andaban ao polbo polo Tambre , dime rindo a gargalladas...


A dorna do río Tambre

Non, foi cando construíron o embalse Barrié de la Maza, a auga cubriu a Ponte Ínsua e ata que subiron os piares un barqueiro pasaba á xente dun lado a outro do río, lembro cando eu era pequeno que o bar de Ramona, que estaba na beira do río, aínda lle chamaban a Taberna da Dorna.

Arranxaron a ponte e acabouse a dorna, dime rindo.

Primeiro acabouse a dorna e logo remataron a ponte ainda que pareza raro.O feito foi que unha noite en que os músicos da Banda da Luaña viñan de actuar no San Xurxo de Gonte, parece que algún estaba un pouco quente e díxolle ao barqueiro que ese día non ía cobrar pola travesía pois era festivo e si se poñía chulo iría de cabezas ao río. Como intentou dar a volta e lavalos ao punto de partida, foi parar a auga, entre as gargalladas de todos.

A historia complicouse debido a que cada vez que tentaba sair a flote, puxábanlle pola cabeza cara abaixo e volvía ao fondo. Nunha desas veces, o náufrago sacou a navalla do peto da chaqueta e o que saiu foi unha folla cortante que rachou a faciana do chistoso dende a orella ata os beizos.

Claro,o home ao verse afogado defendeuse como pudo... Pois si que acabou ben a broma..aínda que seguro que por ser en defensa propia non lle traería tantas consecuencias..

Ao parecer sí, cando foi o xuízo na Coruña, uns espelidos da vila convencérono de que o tribunal non tiña competencias para xulgalo. Interrumpeu varias veces ao xuíz ata que lle concedeu a palabra : "Señoría, dixo, no considero a este tribunal competente para juzgarme, porque el asunto fue sobre aguas y por lo tanto exijo un tribunal de Marina". Esta intervención complicoulle bastante a sentencia...

Pois agora, dixo Martiño rindo, imos tomar un polbiño á feira no bar da Casa do Pescador que has ver o bo facer das nosas dornas.

E alá fomos.



domingo, 2 de julio de 2017

VAMOS A COMPOSTELA!





                                              Foto: López Tuñas



¿Seica nos vamos a Compostela?
Si, camiñemos que é groria vela;
É nosa Roma monumental,
Alí veremos o corpo inteiro
D´o Santo Apostol, que d´o extranxeiro
veñen as xentes ante il a orar.

O tan lembrado vota-fumeiro
de nave a nave voa lixeiro
¡E canto fume votando vai!
Riba unhas andas, vai a cabeza
D´o noso Santo y en cada peza
Leva unha xoya que moito val;
Andan os cregos cubertos d ouro,
N´unha capilla ten un tesouro
Vaya unha pelra de catedral,
Xan non te volvas sin que lle toques
Ó misterioso Santo dos croques
Que n´a portada d´a Groria hay.

Alí veremos moitos conventos,
Moitas eirexas con cen portentos
¡E cantas torres hay n´a ciudá!
Alí á escola ná qu´aprenderon
Tantos ilustres xenios que deron
Á nosa terra nome inmortal.

                                        VALENTÍN LAMAS CARBAJAL







domingo, 18 de junio de 2017

BANDEIRAS AO VENTO


                                                    Foto: Concello de Negreira

Estes días no balcón principal da Casa do Concello ondean as bandeiras de España, Galicia e Portugal, pola visita dos equipos de futbol das Velhas Guardas de Serzedo e Marinha Grande para xogar co equipo de Veteranos de Negreira. Celébranse os 40 anos de intercambio deportivo e de amizade entre os tres pobos. Para unha gran maioría as bandeiras constitúen un vínculo de unión entre as persoas moito máis que unha diverxencia.

Xa hai catro décadas que o equipo de Veteranos comenzou o intercambio de visitas con Serzedo (Vila Nova de Gaia) e os xogadores e as súas familias conseguiron integrar a moitos outros veciños nesta celebración anual, cunha relación baseada no respecto, a convivencia e a amizade. O 25 de agosto do ano 1990 os concellos de Serzedo e Negreira asinaron na localidade portuguesa o protocolo de Irmanamento, acto que tivo a súa correspondencia no concello nicrariense, ao ano seguinte, unha celegración que contou con diversas actividades oficiais e populares, coa presencia de autoridades e amigos serzedenses. Aquel día tocou a Lotería Nacional en Negreira coincidindo coa da amizade, como se dun agasallo se tratara pois os décimos, despachados nun bar da localidade, estiveron moi espallados entre os veciños. Houbo festa por partida doble.

Logo estes lazos compartíronse tamén coa localidade de Marinha Grande, que pasou a formar parte deste numeroso grupo de irmáns de Galicia e Portugal. O futbol foi a desculpa para este convivio tan gratificante durante catro décadas de convivencia e práctica deportiva, que son un exemplo que debera extenderse entre os ambientes fanatizados e violentos que tanto degradan o mundo do deporte.

A expedición portuguesa foi recibida polas autoridades municipais, exalcaldes e directivos dos veteranos nicrarienses e no acto, celebrado no Auditorio, contou coa participación dos representantes das asambleas municipais dos dous concellos lusos. Un grupo de gaitas interpretou o himno portugués con moita maestría. Logo  tivo lugar o trofeo triangular de fútbol entre os tres equipos, xantar campestre na Area Recreativa de Cobas e máis festa. Tamén o compromiso para o próximo ano, que toca viaxe a Portugal, pois o trofeo altérnase  en ámbolos dous países.

O lema de Amigos para Sempre renóvase cada ano, gracias aos Veteranos, ás Velhas Guardas e as autoridades municipais dos tres concellos que sempre están prestos a estreitar, outra década polo menos, estes lazos de amizade que perduran no tempo; novos xogadores, novos alcaldes pero o irmanamento mantense ao día.

Parabéns!!!