miércoles, 10 de octubre de 2018

A PONTE VELLA



                                                                                      J.M.L.T.


Os milleiros de peregrinos que cada día pasan o Río Tambre pola Ponte Maceira no camiño de Compostela a Fisterra, páranse para admirar  un dos lugares máis fermosos de Galicia. Aquí conflúen os elementos característicos da Galicia rural : O río, a ponte e os muiños, os hórreos e os pombais, o pazo e a igrexa, envoltos nun marco natural que sorprende aos visitantes. Onte, un señor que viña en bicicleta dende Valencia preguntoume como se chamaba. Nós, dende sempre, coñecémolo como A Ponte Vella porque é das máís antigas que se conservan na comarca. Dicíame logo que lle apetecía quedarse para sempre, mentres outros moitos non paraban de tirar fotos e un grupo de mozos mergullábase nas augas do río, logo dun longo camiñar.

CANDO AS PEDRAS FALAN


Muíño de Ponte Maceira


Os escudos nobiliarios das fachadas dalgunhas vivendas lémbrannos o seu pasado señorial e os muíños que se sitúan nas dúas marxes do río a riqueza agrícola que se extraía das terras do seu entorno. Nun deles apréciase a estrela de cinco puntas, símbolo do Islam, a pedra procede do dintel dunha vivenda, unha pegada dos musulmáns nesta comarca. Pouco se ten escrito sobre os mudéxares (os que mantiveron as súas crenzas ata a conversión forzosa no século XVI) en Galicia ou os conversos (mouriscos) ben é certo que a súa estancia na nosa comunidade foi máis importante do que se pensa.

O historiador Carlos González Paz (1) recolle datos da presenza en territorio galaico dun importante grupo en tempos de Alfonso II (791-842) así como documentos nos mosteiros de Celanova, Sobrado dos Monxes, Oseira ou San Martiño Pinario de servos que eran identificados con termos que indican unha clara orixe étnica ou relixiosa: Mauro, Mouro, Nigro ou Mourelo, de onde proceden os actuais nomes e apelidos. Ponte Maceira pertencía ao mosteiro benedictino de Portor – Portus Odorii - hoxe igrexa parroquial, que dependía de San Paio de Antealtares en Compostela.

A estrela é similar á que aínda se conserva nunha vivenda do lugar de Frieiro, Castriz, no veciño Concello de Santa Comba, outra proba máis da comunidade musulmana nos concellos rurais onde, dende as primeiras décadas do século VIII ata os últimos anos do século XVI, eran case sempre campesiños dependentes.

Barcala e Ponte Maceira ( P. Macyras) son as únicas localidades da comarca que figuran no Mapa do Reino de Galicia elaborado en 1603 por F. Ojea para o Conde de Lemos e nunha das reformas provinciais no século XIX foi concello, o que nos confirma a importancia que sempre tivo este pequeno e singular núcleo que repousa nas beiras do río Tambre.


Escudo en Ponte Maceira




(1) Carlos A. González Paz . Sarracenos, Moros, Mudéjares en la Galicia Medieval- I.E.G.








viernes, 14 de septiembre de 2018

LA TESIS DE NANCY







Contagiado por la reciente fiebre conspirativa de las tesis doctorales he tenido que echar mano de mi preferida para, despues de bastantes años, analizar de nuevo una de las más importantes de nuestra Literatura: La Tesis de Nancy, del escritor español Ramón J. Sender, Premio Nacional de Literatura (1953) y que como tantos otros tuvo que marcharse al exilio en donde falleció en 1982 (San Diego - USA) después de impartir la docencia como profesor de Literatura en varias universidades.

Nancy es una muchacha norteamericana que llega a Andalucía a elaborar su tesis doctoral sobre la cultura española, en una época en que este país vive anclado en sus tradiciones; se relaciona con los personajes más típicos y cuenta regularmente a su amiga Betsy, de Pensilvania, sus impresiones personales sobre las costumbres sociales, de una manera muy original, simplista y a veces tergiversada, siempre bajo el prisma de una chica pragmática y un poco despistada. Sus limitaciones linguísticas y la convivencia con expresiones que no figuran en el diccionario a las que da una interpretación “sui géneris” las llevan a unas conclusiones simpáticas y originales.

A los expertos en análisis de tesis no debiera faltarle este libro en su biblioteca porque además de reirse a carcajadas con su lectura, ayudaría a entender muchas actitudes del pasado que perviven, mientras se presume de modernidad, en nuestro ideario colectivo.

La Tesis de Nancy no creo que figure en los archivos de ninguna universidad, aunque seguro que en todas las bibliotecas de las facultades de Lengua y Literatura, y los otro cuatro libros de J. Sender sobre las andanzas de esta chica que alcanzó el grado de “Doctora en Gitanería”.

Pero en este berenjenal doctoral debiera recomendarse uno de los libros más importantes del mismo autor: REQUIEM POR UN CAMPESINO ESPAÑOL, una gran obra de la Literatura  cuya lectura sería un toque de atención sobre las más variadas frivolidades que se observan en el panorama político español. La historia de Paco el del Molino, que vive en un pueblecito aragonés, serviría para aclarar muchas cosas de nuestro pasado que a nadie dejaría indiferente.

                                              …. Lo buscaban en los montes,
                                              pero no lo han encontrado;
                                              a su casa iban con perros
                                              pa´que tomen el olfato;
                                              ya ventean, ya ventean
                                              las ropas viejas de Paco.




                                                                               J.M.L.T.







lunes, 3 de septiembre de 2018

OS RELOXOS DE SOL EN NEGREIRA



Igrexa parroquial de Covas

Camiñar nas tardiñas de verán polo Paseo Fluvial de Negreira mentres o Sol proxecta as sombras dos abeneiros ao longo do río é todo un luxo, gozando do entorno e sorprendéndonos logo ao ver na fachada Sur da igrexa parroquial de Covas o fermoso reloxo de sol, limpo e restaurado co seu gnomon ou triángulo metálico brilante, perfectamente orientado, lémbranos que durante séculos foi coa axuda das campás da igrexa quen regulaba a vida cotiá das xentes desa parroquia.

Foi o seu construtor o mestre canteiro Domingo de Fontenla, quen en 1730 restaurou as fachadas da igrexa parroquial. Facer un destes cadrantes solares, como tamén se lles chama, non era doado pois o ángulo inferior do triángulo rectángulo metálico ten que coincidir exactamente coa latitude xeografíca do lugar. Daquela non existían os GPS pero os coñecementos xeográficos eran dabondo para suplir a súa falta.

Cunha simple vara chantada en vertical coa axuda da plomada, a poder ser nos días dos equinocios de primaveira ou outono, íase marcando o extremo da sombra e no momento en que acadaba a mínima lonxitude uníase con un cordel o borde da mesma co extremo do pau. A amplitude do ángulo superior coincidía co raio de sol tanxente à punta do pau e ese ángulo era coincidente coa latitude do lugar e polo tanto do ángulo agudo inferior do gnomon.

Igrexa parroquial de Aro


No Concello de Negreira consérvanse polo menos sete reloxos de sol, na parroquia de Covas existe outro nunha vivenda do lugar de Trians e nas igrexas parroquiais de Aro, Gonte e Xallas. E outros dous na parroquia de Portor, en edificios de Ponte Maceira e Saleiróns.


UN POUCO DE HISTORIA

Os primeiros reloxos de sol foron fabricados polos exipcios hai uns 3500 anos, dividiron a duración do movemento de traslación da Terra en 365 días e cada día en 24 períodos chamados horas. A través dos babilonios chegaron a Grecia e logo a Roma.

O historiador romano Plinio O Vello (século I) relata na súa Historia Natural como era o funcionamento do que o Emperador Augusto mandou colocar no Campo de Marte para marcar as horas pola sombra que proxectaba un obelisco de pedra.




HORA LOCAL, HORA LEGAL E HORA OFICIAL

Os reloxos solares marcan a hora local, a correspondente ao meridiano dese lugar, pero como cada lugar da Terra ten unha hora diferente, houbo necesidade de dividila en 24 fusos horarios cunha amplitude de 15 º sendo a hora de cada un deles a do meridiano central (hora legal).O punto de partida é sempre o Meriano 0º que en España era o de Madrid ata o ano 1970 que se adoptou o de Greenwich.

A hora oficial é a que rixe nun país ao marxe de pertencer a varios fusos horarios. En España as provincias de A Coruña e Pontevedra están situadas máis de 8º ao Oeste do meridiano de Grenwich pero a súa hora está sincronizada coa deste meridiano.
Durante o verán e o inverno veuse modificando o horario oficial en Europa para adaptalo as necesidades laborais. A UE propón agora que se manteña o horario oficial durante todo o ano.



Ponte Maceira



Os reloxos de sol foron durante algúns séculos unha axuda primordial para regular a vida diaria das persoas, forman parte do patrimonio arquitectónico e cultural, motivo suficiente para mantelos en perfecto estado.


Igrexa de Gonte







Igrexa de Xallas


(Fotografías do autor)


jueves, 30 de agosto de 2018

A FROUXEIRA



                                                                                 ( Foto López Tuñas)


La Naturaleza ha sido desde los tiempos más antiguos motivo de adoración para el ser humano. En las religiones primitivas ocupaba un lugar primordial de culto y aun hoy constituye el mayor disfrute para los sentidos. Galicia es prodiga en paisajes y lugares paradisíacos. Nuestras playas se encuentran entre las más bellas del planeta, por eso visitar A Frouxeira es todo un placer.

Nadie puede quedar indiferente ante el enorme arenal de tres mil quinientos metros de largo coronado por un sistema dunar móvil y una inmensa laguna fluvial de aguas claras, de mil setecientos metros de longitud y cincuenta de ancho, en la que conviven multitud de especies de aves y peces que constituyen la más variada fauna de los humedales. El entorno está muy cuidado por las distintas administraciones públicas que se esfuerzan en mantener impecable este hermoso espacio natural.


A lagoa

Ese día varios pintores (plural genérico) se esmeraban en reproducir en sus lienzos esta maravilla. Una de ellas, la de la foto, comentó que el Concello de Valdoviño había convocado un concurso de pintura y que los cuadros que no resultaran ganadores podrían ser adquiridos en la Casa de la Cultura. Interesante iniciativa porque servía también como complemento al paseo admirando los visitantes como los artistas reproducían en sus lienzos, con distintintos estilos, este milagro de la Naturaleza.

Con el paso de los años, la fotografía ha ido substituyendo a la pintura y como el arte de Picasso nunca ha sido una de mis especialidaes quiero dejar aquí un modesto recuerdo de esta visita tan gratificante que me permito recomendar a los que deseen seguir disfrutando de los maravillosos lugares que Galicia nos ofrece. Desde luego la Playa de A Frouxeira ocupa un lugar preferente entre los escogidos.




                                                                          ( J.M.L.T.)







lunes, 27 de agosto de 2018

OS CARTOS AO BANCO






Galicia é un dos poucos lugares de España no que en tempos pasados cada familia tiña o seu banco, o lugar onde se gardaban baixo chave os poucos cartos que o labrego podía xuntar coa venda dos produtos do campo ou os animais que quedaban logo do pago das rendas e os tributos. Xunto coa artesa e a hucha era o mobiliario máis importante da pequena casa rural.

A artesa de madeira con catro patas e tampa gardaba en salgadura a carne da matanza do porco que axudaba a completar a escasa dieta alimentaria que se adobaba no pote e a hucha as prendas de vestir para o domingo e os días de festa, o grao ou o pan.

Pero era o banco coas súas fechaduras quen protexía as moedas de cobre ou prata que se podían ir aforrando para unha necesidade, porque as de ouro xa sería moito falar, privilexio só dos donos dos pazos, dos mosteiros ou dalgunha casa vinculeira. Xunto coas banquetas, estaba na lareira e nel se sentaban os membros da familia, para xantar, quentarse nas noites de inverno a caron do lume e escoitar os contos dos máis vellos, sobre o lobo ou a Santa Compaña.

Os bancos con nome e apelidos das cidades e das vilas xa eran outra historia, negocios que nada tiñan que ver coas modestas economías dos labregos, caseiros ou caseteiros. Os fillos dalgúns, logo da volta de Cuba xa con fortuna,chegaron a ser banqueiros de sona.

Foi na parroquia de Cabalar onde atopei ao pé da igrexa baixo un alpendre este antiguo moble, como mostra do que foi a economía de subsistencia da maioría da poboación de Galicia en tempos non tan lonxanos e dos profundos cambios que  producíronse durante a penas un  século na nosa sociedade. Por eso non dubidei en fotografalo. En cada lugar da nosa terra atópanxe edificios e obxectos que nos están a falar da Historia dunha sociedade que a pesar dos atrancos soubo mellorar pouco a pouco as súas condicións de vida.

Atinada foi a decisión de quen acordou expoñer este importante elemento da casa labrega no fermoso adro da igrexa, lembrando a todos os que por alí pasan as esperanzas de futuro que se gardaban hai máis dun século ao pé das lereiras de tantas aldeas de Galicia.







martes, 31 de julio de 2018

IDEA





Que mellor lugar para tomar unhas ameixas ou unha tapiña de polbo que aquí nesta terraza frente ao peirao, dicía Martiño, mentres refrescaba o padal cun grolo de albariño fresco. Agora, como ves, os máis novos xa van cambiando as dornas polas planeadoras. Chegan coa carga de navallas, ameixas ou percebes, baixan o coche pola rampa e cun acelerón montan as planeadoras no remolque e marchan con elas para a casa. A min, coma outros, o que máis me gusta é a dorna. Ahí as tés, dicía, pintadiñas e mariñeiras, como rapazas novas, repousando tranquilamente ollando ao mar.



Todas as rochas ao longo da ría teñen o seu nome, seguiu, o mesmo que as leiras do interior, para saber o lugar onde imos traballar, por eso este establecemento chámase Café Bar Vicanso, o nome da gran rocha que quedou tapada pola construcción da nova lonxa. É importante que os mozos sigan conservando este modelo tradicional de embarcacións, que durante séculos foron a nosa vida. Entra e mira que foto tan fermosa hai no comedor. Coa velame despregada como as ás dunha gueivota surcando a ría.

A señora non me dou tempo: Si quere, díxome, cóntolle a historia desa fotografía, mentres ollaba para ela. Pero si é de ManuelFerrol !! manifesteille sorprendido. Si, hai anos que o meu fillo, logo de vela nunha exposición en Ribeira veu correndo á casa: Papá, hai que mercar a foto do avó que está na exposición! E mercámola. Ferrol veu en persoa ao noso bar e agasallounos esoutra onde se ve tamén ao pai do meu home na dorna. Era un gran fotógrafo que naceu no faro de Cabo Vilán e por iso o seu amor polo mar. Tamén moi preocupado polos problemas sociais, as súas reportaxes sobre a emigración seguro que as coñece.

O pai do meu home, era moi traballador e intelixente. A quen senón a el se  lle podía ocurrir bautizar a dorna co nome de IDEA, ese acto de entendemento que é a representación mental dunha cousa? O traballo no mar foille sempre moi duro pero moito máis hai anos. Foi moita a xente que deixou a vida entre as augas da ría, esta parroquia naceu para que as mulleres de eiquí tiveran onde rezar polos seus homes.

A maioría dos nosos antepasados vivían na Illa de Sálvora e tiveron que abandonala porque lles ofreceron terras e barcos, malia que xa vivía xente neste lado. Ten que visitar o porto fenicio, dos máis antigos de Galicia. Navegaban por estas costas na percura de estaño para facer o bronce e tamén para comerciar con outros materiais.

Non o viches aínda..? presunta Martiño; agora tomamos as tapas con calma e ao rematar damos un paseo. Tamén poderedes ollar a Illa de Sálvora dende máis preto.

E alá fomos, nun paseo que pagou a pena.


Porto fenicio de Aguiño ( Ribeira)






viernes, 8 de junio de 2018

OS ARCOS DO COTÓN ESTÁN DE CUMPLE







Os Arcos do Cotón é a construcción máis singular da Vila de Negreira, forman parte do Pazo do mesmo nome e cumpren neste mes de xuño 280 anos. Son os que lle dan ese aspecto monumental ao edificio señorial e o diferencian dos outros que se extenden pola xeografía galega.

O século XVIII comparte en Galicia un periodo de incremento da producción agraria ocasionado pola roturación de novas terras, a introducción de especies procedentes de América, coma o millo, ou o uso do toxo para o estercado das leiras, que deron lugar a un excedente agrario que, ademáis de mellorar a alimentación dos labregos, incrementou a percepción das rendas das terras aforadas pola Igrexa e os fidalgos, xenerando obras nos templos, pazos e cidades e ocupando a milleiros de canteiros en novas construccións e na mellora das xa existentes. Tamén á creación de feiras que deron lugar a aparición de núcleos de poboación.

A parroquia de Negreira que no ano 1024 o rei Afonso V doara ao señorío de Compostela: “... in territorio célticos ripa Tamaris, Sanctum Iulianum de Nigraria”, ao que pagaba as rendas, estaba formada polos lugares de Negreira, ao pé da igrexa parroquial, Negreiroa, Concheiros, Vilachán de Arriba, Vilachán de Abaixo e Campos. Dende o século XIV o Pazo do Cotón era a residencia señorial, situada na marxen esquerda do Río Barcala.


                           ( Cándido Pazos)
D.Gregorio Agustín de Luaces Saavedra e Mariño de Lobeira herdou a propiedade dos seus pais Fernando de Luaces e Inés Saavedra Bengolea e Mariño de Lobeira. Rexedor perpétuo da cidade de A Coruña e Deputado xeral do Reino decidiu unilo mediante un salón con arcos sobre o Camiño Real, coa capela que estaba a construir sobre a xa consagrada a S. Mauro, para dedicala ao culto deste santo e da Virxe do Carme que se veneraba na existente no camiño que moito despois sería a rúa deste nome e da que obtivo a súa fundación en 1715.

Foi o seu administrador D. Francisco de Santos, veciño de Santiago, o encargado de contratar as obras, logo de pedir os planos a don Domingo López Novoa, ao mestre canteiro Domingo de Fontenla, natural de Cuntis, ao que se lle pagaría 20 reais de vellón por braza de parede encargándose el de arrincar a pedra pero poñéndolla a pé de obra o mesmo que o barro e o cal e facilitándolle tamén a madeira para as estadas e acimbras dos arcos. Domingo xa era coñecido na comarca pois no 1730 fora o encargado de reformar e ampliar a igrexa parroqial de Santa María de Covas.

Máis dun cento de canteiros traballaron arreo na canteira da ladeira Sur do Pazo, á beira do Barcala, transformado a rocha en bloques e conformando o longo salón que sobre os arcos une a edificación señorial coa tribuna da nova igrexa. As obras foron rematadas en xuño de 1738 para admiración dos veciños da parroquia e de todos os que por alí pasaban.

Pero a morte do D. Gregorio Agustín impediu o remate da Capela quedando sen facer a bóveda, sustituída por un artesonado de madeira pola orde da irmá e herdeira do señorío Dona. Francisca de Paula, veciña da cidade de Pontevedra. A actual, de cemento e ladrillo, fíxose arredor do 1949 sendo Victoriano Fabeiro señor do Pazo.

Co paso dos anos e pola feira que se viña celebrando dende 1717, as pequenas edificacións que empezaron a construirse arredor da casa señorial, foron o berce da que pasaría a ser Vila do Cotón que acabou asumindo o nome da capital parroquial, Negreira.

O Pazo do Cotón é o monumento máis importante e característico da actual capital municipal e cabeza de partido xudicial do mesmo nome.

Hoxe son milleiros de peregrinos de toda Europa os que pasan polo Camiño de Fisterra e fican admirados baixo a sombra e maxestuoxidade do Salón dos Arcos que se extende sobre a Carreira de San Mauro.

Blasón dos Mariño de Lobeira




 FONTES DOCUMENTAIS:

- Tumbo A - Catedral de Santiago de Compostela.

- Galicia Artística en el siglo XVIII y mitad del XIX-José Couselo Bouzas

- El Arte en el Valle de Barcala- J. Cardeso Liñares.

- Códice Calixtino en los Caminos de Santiago-Cándido Pazos.

- Arquivo Concello de Negreira






jueves, 17 de mayo de 2018

NO DÍA DAS LETRAS GALEGAS-1984






Dábanse bico-las pombas,
voaban as anduriñas
xogaba o vento c´os as herbas,
pobradas de margaridas
y as lavandeiras cantaban
mentra-la fonte corría.
..
                         Rosalía de Castro


Aquela mañá do 17 de maio de 1984 todos puidemos admirar os fermosos murais cos que o alumnado do Colexio Público de O Coto decorou o peche do Centro ao longo da Rúa Rosalía de Castro, para conmemorar o Día das Letras Galegas. Foran dous días de intenso traballo pero deixaron a súa pegada ao longo dos anos, lanzando a mensaxe aos que por alí pasaban.


A Real Academia Galega declarou en 1963 a homenaxe aos escritores que destacaran na creación literaria e no apoio e a difusión da Lingua Galega, elixindo esta data do 17 de maio, aniversario da publicación en Vigo de Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro, primeira escritora a quen se lle adicou esta conmemoración.


Pero é tamén a festa da Lingua pois é esa a manifestación senlleira da Cultura dunha comunidade, dun xeito de ser e de vivir, froito de séculos de Historia, na que funde as súas raices para tomar a sabia vizosa que fai que un pobo medre e se expanda entrando na modernidade, co fin de acadar a meirande cota de benestar dos seus membros. As linguas son un dos maiores patrimonios culturais da sociedade, deben convivir entre elas compartindo verbas e expresións o que contribúe ao seu enriquecemento. Chega botar unha ollada ao Diccionario da Real Academia Española de La Lengua para constatar que unhas 4.000 palabras árabes figuran nel como vocablos, dende albañil, azulejo ou baldosa ata azucar, arroz ou zanahoria, pasando polo alcohol, jarabe ou alambique. Moitas delas tamén incorporadas á lingua galega. E non foron froito da presión exercida por ese pobo senón porque convivían entre si cristiáns, musulmáns e xudeos e había que entenderse.


O poeta Ardeiro falando na inauguración da Rúa Castelao

O soleado 17 de maio de 1984 os alumnos dos centros públicos e privados do Concello participaron en tódolos actos que se foron desenvolvendo nesa xornada. Primeiro a Inauguración da Rúa de Castelao que por acordo plenario pasaba de ser a prolongación da Rúa do Carmen a recordar ao insigne rianxeiro. O acto contou coa asistencia das autoridades, persoeiros do mundo da cultura, asociacións comarcais e veciños .

Logo, no Parque do Coto, tivo lugar o Festival da Asociación Cultural Afonso Eáns na que se fixo entrega de premios aos rapaces e rapazas gañadores do Concurso de Contos dese ano, que foi amenizado por un grupo floklórico da localidade e a Rondalla do Colexio de Brión.

Ao ser a data un día lectivo, máis de mil rapaces participaron nos actos.












martes, 8 de mayo de 2018

O MAIO



Festa dos Maios-Pontevedra 2018


Ahí ven o maio
de frores cuberto....
Puxéronse á porta
cantándome os nenos;
i os puchos furados
pra min estendendo,
pedíronme crocas
dos meus castiñeiros.

Pasai, rapaciños,
calados e quedos;
que o que é polo de hoxe
que darvos non teño.
Eu sonvos o probe
do pobo galego:
pra min non hai maio,
pra min sempre é inverno!...

Cando eu me atopare
de donos liberto
i o pan non mo quiten
trabucos e préstemos,
e como os do abade
frorezan meus eidos,
chegado habrá entonces
o maio que eu quero.

Queredes castañas
dos meus castiñeiros?...
Cantádeme un maio
sin bruxas nin demos;
un maio sin segas,
usuras nin preitos,
sin quintas, nin portas,(1)
nin foros, nin cregos.


MANUEL CURROS ENRÍQUEZ
Aires da Miña Terra

1880



(1) Dereito de portas ou portádegoo. Tributo por pasar por determinados camiños públicos.



lunes, 30 de abril de 2018

CONCELLO DE NEGREIRA: AS TRECE CASAS CONSISTORIALES







A sede actual do Concello de Negreira foi trasladada ao edificio da antiga cárcel na Rúa do Carmen no ano 1982 sendo Alcalde José D. Vidal Martínez, cambio que non estivo ausente de polémica polo enfrontamento cos demais rexidores do Partido Xudicial, durante as negociacións para adquisición do edificio do que Negreira era copropietario, propiciando que na visita que o presidente da Xunta de Galicia, D. Gerardo Fernández Albor, se negara a ser recibido na actual Casa Consistorial a petición dos outros catro Alcaldes polo que tivo que facerse o acto oficial no Centro Municipal de Bacharelato.(1)
Este foi o decimoterceiro cambio que sufriu a Casa Consistorial ao longo da súa Historia, tantos como membros ten a Corporación Municipal na actualidade.

Os actuais concellos son froito da Constitución de Cádiz do ano 1812, que nos artigos 309 e 310 (Título VI, Cap. I) recollen que para o goberno interior dos pobos haberá axuntamentos nos que non o teñan e que por si ou coa súa comarca cheguen ás mil almas, pero nos dous anos seguintes non poideron ser constituídos pola Guerra da Independencia contra os invasores franceses.(2)

Tampouco nos outros seis, pois ao regreso de Fernando VII de Francia, onde fora retido por Napoleón, implantou o Absolutismo, suprimiu a Constitución e volveu a restaurar os antiguos señoríos e o Tribunal da Inquisición, así como outras medidas anteriores á aprobación da Carta Magna.

-Coa sublevación do Coronel Riego en Cabezas de San Juan (1920) o Rei é obrigado a xurar a Constitución e durante o chamado Trienio Liberal, no ano 1821 créase o Concello de Barcala, formado polas parroquias actuais de A Baña e Negreira. No 1836 dívídese, formando o de A Baña e o de Aro. Situándose a capitalidade deste último na referida parroquia onde permaneceu durante catro anos.(3)

O avogado e escritor Xulián Magariños, nun artigo publicado no xornal comarcal La Voz de Barcala en xaneiro de 1934 recolle todos os traslados da Casa do Concello que se produciron a partir da creación do Concello de Aro, que foron froito da convulsa situación política de España nos séculos XIX e comenzos do XX e que se reflectiron na localidade cos enfrontamentos entre os conservadores e os liberales (4).

-O 20 de outubro de 1840 coa caída dos conservadores e a marcha da Raíña Nai, accede o Xeneral Espartero á Rexencia, producíndose tamén un cambio no Concello entrando a gobernar D. Roque Ferreiro Hermida, administrador do Pazo do Cotón, propiedade do Conde de Hervias, e instalando as oficinas municipais no Pazo.

-A sede municipal na Vila durou só un ano pois en novembro do 1841 trasladouse de novo a Corporación a Aro, ao edificio propiedade de Cipriano Pais, cunha renda de 240 reais.

- No ano 1849, coa insistencia de D. Roque Ferreiro por recuperar a capitalidade retornou de novo a Negreira, instalándose xunto co Cuartel da Guardia Civil no edificio da súa propiedade situado nun extremo da Rúa do Carmen.

-Ao seguinte, no 1850, o Concello restablécese de novo en Aro, onde permaneceu durante catro anos.

Casa do Concello no Pazo

-En agosto do 1853, ao ser Negreira cabeceira do Partido Xudicial dese nome que fora creado o 21 de abril de 1834, solicítase ao Goberno Civil da provincia un novo traslado, informado positivamente pola Corporación Municipal presidida por D. Domingo Maceiras, coa finalidade de que a capitalidade xudicial coincidira coa municipal e que adoptara o nome de Concello de Negreira, co mesmo nome do Partido, sendo comunicada a aprobación o 26 de xullo polo Ministro da Gobernación, fixándose a súa ubicación no Pazo do Cotón. A partir desa data  pasou a denominarse Concello de Negreira. Posteriormente e froito dos avatares políticos  seguiu sufrindo outros cambios.

-Coa caída de O´Donnell en 1866, tamén cae o xefe local D. Roque Ferreiro tomando o poder o representante dos moderados de Narváez D. Antonio Fabeiro Gorgal, destituíndo aos funcionarios municipais e nomeando alcalde a D. Francisco Calviño, acordando un novo traslado ao Edificio da Cárcel (Rúa do Carmen) pois como consecuencia da supresión do Xulgado de Primeira Instancia atopábanse libres as súas dependencias.

-Cinco anos máis tarde, no 1872, ao ser reposto de novo o Xulgado, a Corporación Municipal presidida polo Alcalde D. Francisco Antonio Rey tomou o acordo de voltar ao Pazo do Cotón, decidindo co que era xa dono do mesmo D. Roque Ferreiro Hermida, que o tiña mercado por 14.000 escudos, o seu arrendamento tamén por 240 reais.

-Pero no 1884, coa chegada ao poder de Cánovas del Castillo, D. Roque perdeu o control político do Concello asumíndoo de novo D. Antonio Fabeiro Gorgal, trasladando as oficinas municipais ao seu domicilio no Camiño da Igrexa.

-O 23 de novembro do 1885, ao producirse a morte de Alfonso XII e a caída de Cánovas del Castillo, accede ao Goberno de España D.Práxedes Mateo Sagasta coa conseguinte perda de poder de D. Antonio Fabeiro Gorgal sustituíndoo de novo no mando D. Roque que levou outra vez as oficinas municipais ao seu Pazo onde permaneceron durante 41 anos.

-Como consecuencia da Dictadura do Xeneral Primo de Rivera suben ao poder municipal os Agrarios co alcalde Manuel Ruso Alonso ao frente e trasladan, no ano 1927, as oficinas do Pazo á Rúa da Cachurra, á vivenda propiedade de D. Francisco Leis.


Carreira de San Mauro


-No 1933, durante a II República, sendo alcalde D. Victoriano Fabeiro ubícase o Concello no edificio adquerido ao efecto na Carreira de San Mauro, onde está a actual Casa da Cultura, permanecendo alí durante 49 anos, ata que foi trasladado de novo as actuais dependencias na Rúa do Carmen, antigo edificio da Cárcel e do Xulgado de 1ª Instancia de Negreira no ano 1982.(5)




FONTES DOCUMENTAIS :

(1)-La Voz de Galicia . 11,12 e 16 de maio de 1982.

(2)-Constitución Política de la Monarquía Española Promulgada en Cádiz a 19 de Marzo de 1812.Editorial Maxtor. Valladolid.

(3)-Xosé Fariña Jamardo : Os concellos galegos. Tomo VI .Fundación Barrié

(4)-Xulián Magariños Negreira. Un home da Época Nós. X. Amancio Liñares Giraut e Blanca Ana Roig Rechou. Edicións do Castro.

(5) Libros de Actas de Plenos. Concello de Negreira





miércoles, 25 de abril de 2018

A LIBERDADE É UNHA COMETA....





Para conmemorar o quinto aniversario do pasamento do escritor, economista e intelectual JOSÉ LUIS SAMPEDRO celebrouse o pasado 3 de abril na Biblioteca que leva o seu nome, no madrileño barrio de Chamberí, un fermoso acto presentado pola súa viuda Olga Lucas. José Luis ademáis de brillante novelista foi un intelectual lúcido e comprometido que comparaba á libertade das persoas coas cometas.

A cometa foi un dos xoguetes preferidos dos rapaces doutra época. Para a súa construcción, daquela os Reis Magos viñan unha soa vez e non para todos, había que dispor dos materiais: cumpría conseguir unha cana de escoba para fabricar a estructura con todos os elementos dispostos xeométricamente, botar varios veráns á caza dos tutos dos foguetes que os días de festa caían do ceo, en competición co resto dos compañeiros; deses tutos sacábase o cordel que forraba o recipiente da pólvora para ir envolvéndoo nun pau. Da cantidade de cordel dependía logo que a cometa voara máis ou menos alto. Para a construcción, unha vez cuberta con papel de celofán de cores, cumpría colocarlle os tirantes e o rabo, tamén de fragmentos de papel amarrados ao longo del.

O proceso de fabricación das cometas precisaba dunha habilidade e unha constancia da que non dispoñían todos os rapaces. Pero a liberdade humana requeriu dun proceso moi longo, séculos e séculos de sometemento da maioría das poboacións á tiranía das clases máis poderosas. Millóns de persoas que sacrificaron as súas vidas e tremendos sufrimentos para conquerir ese dereito fundamental recollido nos Principios da Revolución Francesa: Liberté, Egalité, Fraternité. E logo na Declaración Universal dos Dereitos Humanos, aínda que na maioría dos países non se teña  hoxe.


QUE VOA SI ESTÁ ATADA





Dicía J. Luis Sampedro que si lanzas a cometa ao aire non voa pero si a atas resistirá ao vento e subirá. O cordel é a libertade responsable frente aos demais, porque os dereitos das persoas rematan onde comenzan os dos outros. A base da democracia consiste en elaborar unhas leis entre todos e logo alguén que as faga cumprir. Os dereitos e as obrigas son un matrimonio indisoluble, si non cumpres coas leis os dereitos pérdense. É a corda que fai que a liberdade poida acadar cotas cada vez máis elevadas.


As consecuencias da política dos modernos “libertarios” que só pretenden os seus dereitos, hai que buscalas na Historia dos anos trinta do pasado século e a axuda indirecta que supuxo para rematar coa democracia que os sectores máis ilustrados da nosa sociedade pretenderon construír.


Nós, dicía o tamén membro da Real Academia Española de la Lengua, temos que educar en contra da mala educación que nos dan. Educación para formarse e non para a eficacia.  








martes, 17 de abril de 2018

POEMAS DE MANUEL RODRÍGUEZ





O pasado 8 de marzo o Concello de Negreira adicaballe o Día da Muller Traballadora a Sofía Rodríguez, nun acto de homenaxe á muller que finou un mes antes de que se lle tributara tan merecido recoñecemento, a que pasou a súa vida educando aos máis pequenos. Case un mes despois finaba tamén a súa irmá Carmiña.

Ese día contabamos como todos os irmáns axudaban na labor docente da Escola da Revisora: Purita, José autor dos poemas que publicamos neste Blog hai agora un ano e Manuel, aquel mozo que polo verán nos ensinaba  Xeografía no mapa que debuxaba no campo e que xa ten superado as nove décadas dunha vida chea de fortalezas. Hoxe remitiume unha ducia de poemas do seu libro Anduriñas nos que reflicte a nostalxia de vivir lonxe da súa terra. Recollo eiquí un deles, en homenaxe a esta querida familia.





Nin chorando nin xemindo

Alexeime dos teus campos
dos teus ríos e das fontes,
de ise ceiño estrelado,
de isa quietude da noite;
de ises ventiños norteiros
que veñen afusquiñados,
coma fuxindo dos demos
para quedar no chan sagrado .

Das augas moinas que caen
e regan os teus encantos
docemente, aloumiñando
coma facendo o miragre,
que Deus elixiu o Ceio
rincón tan privilexiado,
que vos bendice e non sei
si quedas grorificado.

Pero si sei na saudade
recoñecer a virtude
para quererche máis e máis,
e sentir esa inquedume,
dos recordos que me afrixen
cada día e cada instante,
e soio unha espranza humilde
poidera ser que me salve.

Non escoito os paxariños
que ó xurdir como amapolas
aló, de mañá moi cedo
fan chirrio entre as follas
dos carballos e ameneiros;
intras xestas e toxales
de ises montes sempre cheos
de vida por todas partes.

Non vexo os campos cas frores
que aledan o meu esprito,
que se alcontra enfermo lonxe
de ises ventos solermiños
dos que me alexei un día
e vou chorando por vida.

Pra pior desgracia miña:
¡Que lonxe deles non viva!
Quixera ser coma o trono
que espertando ós máis durmidos,
levaran aos meus saloucos
para os deixar no chan querido.

Aliviar esta tormenta
de penas que levo dentro,
e que as nubes non alexan
nin chorando nin xemindo.


                                                 Manuel Rodríguez Rodríguez









martes, 20 de marzo de 2018

BALADAS





Pareime diante da cristaleira unha mañá de finais do inverno, cando un tímido sol anunciaba a chegada da primavera. Chamoume a atención o enxeño do escaparatista presentando os produtos que se venden naquela tenda, alleos ao arte de Euterpe. A relucente trompeta, as partituras e a actitude relaxada da moza que escoita forman un conxunto no que parece transmitirnos que nesa cidade todas as artes forman un só corpo para o disfrute dos sentidos.

Mestres miraba atentamente esta creación ornamental chegaba ata alí os sons do cambio da garda da Almudaina, a que foi fermosa residencia dos emires de Palma e nos séculos XIV e XV dos reis de Mallorca.



A poucos metros o Sol proxectaba nas columnas da Seo as cores dos cristais dos fermosos rosetóns góticos, pasando dunha a outra segundo o movemento de rotación do noso planeta íalle indicando, resaltando a beleza e o estilo da catedral. Nas mesmas datas do ano 1838 o músico polaco de ascendencia francesa Chopin admiraba o espectáculo na compaña da escritora George Sand que asinaba as súas creacións literarias con nome masculino.

Fryderyk Chopin decidiu pasar os meses de finais de inverno dese ano en Mallorca na compaña da escritora que aproveitou para narrar algunhas das peripecias sufridas durante a súa instancia na illa mentres o músico transformaba en melodía os sons do seu piano Pleyel, ceibándoas ao ar pola fiestra da súa cela da Cartuxa de Valldemossa, para que se xuntaran co arrecendo da flor das laranxeiras e a claridade do sol que acariñaba as plantas da súa terraza. Tamén para agasallo dos que agora disfrutamos das súas fermosas composicións. Alí escribía ao seu amigo Fontana: ”Mándoche os Preludios. Volvede a copialos, Wolf e ti....Dentro dunhas semanas recibirás a Balada, unhas Polonesas e un Scherzo.... Vivo na miña cella. De vez en cando disfruto dunhas danzas árabes, un sol africano e un mar Mediterráneo". 


Terraza da cella


Cando Chopin fala das súas obras refírese á Balada en fa menor (op.38 nº 2) adicada a Schumann, a dúas Polonesas, en la maior e do menor, adicadas a Julien Fontana e o Scherzo en do sostido menor, adicado a Adolph Gutmann.

A descripción que George Sand fixo da súa estancia en Valldemossa, na compaña de Chopin, foi publicada en La Revue des Deux Mondes en xaneiro, febreiro e marzo do ano 1841 obtendo un gran éxito e volveu a aparecer no 1842 co título Un inverno en Mallorca.








Fotografías : J. Manuel López Tuñas



jueves, 8 de marzo de 2018

SOFÍA QUERE DICIR SABEDORÍA






Hoxe é o Día da Muller, unha data importante pola homenaxe que se lle tributa, pois foron elas as que sempre levaron o peso da familia e do traballo especialmente cando o home emigraba e soas facían frente á vida, cargando con todas as responsabilidades.
A primeira celebración do Día Internacional da Muller Traballadora tivo lugar o 19 de marzo de 1911 en Alemania, Austria, Dinamarca e Suiza e a súa conmemoración foise estendendo, dende entón a numerosos países.
En 1972 a Asamblea Xeral das Nacións Unidas declarou o ano 1975 Ano Internacional da Muller e no ano 1977 convidou a todos os Estados a declarar, conforme as súas tradicións históricas, un día como Día Internacional por los Derechos de la Mujer y la Paz Internacional.
Así que este día serve para celebrar os dereitos conquistados polas mulleres e lembrar o longo camiño que aínda queda por percorrer para lograr unha auténtica igualdade entre as persoas.

É de agradecer que o Concello de Negreira escollera esta data para homenaxear a Sofía Rodríguez, unha traballadora exemplar, muller culta (en grego “sofía” quere decir sabeduría), intelixente, solidaria e modesta coma as persoas realmente importantes, pero sobre todo traballadora, dende a súa infancia ata o último día dos seus noventa anos, o traballo foi o seu compañeiro. Hoxe hai xusto un mes que Sofía partiu, de súpeto, en silenzo, sen esperar siquera a homenaxe que se lle ía tributar. Pola súa escola pasamos xeneracións de nenos e nenas que comezamos a nosa andaina educativa  na Escola da Revisora. Sofía foise pero queda nos nosos corazóns e na semente que deixou nos escolantes e que se foi transmitindo a través das familias.

Cando o señor Manuel e a señora Francisca chegaron a Negreira el comezou a traballar nos autobuses da Empresa El Celta e ela puxo escola no seu domicilio da estrada de Ceilán, na  saída do pobo cara A Baña. Fomos centos e centos de nenos e nenas os que alí demos os nosos primeiros pasos escolares, nunha etapa escura para a Educación, na que a segregación de sexos era obrigatoria e nas escolas os mestres tiñan que atender a numerosos alumnos nunha precariedade extrema e cun sistema educativo onde, ás veces, a violencia e o medo eran o único método de aprendizaxe. 

Co seu alumnado

Á Escola da Revisora iamos cada día felices e contentos, nela aprendiamos cantando. Ao comenzo das clases diante dos mapas todo o grupo ía repetindo distintas melodías e sempre con rima: “Extremadura dos: Cáceres y Badajoz” ...Logo Sofía continuou a laboura da súa nai, ás veces coa axuda periódica dos irmáns, Purita, Carmen, José...

No verán cando chegaba Manolo,  nas tardes de calor, agarraba os instrumentos didácticos: unha bursa de serrín, un sacho e o caldeiro de latón e levábanos ao monte no lado da presa de Longueira onde nos sentabamos á sombra dos carballos mentres, con pulso firme, trazaba co serrín o perfil da Península Ibérica, un dos maiores cavaba co sacho un canal ao longo do mapa verde e outro enchíao coa auga da presa : era o mar. Para ledicia de todos alí comezaba o exame.  Cunha vara longa había que ir sinalando onde dicía, cabos, golfos, cordilleiras e provincias. Xa todos tiñamos fixados os mapas na nosa memoria, malia a nosa curta idade. 

Na escola de Sofía tamén se educaba en valores: as normas de comportamento eran importantes, o respeto aos compañeiros e compañeiras , ás persoas maiores, e o aprender que os dereitos de un rematan onde empezan os dos demáis. Nunca vin unha pelexa nin faltar ao respeto uns a outros . As nenas eran iguais que os nenos e todo iso nunha sociedade na que o ensino das rapazas consistía fundamentalmente en aprender a ler, escribir, contar e rezar. Porque Sofía formaba parte dunha familia de persoas cultas que valoraban os coñecemento e o arte, que gustaban de ler, escribir poemas, pintar ou esculpir, así eran todos os irmáns e iso era o que nos trasmitían.

Sofía diante da súa casa-escola

Sofía viviu soa, e a súa casa tiña sempre durante o día as portas abertas, ela sabía que o máis importante ninguén llo podía roubar: o coñecemento e a cultura . Persoa solidaria e sinxela que escoitaba atentamente a todos e xamais interrumpía no falar, foi sementando entre o seu numeroso alumnado toda unha serie de valores que seguen multiplicándose a través das familias. Tamén modesta pois podendo gozar dunha vida  chea de comodidades elixiu vivir de xeito sinxelo, só para o traballo, e continuar co seu labor ata os noventa anos.O único luxo que tiña era unha radio, coa que se mantiña perfectamente informada do acontecer sociopolítico.

Hai un mes que Sofía nos deixou, tranquilamente, como era ela, pero queda un tremendo patrimonio educativo dentro das familias dos que pola súa escola pasamos, por iso continuará viva para sempre na memoria deste pobo.

Esta homenaxe que se tributa a unha muller exemplar tamén o é para o resto das mulleres que foron e son un exemplo de traballo e dedicación, unha chamada de atención para recordar a igualdade de dereitos entre as persoas, o respeto que se merecen pola súa dignidade e condición.




     FONTE: Fotos 2 e 3 cedidas pola familia Rodríguez e facilitadas por Natalia Suárez.