Fotograma de Le ballon rouge |
Decir que dende neno sentín fascinación polos globos non resulta nada excepcional, porque a todos os nenos lles gustan os globos de cores. Azuis, vermellos, amarelos, brancos que máis da, porque son lixeiriños, suaves, grandes e para os picariños cheos de nada. Recordo que mos tiñan que inflar porque era moi difícil para un rapaz tan pequecho.
Os globos acompañáronme sempre, toda a miña vida foi un encher globos de cores, coa imaxinación, coa espranza, cos afectos e coas tristuras. O futuro sempre se converteu nunha colección de globos que ían a máis según camiñaba, inflaban, subían e, ás veces, estalaban na faciana quedándose nun bluf. De cando en vez non faltaron tampouco os estoupadores que se adican a meterlle o alfinete.
Algúns foron unha auténtica ledicia, porque aparecían nos momentos mais vitais; aínda me lembro cando en Negreira pasamos a ter unha segunda fábrica de soños: o Cine Gran Vía. O primeiro que se proxectou naquela inmensa pantalla de Cinemascope foi o marabilloso documental O Globo Vermello, de Albert Lamorisse.
Pero tamén foi pasmo: ¿Alguén de vós presenciou algunha vez o despegue do Globo de Betanzos, esa mole de 25 m de alto que nun mar de milleiros de persoas, erguéndose na noite do 16 de agosto, dende o ano 1875, levando consigo todo un ano de traballo e de vida desa fermosa cidade galega?. Se nunca fóchedes, facédeo este ano, paga a pena.
O meu destino foi pasar a vida ao redor dun globo terráqueo con rapaces e rapazas, estudando a súa pel, as súas engurras, as súas xentes e historias, e disfrutar cando comprobas que lles gusta.
¡De seguro!

Pero
sen dúbida,os máis fermosos de todos son os numerosos globos cheos de Luz que sempre levo
comigo, dende aquel primeiro día en que
chegaches e comezamos a camiñata xuntos, coa
compaña dos nosos fillos.
¡De seguro!
Un conto feito realidade..Encántame o téu relato...cantos recordos!!!
ResponderEliminarUn saúdo Manolo!
Unha marabilla de relato, Manolo!! Encantoume!! Que ben contas as cousas máis cotiáns. E a foto elixida é unha preciosidade, é túa? Realmente bonita. Un bico.
ResponderEliminarFermoso relato coma sempre. Tamén hai globos que cando se pinchan fan unha desfeita tmoi grande, agora chamada crise.
ResponderEliminarQue bo. Non deixes nunca de contarnos os teus pensamentos con tanta maxia.
ResponderEliminarNon deixes nunca de contarnos os teus pensamentos deste xeito.
ResponderEliminarUn pracer lerte, coma sempre.
Boísimo. O relato encantoume e o documental é precioso. Grazas por compartilo.
ResponderEliminarMoitas grazas pola vosa amabilidade. E por adicarme parte do voso tempo.Unha aperta!
ResponderEliminar