jueves, 28 de abril de 2016

LIQUIDACIÓN POR CIERRE


 
 



Hai uns días cando fun mercar o xornal leveime unha agradable sorpresa, no escaparate da librería estaba unha reedición de El Florido Pensil, fermoso libro de Andrés  Sopeña que reflicte  o que foi a educación primaria na pasada ditadura, nun relato retranqueiro.  En A flor da figueira fago referencia á importancia desta publicación, que tamén foi levada ao teatro e ó cine, para disfrutar da súa agradable lectura.

No meu pobo hai dúas librerías, algo que é de agradecer pois permítenos ter información e acceder as publicacións máis recentes e interesantes segundo o gusto literario de cada quen. O que parecería unha obviedade non o é. Antonte  La Voz de Galicia publicou unha reportaxe da xornalista Marga Mosteiro sobre a crise do sector literario na capital de Galicia.

Santiago de Compostela é unha das cidades máis fermosas de Europa. É un pracer  pasear polas súas rúas, pararse nos escaparates das librerías e gozar das novidades literarias que amosan. Quero decir que amosaban  pois, como ben di a reportaxe, estes días pechará outra librería e xa van dez nos últimos anos.

 

            Licenciados en fotocopias 
 
Pero Santiago de Compostela é tamén a cidade universitaria máis importante de Galicia.  O dono da Librería  Encontros que vai pechar di que  os universitarios non len, nen siquera en formato dixital, que se licencian en fotocopias e que a  transmisión de ideas a través da escrita é cousa do pasado, que o que vale son as zapatillas de marca e outras apariencias. Xa non se trata só da desaparición dun sector do que dependen centos de traballadores, como é o que xera o libro e a súa edición, distribución e venda, tamén  da difusión da cultura e do acceso á formación persoal a través dos distintos xéneros literarios.

Dende que se aplicou ás administracións públicas  o falso concepto de autonomía polo cal cada quen pode facer o que queira, a deixación por parte dos que teñen que controlar a eficiencia e a competencia  dos investimentos públicos, sobre todo cando afectan ao futuro da sociedade, fai  que as cousas non vaian como deberan.

Sería interesante a publicación doutras reportaxes recollendo  a opinión dos representantes do que D. Miguel de Unamuno chamaba El templo de la sabiduría. Se é a volta a unha  aprendizaxe totalmente memorística propia dos tempos de El florido pensil, estamos aviados.

E non se trata de botarse a culpa uns aos outros: A Universidade aos institutos, estes á Primaria, a Primaria  á Infantil e esta aos pais. É asumir cada un as súas propias responsabilidades. E os representates públicos a de todos.

 
Como decía un famoso persoaxe: Si cada un barrera diante da súa porta, París estaría limpo nunha hora.
 
 
 
 
 

martes, 19 de abril de 2016

" PROFUNDANDO "


   O PENSADOR ( Rodin)

Onte atopeime na rúa cun amigo da infancia e para celebrar o acontecemento fomos a unha cafetería para brindar xuntos, despois de tanto tempo, polo reencontro. Falamos do pasado e do presente, das vidas de cada un e dos bos momentos que disfrutamos xuntos cando éramos máis novos. Abrimos os grifos da memoria e rimos a escachar. Tamén dos amigos que xa se foron e os que aínda quedan.

Díxome que é un seguidor deste blog e que a través del le con atención o acontecer do noso pobo e tamén ás veces de Galicia, pois vive fóra. Reprochoume que nos últimos tempos espaciase as publicacións e que debería publicar cousas máis a miudo. Mira, dixen, co que está a acontecer e coa miña mala costume de ler varios xornáis todos os días, vendo o que está a pasar sin que se explique o que sucede, xa non sabes nin de que falar. Da política, dos dramas familiares pola falta de traballo, da xente que durme na rúa; dos centos de milleiros de persoas que fenecen bombardeadas, dos que fuxen e non os deixan nin sobrevivir, condenados á deshumanización dun número nunha lista; dos paraísos, fiscais ou xeriátricos?…, é que te pós a "profundar" e non sabes nin que dicir.

Falamos logo de Luís, un amigo que vive en Madrid, nacido cunha discapacidade no seo dunha familia humilde e que grazas a un gran esforzo e coa axuda das becas, conseguiu de xeito brilante un doctorado universitario. Con mil impedimentos acadou praza na Administración pero vive só e necesita acercarse á casa dos seus pais para que estes non teñan que desprazarse a miudo para axudalo. Contoume que chamou a unha persoa da Administración para informarse da existencia dalgunha praza que lle permitise ese traslado. A conversa foi esclarecedora.


-Vaya hombre, así que tienes una discapacidad y te interesa venir para esta ciudad.
Qué curioso… todos los discapacitados de Galicia queréis volver a esta provincia .. Ja….Ja….!!

-Y todos quieren venirse para esta ciudad…¡¡ Ja..Ja..!! La verdad que no está mal para vivir..¡¡¡ Ja..!!!

-Bueno, hombre, bueno… ¿Y tú qué tipo de discapacidad tienes?

- Luis: Soy invidente.

- ……….¡Ah!......(silencio)

Tamén me comentou que alá está farto de ir pola rúa e que o empurren sen consideración, que incluso o teñen mallado. Que no seu traballo, aínda que non o precise, utiliza o bastón branco para que os compañeiros entendan que fai o seu labor por responsabilidade e profesional eficiencia, non vaia ser que poidan pensar que pretende chimparlle algún ascenso por traballar máis ca eles malia ter unha discapacidade.

Estar cerca da súa familia seríalle de gran axuda.

A verdade, deciamos, si te pós a "profundar" cun pouco de lóxica, as conclusións ás que chegas non son publicables.