miércoles, 3 de noviembre de 2010

103 ANOS PARA A UNIÓN BARCALESA

Escola de Cobas
            


Hoxe houbo festa na Habana, a Unión Barcalesa acaba de  cumplir  103 anos e douscentos asociados  conmemoraron aquel 3 de novembro de 1907 na que un grupo de fillos de Barcala, baixo a presidencia de Romualdo Negreira Josende e actuando de Secretario Juan Riveiro, se constituíron en asociación para fundar escolas no Val, nas que se proporcionara educación e instrucción ós nenos e xóvenes de ambos sexos.
Rolando Pérez, Presidente
Decían, na Acta Fundacional, que “ La educación e instrucción que actualmente se le proporciona por el Estado en aquellos lugares, después de ser escasa es por demás defectuosa y teniendo este mal en cuenta, los reunidos declaran considerar un deber dictado por la conciencia dedicar sus esfuerzos y cooperar a la aminoración de este mal que obstruye el engrandecimiento de aquellas parroquias y lugares al par que el de sus hijos”
As escolas de Barcala, Cobas e Aro, construídas e sostidas no seu momento coas pequenas aportacións económicas detraídas dos salarios e ganancias dos nosos emigrantes  ahí están como exemplo de solidariedade e compromiso coa terra.
(Foto España Exterior)
Rolando Pérez Palmero, Presidente da Sociedade, intruduciu o acto dirixíndose a todos os asistentes para glosar a importancia da asociación ó longo de toda a súa historia e  o carácter mutualista que tivo e ten para todos os asociados. Logo, os barcaleses, os seus descendente e familiares festexárono cun pequeño xantar de confraternidade que foi amenizado polo grupo musical cubano Aceitunas sin Hueso, no restaurante do Centro Andaluz.
Dende fai anos a Asociación para a Solidariedade Alén Mar e os Concellos de A Baña e Negreira veñen colaborando coa Unión Barcalesa e polo Centenario desplazáronse a Cuba máis de sesenta barcaleses acompañados polos seus alcaldes para participar   nos actos conmemorativos que tiveron lugar no Centro Galego.
A máis veterana das nosas asociacións, que hoxe está de festa, conta na actualidade con máis de trescentos asociados.

 


sábado, 30 de octubre de 2010

! RING ….RING…!


-        ¡Hola!, te llamo de Reanimación, ¿podrías decirme si tenéis lista la habitación cuatrocientos…..
-        ………………………………
-        Mira, es que la paciente ya se ha despertado y…
-        ……………………………….
-        Escucha, sólo necesitamos saber si la…
-        ……………………………….
-        ¿Pero quieres escucharme?.....
-        ……………………………….
-        ¿Pero me dejas hablar?
-        ……………………………….
-        ¡ Pero escúchame, mujer……..!
-        ……………………………….
-        Pero bueno, ¿quieres escucharme?.
-        ………………………………...
-        ¡Pero si yo sólo quiero saber….!
-        …………………………………
-        Es que la paciente ya se ha despertado y para subirla a planta..
-        …………………………………
-        ¿Pero me dejas hablar o no?.
-        …………………………………
-        ¡Pero si no quiero agobiarte es sólo..!
-        …………………………………
-        Es que si no sabemos si la habitación está preparada…..
-        …………………………………
-        ¡Pero déjame hablar!..................
-        …………………………………
-        Haz el favor, escucha………….
-        …………………………………
-        Vamos a ver, yo………………..
-        …………………………………
-        Haz el favor un momento, yo sólo….
-        …………………………………



No se preocupe, dentro de un momentiño cambian el turno y a ver si nos dicen si la habitación está  preparada y ya la subimos a planta, es sólo un momento.

Ya, pero, si no nos lo confirman , no podemos subirla. Es solo un momento.

Graciñas!



viernes, 1 de octubre de 2010

ONDE HAI UN CRUCEIRO

    
                                                     ( Foto: Margarita Gil Murio)



      Onde hai un cruceiro houbo sempre un pecado, e cada cruceiro é unha oración de pedra que fixo baixar un perdón do Ceo, polo arrepentimento de quen o pagou e polo gran sentimento de quen o fixo.

     ¿Tedes reparado nos nosos cruceiros aldeáns? Pois reparade.

     A Virxe das Angustias, enclavada no reverso de  moitas cruces de pedra, non é a Piedá dos escultores; é a Piedade creada polos canteiros.

     Os nosos canteiros, deixándose levar polo sentimento, non podían maxinar un home no colo da nai.

     Para os artistas canteiros Jesucristo sempre é pequeno, sempre é neno, porque é o Fillo, e os fillos sempre somos pequenos nos colos das nosas nais.

     Reparade nos cruceiros e descubriredes moitos tesouros.

                                                                                         ( Alfonso R. Castelao )

jueves, 23 de septiembre de 2010

O PAI MIÑO


                                                              Foto : Javier Morais


 Ser o máis importante de Galicia dalle un aire así coma de señorío, polo seu porte e porque a xente amósalle máis respeto que se fose un río pequeno. Acuden con feitizo a miralo e as autoridades mímano e fanlle agasallos.

En Ourense ofrecéronlle, entre outros  tributos,  un longo e coidado paseo.Ten varios quilómetros e deseños moi variados no seu trazado. Percórreno de cotío toda a variada fauna urbana: mozos e maiores, ciclistas, atletas, parellas collidas da man e ata policías nos seus vehículos. Estas intervencións merecen que nos sintamos  orgullosos, porque o espectáculo de poder ademirar o seu ecosistema alegra e relaxa.

Pero ademais de dotalo tan pródigamente, a Natureza  tivo co Miño, en Ourense,  outros agasallos. Dende o máis profundo do seu ser volca no  cauce fontes de auga quente, como se quixera facerlle os invernos máis agradables. Sumerxirse nas  termas da Chavasqueira, despois dunha longa camiñata, lévanos a unha estado  moi pracenteiro,  relaxa o corpo e fai voar a mente polos  ocultos currunchos da alma, fuxindo dos que mais escocen e aloxándose naquelas situacións e vivencias máis agradables. Todo un luxo para o espíritu.

Manuel Alí, amais dun bo amigo, é enxeñeiro hidrolóxico, algo así como psicólogo dos ríos e das augas. Toma medidas, traza perfiles, fai cálculos do máis complicado, percorre o rio polas beiras e pola súa superficie, analiza  as influencias que outras augas e os humanos exercemos sobre del. Fai un claro análise do seu comportamento, diagnostica e propón remedios. Acompañalo no seu traballo é como penetrar nun mundo descoñecido.

Agora,  tamén un  dos nosos ríos ten en  Negreira  un longo e fermoso paseo que nos vai permitir facerlle compaña  de cotío.

A alma de Galicia son os mil ríos que a surcan, cando entendamos  a súa verdadeira importancia todos nos volveremos  máis respetuosos con eles.



domingo, 12 de septiembre de 2010

¡ TODOS Á PERRUQUERÍA !




O can de Luis ándache medio enrrabechado, quere que o leve á perruquería. Di estar farto de tanto trasquilado e  baños de zotal que lle deixan, ademáis do arrecendo, o pelexo coma unha tona de laranxa. Así non hai quen compita con tanto can señorito como está a pasear polas rúas  e xa se ve solteiro ata caer de vello.

En Negreira son cada día máis variados os servizos que se están a ofrecer aos veciños. Hai pouco acaba de inaugurarse un centro de estética canina que  presta  tratamentos  e produtos  específicos para o mellor amigo do home, dende perruquería ata as demáis bonituras que se lle poden aplicar a tan noble animal.

O can é todo un exemplo de socialización. Domesticado nas primeiras comunidades neolíticas no 8.400 a.C, pasou  de ser un fiel servidor ata acadar un estatus semellante ó das persoas e, nalgúns casos, aínda superior. Coa excepción  do can de palleiro, último eslabón do estamento canino que segue a estar marxinado dos avances e modernidades que a sociedade capitalista, e por ende consumista,  nos vai introducindo.

Caso aparte merece o can vagamundo, aquel que é abandoado polos seus donos e deambula entre o desprezo e a marxinación dos humanos e os demáis da súa especie; acaba  ás veces nas cárceres de cans que hai en moitas cidades. Se ninguén lles amosa o seu afecto e os acolle acaban nos fornos crematorios ou nunha fosa común.


Na memoria quedan aquelas redadas que  facía en Negreira  o laceiro municipal de Santiago, cando os  cans abandoados nas rúas incomodaban ós veciños que non paraban de protestar. Era  un espectáculo velo cazar ós pobres animais e introducilos na furgoneta de Moncho do Francés. Claro que, formados na universidade da vida,  ó día seguinte aparecían de novo tan campantes ante a sorpresa de todos e o enfado dos operarios municipais ao ver  os buracos que fixeran debaixo das alambradas que tan primorosamente ergueran en Pedra Mámoa.

Agora , nas cidades, o lugar dos cans vagamundos  está sendo ocupado por persoas; esperemos, dado os tempos que corren, que calquera día non empecen a mandarlles os laceiros.

domingo, 5 de septiembre de 2010

ÁFRICA, CON PERDÓN



Esta fotografía hecha  en Sudán recibió el  Premio Pulitzer en el  año 1994. Su autor, el fotógrafo sudafricano Kevin Carter, manifestó en la entrega del  mismo:

“Es la foto más importante de mi carrera pero no estoy orgulloso de ella, no quiero verla, la odio. Todavía estoy arrepentido de no haber ayudado a la niña”.

Se suicidó dos meses después.

El continente africano ha sido desde los tiempos del Imperio Romano la principal fuente de aprovisionamiento de las grandes potencias, de allí traían trigo, oro, marfil, esclavos…El  llamado oro negro africano, en referencia a la trata de esclavos, ha sido la más inhumana sangría a que ha sido sometido este  continente. Incluso ya en la Edad Media  se tiene constancia de la venta, por parte de Alfonso III de Aragón, de 40.000 moros en el año 1287 y el historiador inglés Hugh Thomas, en su libro La Trata de Esclavos, cifra en unos 11.382.000 los africanos esclavizados en las colonias americanas en el periodo comprendido entre 1440 y 1870 . Del tráfico de esclavos proceden algunas de las grandes fortunas, concretamente de determinadas  familias de la actual banca.

Las potencias europeas se repartieron África en el siglo XIX como si de un pastel se tratara  y en la Conferencia de Berlín (1884-1885) fijaron las bases para la explotación de sus recursos. Luego, con posterioridad a la independencia de la mayoría de los países africanos, con la nueva política neocolonialista las antiguas metrópolis siguieron manteniendo un control económico y político a través de gobiernos títeres y corruptos o bien interviniendo militarmente según su conveniencia.

África es hoy uno de los continentes del mundo con mayores riquezas naturales: petróleo, diamantes, oro, coltán … y sus reservas son de un valor incalculable. Todas ellas son explotadas directamente por las  compañías transnacionales con el apoyo de las grandes potencias. En nada repercute esa riqueza en la mayoría de la población, sometida a la tiranía, la miseria, las enfermedades, el analfabetismo y las guerras.

Cuando la esperanza media de vida en Europa es de 73 años, en África es de 46, cuatro menos que en la década de los 90. Veintiséis millones de personas padecen SIDA ( un 60 % del total mundial ) y  los veinte países con peores tasas de mortalidad infantil  pertenecen a ese continente, siendo Níger el peor del mundo con un 167 por cada mil (UNICEF). El 20 % de los niños de África mueren antes de cumplir los cinco años y 200.000 se venden cada año como esclavos.

África necesita recuperar el control de  sus recursos, que sus habitantes puedan  mejorar sus condiciones de vida y recobrar la dignidad que como seres humanos les corresponde.


jueves, 5 de agosto de 2010

TÁNGER : ON PARLE GALEGO

-->
                                                   Gran Mezquita de Tánxer


     Foi o escritor Paul Bowles quen dixo desta cidade de Marrocos que era “une ville de rêve” e hai que tomar a frase ó pé da letra. Vivir Tánxer é experimentar unha serie de sensacións como descansar á sombra nun cemiterio abandonado, alemán evidentemente, pasear por estreitas e sombrías rúas que nos trasladan á época do Bagdad de Harum Al Rachid, contemplar portas que se abren directamente sobre o mar ou camiñar por rúas que constitúen un auténtico laberinto, que só se pode entender como parte dun universo onírico.
     A cidade "trepa" dende o mar por amplas e modernas avenidas que levan á parte máis alta coroada pola Gran Mezquita e a Catedral, flanqueadas por espazos verdes e prazas coma a de Francia ou a de Iberia,co Instituto Cervantes, o Instituto Español Severo Ochoa, o Colegio Ramón y Cajal e diversos establecementos hosteleiros con nomes que tamén fan referencia ó seu recente pasado histórico.
   Estes días milleiros de bandeiras bermellas coa estrela verde inundan a cidade xunto con paneis publicitarios co retrato do rei Mohamed VI, que tamén está presente en todos os locais públicos.
    A súa Maxestade tivo a ben elexir Tanxer para a celebración da Festa do Trono, a máis importante do ano, festexo que se complementa con numerosos festivais en distintos lugares da urbe mentres a Banda Real desfila maxestuosamente polo centro das avenidas.
    Pero o maís gratificante é sentarse nunha das súas terrazas e contemplar a espectacular beleza das tanxerinas realzada polos coloristas e variados atuendos musulmáns, os distintos persoaxes que desfilan polas súas rúas e escoitar, de vez en cando, o ronco e prolongado lamento que se alza dende a Gran Mezquita, chamando a oración, e se reproduce de inmediato en multiples ecos nos centos de templos musulmáns, pois a relixión e a Súa Maxestade programan, controlan e dirixen a vida dos seus súbditos.
  
  A alma de Tanxer está na súa Medina, nas limpas e estreitas rúas do seu Zoco no que non existe a insistencia, só a invitación “entre que mirar no cuesta” e onde o regateo é un acto amistoso no que sempre se pode chegar a acordo dividindo a metade do precio pola metade unhas cuantas veces. Aquí pode atoparse dende un camaleón ata a máis rara antiguidade. O que nunca se imaxinaría un é atopar unha muller rexentando un destes tradicionais establecementos tanxerinos.
       Diante da entrada, cunha chilaba bermella a xogo co pano e a cor dos beizos, recíbenos cun amplo sorriso:

 “Ola !, chámome María e son da Coruña, da Agra do Orzàn”. O nome da tenda indica ás claras a súa procedencia: A GALEGUIÑA.
     María é licenciada en Dereito e está agardando a homologación do título, que aquí é un proceso lento. Goza dun gran respecto por parte dos demais comerciantes da rúa e as súas donas van a miúdo a que lles coloque o pano pois ela sabe facelo de moitos xeitos.
     O seu home, Ismael, acompáñanos amablemente a recorrer o Petit Zoco e logo a Qasbah. Ao fin rematamos nun moderno establecemento do Paseo Marítimo onde María nos relata, non sen ironía, os diversos aspectos da súa nova vida e da dos seus tamén novos paisanos, incluso das caravanas automovilísticas que polas noites nos espertan cos seus bocinazos e berros e que nós non entendemos:
       “Iso está relacionado coas bodas que tamén forman parte de todo esto...Nós casámonos unha vez e xa está, pero aquí fan tres festas, a primeira a festa de pedida, as mulleres por un lado e os homes por outro; despois a boda , cando se casan legalmente, levan á noiva nunha especie de trono...,e cada un vaise a vivir cos seus e despois, máis tarde, é cando van vivir xuntos. Gástanse auténticas burradas. Ás veces millóns de euros".
 
     O papel da muller, a vivenda... amena conversa que remata xa tarde cunha amigable despedida e unha consideración entre risas: poñer no escaparate do seu comercio un carteliño coa seguinte frase : ON PARLE GALEGO

jueves, 22 de julio de 2010

SEMÁNTICA



      Non sabemos si en realidade se trata dunha nova técnica do marketin ou dun asunto semántico, porque normalmente non é o mesmo o continente que o contido, pero dada a costume actual de prostituir a linguaxe , vaia vostede a saber….

      Eu negábame a pensar que a etiqueta fora un fiel reflexo do elixir que se publicitaba, porque de ser así as autoridades sanitarias seguro que terían xa botado man do atrevido licoreiro, salvo que só fixera referencia á calidade do producto.

      E refírome ó da prostitución lingüística porque na nosa sociedade algúns vocablos deixan de prestar a función que os académicos lles asignan para ser destinados ós máis perversos usos e menesteres; así o honorable mercado pasou a designar ese conxunto de banqueiros, especuladores e estafadores que se dedican a apropiarse do diñeiro dos demáis ou a meternos a todos nun brete complicándonos a vida de mala maneira; os expertos , entes abstractos utilizados para xustificar calquera tipo de tropelía , ou a tan publicitada reforma laboral que xa todos identificamos con recorte de dereitos dos traballadores .

      Pero ó parecer neste caso sucede o contrario; segundo me comentou o dono do establecemento de Coímbra que expoñía no escaparate este escatolóxico licor, trátase nada máis e nada menos que dunha agradable mestura de leite, vainilla e cacao que pode satisfacer aos paladares máis esixentes.

      Resulta evidente que os nosos veciños portugueses seguen a ser unha xente feiticeira.