Na lembranza daquel día do ano 1977 no que escoitamos xuntos na
Praza de Ferreiro as verbas prohibidas que
esnaquizaban o silenzo de pedra no primeiro mitin da chegada da Democracia.
( Antón Pulido) |
RENACEMENTO
Relocía
nos adouquíns da praza,
gastados
nunha calma de noutrora,
o
refreixo sacrílego e roxo
das
bandeiras prohibidas.
As
verbas eran aínda froles
sin
espertar, pequenas cousas
pechadas
aos incertos anuncios
de
remotas libertades esvaídas.
O
medo era aínda unha profunda
cadea
que apreixaba
as
ánimas dos homes indecisos.
Detrás
de cada porta aínda quedaban
inquedanzas
e falares baixiños.
Aínda
co ar nos viña o cheiro a morto
resurxido na
libertá das verbas
dende
fai tempo interrumpidas.
E
aínda nos escrutaban
tras
das fiestras,
tras
do anonimato escuro das cortinas,
cadavres
vivos dun absurdo pasado,
enxendrando
unha teimosa agarda,
moi
difusa e segrada,
encol
de sacros feudos e outras cousas
de
honor, tal vez perdidas...
Mais
no morno refreixo de ouro,
naquel
fulxor de groria,
da
serán estantía,
erguéronse
solemnes e fortes,
como
un cántico á vida,
aquelas
voces de paz daqueles homes
que
cambeaban ese senso das mentes
dunha
Patria prohibida...
Lonxe,
as
sementeiras abrollan impasibles...
Anda
a xogar nas solprendidas rúas,
encanto
do soar nos vellos muros,
ese
noso,
ese
nunca esquencido vello hino.....
E
percíbese xa
no ar
que se respira
a
espranza lene dunha nova vida...
Xosé
Manuel López Gómez “ Ardeiro”
Na néboa
dunha espranza
No hay comentarios:
Publicar un comentario