miércoles, 25 de abril de 2018

A LIBERDADE É UNHA COMETA....





Para conmemorar o quinto aniversario do pasamento do escritor, economista e intelectual JOSÉ LUIS SAMPEDRO celebrouse o pasado 3 de abril na Biblioteca que leva o seu nome, no madrileño barrio de Chamberí, un fermoso acto presentado pola súa viuda Olga Lucas. José Luis ademáis de brillante novelista foi un intelectual lúcido e comprometido que comparaba á liberdade das persoas coas cometas.

A cometa foi un dos xoguetes preferidos dos rapaces doutra época. Para a súa construcción, daquela os Reis Magos viñan unha soa vez e non para todos, había que dispor dos materiais: cumpría conseguir unha cana de escoba para fabricar a estructura con todos os elementos dispostos xeométricamente, botar varios veráns á caza dos tutos dos foguetes que os días de festa caían do ceo, en competición co resto dos compañeiros; deses tutos sacábase o cordel que forraba o recipiente da pólvora para ir envolvéndoo nun pau. Da cantidade de cordel dependía logo que a cometa voara máis ou menos alto. Para a construcción, unha vez cuberta con papel de celofán de cores, cumpría colocarlle os tirantes e o rabo, tamén de fragmentos de papel amarrados ao longo del.

O proceso de fabricación das cometas precisaba dunha habilidade e unha constancia da que non dispoñían todos os rapaces. Pero a liberdade humana requeriu dun proceso moi longo, séculos e séculos de sometemento da maioría das poboacións á tiranía das clases máis poderosas. Millóns de persoas que sacrificaron as súas vidas e tremendos sufrimentos para conquerir ese dereito fundamental recollido nos Principios da Revolución Francesa: Liberté, Egalité, Fraternité. E logo na Declaración Universal dos Dereitos Humanos, aínda que na maioría dos países non se teña  hoxe.


QUE VOA SI ESTÁ ATADA





Dicía J. Luis Sampedro que si lanzas a cometa ao aire non voa pero si a atas resistirá ao vento e subirá. O cordel é a libertade responsable frente aos demais, porque os dereitos das persoas rematan onde comenzan os dos outros. A base da democracia consiste en elaborar unhas leis entre todos e logo alguén que as faga cumprir. Os dereitos e as obrigas son un matrimonio indisoluble, si non cumpres coas leis os dereitos pérdense. É a corda que fai que a liberdade poida acadar cotas cada vez máis elevadas.


As consecuencias da política dos modernos “libertarios” que só pretenden os seus dereitos, hai que buscalas na Historia dos anos trinta do pasado século e a axuda indirecta que supuxo para rematar coa democracia que os sectores máis ilustrados da nosa sociedade pretenderon construír.


Nós, dicía o tamén membro da Real Academia Española de la Lengua, temos que educar en contra da mala educación que nos dan. Educación para formarse e non para a eficacia.  








No hay comentarios:

Publicar un comentario