Na nosa rúa botáronnos
un meigallo. Ou eso é o que comentaban onte unhas veciñas entre
risas por unha bolsa con tres ovos e unhas moedas que dende hai días
está pousada nun dos cruces. O certo é que ninguén a retira e cada
mañá aparece nunha das catro esquinas da encrucillada. Eu díxenlles
que seguramente alguén que foi mercar os ovos esqueciuna no chan e
non volveu a recollela, pero contestáronme con sorna: Si,Si...
O meigallo é unha das
superticións máis antergas de Galicia e ao parecer levábase á
práctica cando as enerxías máis negativas asolagaban a alma de alguén que precisaba liberarse delas botándolle todo o mal á persoa
obxecto da súa xenreira. A miúdo había que acudir a unha meiga
para que a instruira sobre a práctica mais axeitada a cada caso.
Sempre se facía con
nocturnidade nas encrucilladas e as aves eran elementos moi comúns
nestas prácticas da meiguería.
Os cruces de camiños tiveron un carácter máxico nas antigas culturas agrarias. Os
romanos colocaban neles pequenos altares de culto aos deuses Lares e
alí depositaban ofrendas, por eso en Galicia foron
cristianizados cos cruceiros, esas cruces de pedra que aínda hoxe
vemos nos camiños. Cando os enterros eran peatonais sempre se paraba
o cadaleito en todos os cruces para rezar tres padrenuestros pola
alma do difuntiño.
Tamén as aves formaban
parte das prácticas supersticiosas, especialmente os galos.
Hai anos un amigo
agasalloume uns interesantes exemplares editados pola Universidade
da Habana sobre os estudos etnográficos que a profesora Lázara
Menéndez realizou sobre a relixión afro-cubana. As prácticas da
santería están moi arraigadas no Caribe e nunha das viaxes que
fixen a Regla sorprendeume como os galos ó igual que noutras
relixións naturalistas tamén eran un elemento a miúdo presente
nesas cerimonias.
Pero eu mais ben penso
que polos compoñentes da bolsa o “meigallo” da nosa rúa é mais
ben unha pregaria ou ofrenda para curar algún mal.
-Hola buenos días, mi
nombre es Vanesa, ¿en que puedo ayudarle?
-En conmmemorar con
nós o corte de enerxía número cen que acabamos de sufrir hoxe
varios veciños da nosa rúa.
-Xa están fartos de
sabelo! Os ordenadores, descodificadores , conxeladores e outros
aparellos reciben de vez en cando uns calambrazos nas súas partes
máis íntimas que algún deles xa pasou a mellor vida.
-Ah, se trata de una
derivación a tierra provocada por alguién que tiene una avería y
la descarga se produce a través de su toma de tierra; es muy
difícil de localizar porque solo puede hacerse cuando se produce la
descarga. Es conveniente que llamen en el momento de producirse el
corte de suministro para que la brigada pueda localizar al causante
de la misma.
-Pero si xa chamamos
centos de veces!!!!
-Bien, no se preocupe,
voy a tramitarle una reclamación y en el plazo de quince días los
servicios técnicos le informarán de la causa de la derivación.
- !!!!!!!!!!!!!!!!!
¿¿¿¿¿ ¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡
Cando
polos medios racionais non se lle atopa solución aos problemas
algunha xente acude a outros métodos máis inmateriais para ver de
amañalos. Eu tiña unha parente que non acadando solución a algo
acudía a Santa Rita. A pequena imaxe da avogada dos imposibles
acompañouna durante a súa vida e botaba man dela sempre que lle
conviña. Ao parecer o sistema funcionaba e cando non era así
atribuíao a que as pregarias non foran acompañadas do debido
fervor, por eso a santa non tiña a culpa dos fallos.
Penso
que imos ter que facerlle algunha pregaria a San Voltio para ver de
amañar o noso problema con FENOSA se o “meigallo” dese veciño
ocorrente non da resultado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario