Queridos padres,
hermanos, parientes y convecinos: Desde que, por la iniciativa de
algunos paisanos nuestros, nos hemos constituido aquí en sociedad;
desde que nos hallamos juntos cuantos hemos tenido la suerte de haber
nacido en ese hermoso rincón de Galicia, fue nuestro deseo, y así
lo ejecutamos, sacrificar mensualmente parte de nuestro modesto
haber, a fin de crear y sostener escuelas en el Valle, que sirvan
para que nuestros familiares y convecinos puedan en el porvenir, una
vez educados, ser útiles para sí mismos y para los suyos,
ahorrándoles de esa suerte contrariedades que llevan aparejadas
consigo la falta de instrucción.
Almanaque Gallego para 1909 . La Habana
. pp.143-145
Escola de Cobas |
A emigración galega en
América creou, segundo o profesor da Universidade de Santiago D. Vicente Peña Saavedra, 525
asociacións de carácter instructivo que fundaron e sostiveron en
Galicia 235 colexios con 336 aulas en 186 edificios nun período no
que o ensino público estaba abandonado pola administración do
Estado.
A emigración foi sempre
un problema endémico de Galicia, entre 1870 e 1930 máis de 2
millóns de galegos abandoaron a terra e aínda hoxe a sangría
segue. A situación sociocultural no ano 1900 era dramática, co
67,2% da poboación adulta analfabeta. No ano 1927 estaba
escolarizado o 52 % do alumnado e a metade non asistía.
Os datos do Ministerio de Instrucción Pública e Belas Artes correspondentes ao ano 1908 recollen que Negreira e A Baña tiñan 8 escolas en cada un dos concellos cando según a Lei Moyano correspondíanlle 17 e 16 respectivamente.
Os datos do Ministerio de Instrucción Pública e Belas Artes correspondentes ao ano 1908 recollen que Negreira e A Baña tiñan 8 escolas en cada un dos concellos cando según a Lei Moyano correspondíanlle 17 e 16 respectivamente.
Escola de Seoane |
Os nosos emigrantes en
América, como os do resto de Galicia, foron todo un exemplo de
solidariedade e compromiso coa terra e cos que aquí quedaban. Foron
varias as sociedade creadas no alén mar polos barcaleses: A
Unión Barcalesa, La Moderna de Barcala e La Baña y
su Comarca en Cuba; en Bos Aires La Primera de Barcala,
Sociedad Agraria Instructiva y Mutua del Partido Judicial de
Negreira, Hijos de Negreira y Anexos, Mutualista e
Instructiva del Partido Judicial de Negreira e Agraria y
Mutualista del Partido de Negreira y sus contornos e en
Montevideo Escuela Unión Barcalesa.
Foi a Unión Barcalesa
de La Habana a que acadou maior pulo e que aínda hoxe segue
funcionando nas dependencias do antigo Centro Galego. Nacía en 1907
ao mesmo tempo que a estrea do Himno Galego, na capital cubana, e o
seu labor educativo, asistencial e mutualista é todo un exemplo. En
1922 inaugurábase en Cobas a súa primeira escola, en 1926 a de Aro
e en 1932 a de Seoane. A construcción dos edificios corría a cargo
das cuotas aportadas polos asociados, o salario dos mestres e a
elaboración dos programas escolares inspirados nas modernas
correntes pedagóxicas, en contraste coa escola tradicional
refractaria a toda innnovación e progreso que poidera axudar á
innovación de Galicia.
Escola de Aro |
Tamén La Baña y su
Comarca construiu en S. Vicente o Colexio Cuba (que hoxe ocupan as oficiñas do Xulgado, Rexistro Civil e Correos), La Moderna de Barcala a Escola de Liñaio e o filántropo habaneiro Emilio Balandrón a Escola da parroquia de Portor.
No ano 1993 asinamos, no Centro Galego
da Habana, un documento de entrega das escolas da Unión Barcalesa aos concellos de Negreira e A Baña, acto no que o Presidente D.
Rolando Pérez Palmero manifestou que se facía a entrega das mesmas
xa que foron sufragadas polos barcaleses e que a eles debían pasar.
Hoxe a Unión Barcalesa continúa a
disfrutar de boa saúde e malia as dificultades económicas para
sosterse é a decana das sociedades de Barcala, do que debemos
sentirnos orgullosos.
ALBUM
Centro Galego da Habana |
Veciños de Barcala no Centro Galego-Centenario da Unión Barcalesa-Foto El Correo Gallego |
Directivos de Alén Mar co Presidente da Unión Barcalesa no Centro Galego da Habana |
No hay comentarios:
Publicar un comentario