Por el cinco de enero
en la majada mía
mi calzado cabrero
a la escarcha salía.
…….
(Miguel Hernández)
Hoxe é noite de deitarse cedo para os rapaces que agardan inquedos a chegada dos Reis Magos, no vaia ser….
A chegada dos Reis o 6 de xaneiro é unha antiga tradición no occidente cristián. Noite de ilusión infantil e de sono inquedo polas pisadas dos camelos que cada ano parecen escoitarse. A maioría colocarán os seus zapatos na fiestra ou debaixo dese piñeiro de cores con que en moitas casas se recibe a chegada do Nadal. Ou a carón do Nacemento, onde a tradición aínda perdura.
A primeira referencia ós Reis Magos atopámola no Evanxeo de San Mateo: “. ...E uns “magos” viñeron de Oriente a Xerusalén. E ó ver ó neno coa súa nai María, puxéronse de xeonllos, adorárono e abrindo os seus tesouros ofrecéronlle ouro, incienso e mirra”. Logo, fixéronse numerosas especulacións sobre o seu lugar de procedencia e o número deles.
Cóntase que ós Magos convertiunos Santo Tomás e logo sufriron martirio. Os seus restos foron levados a Milán e no século XIII trasladados á catedral de Colonia onde se gardan os cráneos nunha espléndida furna de ouriveiría.
Catedral de Colonia-Reliquias dos Reis Magos
Tertuliano aseguraba que eran orixinarios de Arabia e o español Prudencio, no século IV, das beiras do Golfo Pèrsico. O certo é que estas afirmacións aceptáronse como válidas xa que así se representaba o seu aspecto nas catacumbas de San Pedro en Roma e aínda que se descoñecen os seus nomes e cantos eran, unha tradición posterior atribuiulles os de Melchor, Gaspar e Baltasar.
Por iso hoxe saen ás rúas as fachendosas cabalgadas nas que as SSMM reparten sorrisos, ilusións e esperanzas á rapazada das nosas cidades e pobos. Pola noite aparecerán os agasallos para os que foron bos durante o ano e algún carbón para os que non o foron tanto.
LAS DESIERTAS ABARCAS
No hay comentarios:
Publicar un comentario