jueves, 26 de enero de 2017

O BANDEIRÍN





Aquela tarde de verán foron os primeiriños en chegar, baixaron da furgoneta de Pepe de Patiño no medio daquel fermoso piñeiral de San Miguel de Reinante e entraron polo arco que se abría á explanada. Acordaran viaxar xuntos para amenizar as horas de coche polas tortuosas estradas de acceso á mariña luguesa. Elixiron o pavillón que máis lle gustaba e deixaron os bolsos enriba das literas, saíndo a visitar as instalacións e achegarse aos cantís da praia da Devesa, respirando a brisa daquel mar, moito máis rebuliderio que o das rías baixas ó que estaban afeitos.

De volta no campamento outro grupo ocupara as liteiras que deixaran baleiras. Os novos contaron que eran de Santiago e, pouco a pouco, ás primeiras verbas seguiron as presentacións. Eran mozos de cidade, dous deles coñecidos pola súa afección ao atletismo. Comezaba unha convivencia inesquecible que aínda perdura na memoria de moitos. Pola súa orixe decidiron poñer ao seu grupo Os Xacobeos.

Eran todos futuros mestres e estaban alí para facer o curso de Instructores de Educación Física ademáis de ser instruídos no que o Réxime denominaba Formación do Espíritu Nacional. A primeira mañá xa estaban formados no patio central, coa roupa deportiva para o izado das bandeiras, o discurso de presentación do Xefe do Campamento e os comentarios retranqueiros e polo baixo sobre as pernas daqueles homes vestidos de pantalón curto. Os organizadores das actividades tíñano todo programado e alternaban a E.Física con outras moito máis orientadas á persuasión ideolóxica e política.


A consigna de cada día era explicada polo Xefe, tiña que ser desenvolvida a través de murais, frases e debuxos de xeito repetitivo, utilizando as mellores técnicas propagandísticas para que os mozos aprenderan a conformar o seu pensamento e discurso. A comunicación persuasiva baseada na retórica da repetición que utiliza a publicidade, a propaganda e as campañas de desprestixio individuais ou colectivas.

Ao final do día o grupo que máis destacara era homenaxeado coa entrega do bandeirín, acto que se densenvolvía entre os aplausos de todo o campamento. A enseña gardábana ata o día seguinte, no que novamente se premiaría ó máis sobresaínte. O disfrute daquelas xornadas e a convivencia foi o obxectivo que se propuxeron Os Xacobeos que nunca se preocuparon por acadar o agasallo dos máis aplicados. O día que rematou a estancia foron felicitados públicamente por non caer “en motivacións máis apropiadas para nenos de once anos que para futuros mestres”. Toda unha lección


          Campionatos Escolares  ( Foto Concello de Santa Comba)

Aqueles mozos pasaron a educar a xeneracións de xóvenes, fomentando neles, ademáis doutros valores, o espírito deportivo. Froito desa dedicación foron os Campionatos Escolares que contribuiron á práctica do deporte de base e de élite, xa que daquela eran os colexios os que promovían este tipo de  actividades. 

Malia estar xubilados, algún deles aínda concorre ás carreiras populares onde o atopo cos seus grupos deportivos.








sábado, 21 de enero de 2017

O PAZO DA ALBARIÑA : Entre a lenda e a liñaxe





O Pazo da Albariña, chamado tamén de Varela ou do Capitán é, xunto ao Pazo do Cotón, unha das máis fermosas edificacións históricas do Val de Barcala. Situado no lugar da Chancela, parroquia de Logrosa do Concello de Negreira, mírase dende hai séculos na ribeira do río Tambre. A súa estructura fainos recordar as edificacións fidalgas que dende a baixa Idade Media proliferaron en Galicia.

O escritor Eugenio Carré Aldao (A Coruña, 1859-1932) sitúa neste pazo a lenda de Munia e Bernaldo. O xefe da fortaleza sae para a guerra á chamada do Rei na compaña do cabaleiro mentres a muller deste, a ama Munia, queda ao cuidado do fillo do señor. Pero un día de tormenta, cando paseaba co rapaz no colo pola beira do Tambre ao abeiro dos carballos, co estrondo dun trono o meniño esbara dos seus brazos caendo nas augas escuras do río mentres a muller berra entolecida chamando polo pequeno que desaparece arrastrado pola corrente.

Munia, tremando de medo, non se atreve a retornar ao castelo porque sabe que para ela non haberá perdón polo pecado do seu descoido e que o castigo será a causa da súa morte.

Cando o seu home Bernaldo retorna na compaña do señor e ó abrazala escoita dos seus beizos a desgraza da morte do neno, entende que para a súa muller non haberá clemencia. A xente armada acude á choza onde se refuxiara Munia e Bernaldo soborna ao xefe da tropa e convénceo de pagar el polo dano involuntario causado por Munia. Pero cando o verdugo baixa o machado para cortarlle a cabeza, nun movemento repentino, Munia coloca a súa ao lado nun derradeiro bico e dun so golpe rodan as dús cabezas.

A lenda remata cos corpos soterrados nun lugar onde naceron dous piñeiros que nos días de vento xuntan as súas copas axitándose queixosos na beira do camiño en recordo de Munia e Bernaldo.

O certo é que a realidade histórica e documentada recolle que o primeiro dono coñecido do Pazo foi Amaro López e por herencia pasou ao seu neto Juan Antonio López Fernández, nado en 1713, que casou con Ángela Suárez de Leis. O seu fillo Gregorio López Fernández de Leis, nado no pazo en 1772, casou con Mª Josefa Posse y Romero e foi o seu primoxénito Juan López de Leis (1805) o que obtivo executoria de fidalguía na Real Chancellería de Valladolid no ano 1827.

Como Juan morreu sen descendencia o Pazo da Chancela pasou a súa irmá Carmen López de Leis y Posse de Castro, casada con José Varela de Limia, chegando tamén por herdanza a José Varela de Limia y Méndez, casado coa Vizcondesa de San Alberto, Segunda Pais Gutiérrez. A súa filla Pilar, casada co Conde de Torre-Cedeira, Felipe Bárcena, procedeu a súa venda aos actuais propietarios a familia García Nimo.


Os brasóns dos Leis e os Varela están nos lados da porta de entrada ( Foto Concello de Negreira)

O Pazo da Albariña, situado nun fermoso entorno poboado de carballos centenarios é un dos edificios máis fermosos e mellor conservados do patrimonio histórico do Val de Barcala.





BIBLIOGRAFÍA : Torres, Pazos y Linajes de La Provincia de La Coruña. Carlos Martínez Barbeito . Diputación de A Coruña - 1978.






jueves, 5 de enero de 2017

POR EL CINCO DE ENERO




                                                                                      Negreira - 1986


……
Por el cinco de enero
en la majada mía
mi calzado cabrero
a la escarcha salía.
…….

 (Miguel Hernández)



Hoxe é noite de deitarse cedo  para os nenos que agardan inquedos  a chegada dos Reis Magos, no vaia ser….

A chegada dos Reis, o 6 de xaneiro,  é unha antiga tradición no occidente cristián. Noite de ilusión infantil e de sono inquedo polas pisadas dos camelos que cada ano parecen escoitarse. A maioría colocarán os seus zapatos na fiestra  ou debaixo dese piñeiro de cores  con que en moitas  casas se recibe a chegada do Nadal. Ou a carón do Nacemento, onde a tradición aínda perdura.

A primeira referencia ós  Reis Magos atopámola no Evanxeo de San Mateo: “. ...E  uns “magos” viñeron de Oriente a Xerusalén E ó ver ó neno coa súa nai María, puxéronse de xeonllos, adorárono e abrindo os seus tesouros ofrecéronlle ouro, incienso e mirra”. Logo, fixéronse  numerosas especulacións sobre o seu lugar de procedencia e o número deles.

Catedral de Colonia:Reliquias dos Reis Magos
Según Tertuliano eran orixinarios de Arabia e o español Prudencio, no século IV, que  das beiras do Golfo Pèrsico. O certo é que estas afirmacións  aceptáronse como válidas xa que así se representaba o seu aspecto  nas catacumbas de San Pedro en Roma e aínda que se descoñecen os seus nomes e cantos eran, unha tradición posterior atribuiulles os de Melchor, Gaspar e Baltasar.

Cóntase que ós Magos  convertiunos Santo Tomás e logo sufriron martirio. Os seus restos foron levados a Milán e no século XIII trasladados á  catedral de Colonia onde se gardan os seus cráneos nunha espléndida furna de ouriveiría.

Por iso hoxe saen ás rúas  as fachendosas cabalgadas nas que as SSMM reparten sorrisos, ilusións e esperanzas á rapazada das nosas cidades e pobos. Pola noite aparecerán os agasallos  para os que foron  bos durante o ano e algún carbón para os que non o  foron  tanto.



      E para os maiores, este fermoso poema de Miguel Hernández.


LAS DESIERTAS ABARCAS

Por el cinco de enero,
cada enero ponía
mi calzado cabrero
a la ventana fria.

Y encontraba los días
que derriban las puertas,
mis abarcas vacias,
mis abarcas desiertas.

Nunca tuve zapatos,
ni trajes, ni palabras:
siempre tuve regatos,
siempre penas y  cabras.

Me vistió la pobreza,
me lamió el cuerpo el río
y del pie a la cabeza
pasto fui del rocío.

Por el cinco de enero,
para el seis, yo quería
que fuera el mundo entero
una juguetería.

Y al andar la alborada
removiendo las huertas,
mis abarcas sin nada,
mis abarcas desiertas.

Ningun rey coronado
tuvo pie, tuvo gana
para ver el calzado
de mi pobre ventana.

Toda gente de trono,
toda gente de botas
se rió con encono
de mis abarcas rotas.
-
Rabié de llanto, hasta
cubrir de sal mi piel,
por un mundo de pasta
y unos hombres de miel.

Por el cinco de enero
de la majada mía
mi calzado cabrero
a la escarcha salía.

Y hacia el seis, mis miradas
hallaban en sus puertas
mis abarcas heladas,
mis abarcas desiertas.