martes, 19 de abril de 2016

" PROFUNDANDO "


   O PENSADOR ( Rodin)


Onte atopeime na rúa cun amigo da infancia e para celebrar o acontecemento fomos a unha cafetería para brindar xuntos, despois de tanto tempo, polo reencontro. Falamos do pasado e do presente, das vidas de cada un e dos bos momentos que disfrutamos xuntos cando éramos máis novos. Abrimos os grifos da memoria e rimos a escachar. Tamén dos amigos que xa se foron e os que aínda quedan.

Díxome que é un seguidor deste blog e que a través del le con atención o acontecer do noso pobo e tamén ás veces de Galicia, pois vive fóra. Reprochoume que nos últimos tempos espaciase as publicacións e que debería publicar cousas máis a miudo. Mira, dixen, co que está a acontecer e coa miña mala costume de ler varios xornáis todos os días, vendo o que está a pasar sin que se explique o que sucede, xa non sabes nin de que falar. Da política, dos dramas familiares pola falta de traballo, da xente que durme na rúa; dos centos de milleiros de persoas que fenecen bombardeadas, dos que fuxen e non os deixan nin sobrevivir, condenados á deshumanización dun número nunha lista; dos paraísos, fiscais ou xeriátricos?…, é que te pós a "profundar" e non sabes nin que dicir.

Falamos logo de Luís, un amigo que vive en Madrid, nacido cunha discapacidade no seo dunha familia humilde e que grazas a un gran esforzo e coa axuda das becas, conseguiu de xeito brilante un doctorado universitario. Con mil impedimentos acadou praza na Administración pero vive só e necesita acercarse á casa dos seus pais para que estes non teñan que desprazarse a miudo para axudalo. Contoume que chamou a unha persoa da Administración para informarse da existencia dalgunha praza que lle permitise ese traslado. A conversa foi esclarecedora.


-Vaya hombre, así que tienes una discapacidad y te interesa venir para esta ciudad.
Qué curioso… todos los discapacitados de Galicia queréis volver a esta provincia .. Ja….Ja….!!

-Y todos quieren venirse para esta ciudad…¡¡ Ja..Ja..!! La verdad que no está mal para vivir..¡¡¡ Ja..!!!

-Bueno, hombre, bueno… ¿Y tú qué tipo de discapacidad tienes?

- Luis: Soy invidente.

- ……….¡Ah!......(silencio)

Tamén me comentou que alá está farto de ir pola rúa e que o empurren sen consideración, que incluso o teñen mallado. Que no seu traballo, aínda que non o precise, utiliza o bastón branco para que os compañeiros entendan que fai o seu labor por responsabilidade e profesional eficiencia, non vaia ser que poidan pensar que pretende chimparlle algún ascenso por traballar máis ca eles malia ter unha discapacidade.

Estar cerca da súa familia seríalle de gran axuda.

A verdade, deciamos, si te pós a "profundar" cun pouco de lóxica, as conclusións ás que chegas non son publicables.




No hay comentarios:

Publicar un comentario