jueves, 23 de septiembre de 2010

O PAI MIÑO


                                                              Foto : Javier Morais


 Ser o máis importante de Galicia dalle un aire así coma de señorío, polo seu porte e porque a xente amósalle máis respeto que se fose un río pequeno. Acuden con feitizo a miralo e as autoridades mímano e fanlle agasallos.

En Ourense ofrecéronlle, entre outros  tributos,  un longo e coidado paseo.Ten varios quilómetros e deseños moi variados no seu trazado. Percórreno de cotío toda a variada fauna urbana: mozos e maiores, ciclistas, atletas, parellas collidas da man e ata policías nos seus vehículos. Estas intervencións merecen que nos sintamos  orgullosos, porque o espectáculo de poder ademirar o seu ecosistema alegra e relaxa.

Pero ademais de dotalo tan pródigamente, a Natureza  tivo co Miño, en Ourense,  outros agasallos. Dende o máis profundo do seu ser volca no  cauce fontes de auga quente, como se quixera facerlle os invernos máis agradables. Sumerxirse nas  termas da Chavasqueira, despois dunha longa camiñata, lévanos a unha estado  moi pracenteiro,  relaxa o corpo e fai voar a mente polos  ocultos currunchos da alma, fuxindo dos que mais escocen e aloxándose naquelas situacións e vivencias máis agradables. Todo un luxo para o espíritu.

Manuel Alí, amais dun bo amigo, é enxeñeiro hidrolóxico, algo así como psicólogo dos ríos e das augas. Toma medidas, traza perfiles, fai cálculos do máis complicado, percorre o rio polas beiras e pola súa superficie, analiza  as influencias que outras augas e os humanos exercemos sobre del. Fai un claro análise do seu comportamento, diagnostica e propón remedios. Acompañalo no seu traballo é como penetrar nun mundo descoñecido.

Agora,  tamén un  dos nosos ríos ten en  Negreira  un longo e fermoso paseo que nos vai permitir facerlle compaña  de cotío.

A alma de Galicia son os mil ríos que a surcan, cando entendamos  a súa verdadeira importancia todos nos volveremos  máis respetuosos con eles.



1 comentario:

  1. Estupendo relato,y esos mil rios que me gustaria conocer uno a uno ..los rios son una belleza y debemos cuidarlos.....cuando voy por la orilla de un rio me relaja tanto ...por eso siempre suelo ir a lugares donde los haya....Adiós rios ..adiós fontes ..adiós regatos pequenos............

    ResponderEliminar