jueves, 17 de mayo de 2018

NO DÍA DAS LETRAS GALEGAS-1984






Dábanse bico-las pombas,
voaban as anduriñas
xogaba o vento c´os as herbas,
pobradas de margaridas
y as lavandeiras cantaban
mentra-la fonte corría.
..
                         Rosalía de Castro


Aquela mañá do 17 de maio de 1984 todos puidemos admirar os fermosos murais cos que o alumnado do Colexio Público de O Coto decorou o peche do Centro ao longo da Rúa Rosalía de Castro, para conmemorar o Día das Letras Galegas. Foran dous días de intenso traballo pero deixaron a súa pegada ao longo dos anos, lanzando a mensaxe aos que por alí pasaban.


A Real Academia Galega declarou en 1963 a homenaxe aos escritores que destacaran na creación literaria e no apoio e a difusión da Lingua Galega, elixindo esta data do 17 de maio, aniversario da publicación en Vigo de Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro, primeira escritora a quen se lle adicou esta conmemoración.


Pero é tamén a festa da Lingua pois é esa a manifestación senlleira da Cultura dunha comunidade, dun xeito de ser e de vivir, froito de séculos de Historia, na que funde as súas raices para tomar a sabia vizosa que fai que un pobo medre e se expanda entrando na modernidade, co fin de acadar a meirande cota de benestar dos seus membros. As linguas son un dos maiores patrimonios culturais da sociedade, deben convivir entre elas compartindo verbas e expresións o que contribúe ao seu enriquecemento. Chega botar unha ollada ao Diccionario da Real Academia Española de La Lengua para constatar que unhas 4.000 palabras árabes figuran nel como vocablos, dende albañil, azulejo ou baldosa ata azucar, arroz ou zanahoria, pasando polo alcohol, jarabe ou alambique. Moitas delas tamén incorporadas á lingua galega. E non foron froito da presión exercida por ese pobo senón porque convivían entre si cristiáns, musulmáns e xudeos e había que entenderse.


O poeta Ardeiro falando na inauguración da Rúa Castelao

O soleado 17 de maio de 1984 os alumnos dos centros públicos e privados do Concello participaron en tódolos actos que se foron desenvolvendo nesa xornada. Primeiro a Inauguración da Rúa de Castelao que por acordo plenario pasaba de ser a prolongación da Rúa do Carmen a recordar ao insigne rianxeiro. O acto contou coa asistencia das autoridades, persoeiros do mundo da cultura, asociacións comarcais e veciños .

Logo, no Parque do Coto, tivo lugar o Festival da Asociación Cultural Afonso Eáns na que se fixo entrega de premios aos rapaces e rapazas gañadores do Concurso de Contos dese ano, que foi amenizado por un grupo floklórico da localidade e a Rondalla do Colexio de Brión.

Ao ser a data un día lectivo, máis de mil rapaces participaron nos actos.












No hay comentarios:

Publicar un comentario