viernes, 8 de junio de 2018

OS ARCOS DO COTÓN ESTÁN DE CUMPLE







Os Arcos do Cotón é a construcción máis singular da Vila de Negreira, forman parte do Pazo do mesmo nome e cumpren neste mes de xuño 280 anos. Son os que lle dan ese aspecto monumental ao edificio señorial e o diferencian dos outros que se extenden pola xeografía galega.

O século XVIII comparte en Galicia un periodo de incremento da producción agraria ocasionado pola roturación de novas terras, a introducción de especies procedentes de América, coma o millo, ou o uso do toxo para o estercado das leiras, que deron lugar a un excedente agrario que, ademáis de mellorar a alimentación dos labregos, incrementou a percepción das rendas das terras aforadas pola Igrexa e os fidalgos, xenerando obras nos templos, pazos e cidades e ocupando a milleiros de canteiros en novas construccións e na mellora das xa existentes. Tamén á creación de feiras que deron lugar a aparición de núcleos de poboación.

A parroquia de Negreira dende o ano 1024, no que o rei Afonso V doouna ao señorío de Compostela (“... in territorio célticos ripa Tamaris, Sanctum Iulianum de Nigraria”(1), ao que pagaba as rendas, estaba formada polos lugares de Negreira, ao pé da igrexa parroquial, Negreiroa, Concheiros, Vilachán de Arriba, Vilachán de Abaixo e Campos. Dende o século XIV o Pazo do Cotón era a residencia señorial, situada na marxen esquerda do Río Barcala.


                           ( Cándido Pazos)
D.Gregorio Agustín de Luaces Saavedra e Mariño de Lobeira herdou a propiedade dos seus pais Fernando de Luaces e Inés Saavedra Bengolea e Mariño de Lobeira. Rexedor perpétuo da cidade de A Coruña e Deputado xeral do Reino decidiu unilo mediante un salón con arcos sobre o Camiño Real, coa capela que estaba a construir sobre a xa consagrada a S. Mauro, para dedicala ao culto deste santo e da Virxe do Carme que se veneraba na existente no camiño que moito despois sería a rúa deste nome e da que obtivo a súa fundación en 1715.

Foi o seu administrador D. Francisco de Santos, veciño de Santiago, o encargado de contratar as obras, logo de pedir os planos a don Domingo López Novoa, ao mestre canteiro Domingo de Fontenla, natural de Cuntis, ao que se lle pagaría 20 reais de vellón por braza de parede encargándose el de arrincar a pedra pero poñéndolla a pé de obra o mesmo que o barro e o cal e facilitándolle tamén a madeira para as estadas e acimbras dos arcos. Domingo xa era coñecido na comarca pois no 1730 fora o encargado de reformar e ampliar a igrexa parroqial de Santa María de Covas.

Máis dun cento de canteiros traballaron arreo na canteira da ladeira Sur do Pazo, á beira do Barcala, transformado a rocha en bloques e conformando o longo salón que sobre os arcos une a edificación señorial coa tribuna da nova igrexa. As obras foron rematadas en xuño de 1738 para admiración dos veciños da parroquia e de todos os que por alí pasaban.

Pero a morte do D. Gregorio Agustín impediu o remate da Capela quedando sen facer a bóveda, sustituída por un artesonado de madeira pola orde da irmá e herdeira do señorío Dona. Francisca de Paula, veciña da cidade de Pontevedra. A actual, de cemento e ladrillo, fíxose arredor do 1949 sendo Victoriano Fabeiro señor do Pazo.

Co paso dos anos e pola feira que se viña celebrando dende 1717, as pequenas edificacións que empezaron a construirse arredor da casa señorial, foron o berce da que pasaría a ser Vila do Cotón que acabou asumindo o nome da capital parroquial, Negreira.

O Pazo do Cotón é o monumento máis importante e característico da actual capital municipal e cabeza de partido xudicial do mesmo nome.

Hoxe son milleiros de peregrinos de toda Europa os que pasan polo Camiño de Fisterra e fican admirados baixo a sombra e maxestuoxidade do Salón dos Arcos que se extende sobre a Carreira de San Mauro.

Blasón dos Mariño de Lobeira




 FONTES DOCUMENTAIS:

- (1) Tumbo A - Catedral de Santiago de Compostela

- Galicia Artística en el siglo XVIII y mitad del XIX-José Couselo Bouzas

- El Arte en el Valle de Barcala- J. Cardeso Liñares.

- Códice Calixtino en los Caminos de Santiago-Cándido Pazos.

- Arquivo Concello de Negreira






No hay comentarios:

Publicar un comentario