Por decisión da Xunta de Galicia o presidente, D.
Fernando González Laxe, conmemorou en Negreira o 6 de decembro de 1987 o Día da Constitución á que definiu como
“un factor de concordia político- civil”. Ante máis de
cincocentos veciños no seu discurso fixo referencia ao artigo
primeiro da Carta Magna, texto que recolle que a soberanía
nacional reside no pobo, do que emanan os poderes do Estado, para
afirmar a continuación que a Constitución é a suprema expresión
da súa vontade. González Laxe manifestou que o texto constitucional é
un instrumento esencial para a consolidación das liberdades
públicas.
6 de decembro de 1987
O
acto trataba de fomentar entre a cidadanía a importancia de coñecer
e defender a Carta Magna aprobada en Referendum o 6 de decembro do
ano 1978, consulta que obtivo o seguinte resultado: Dos
17.873.301 votantes, 15.706.078 votaron a favor da aprobación;
1.400.505 en contra; 632.902 en blanco e 133.786 papeletas nulas (BOE
do 22 de decembro de 1978). O texto foi publicado no Boletín Oficial
do Estado o 29 de decembro dese ano, tamén en Galego, Catalán,
Valenciano, Balear e Euskera.
Logo
de corenta anos de ditadura as forzas políticas representadas no
Congreso e no Senado foron quen de chegar a un acordo para elaborar
este texto base do noso ordenamento xuridico nun ambiente de boicot e
coacción por parte de grupos terroristas tanto da extrema dereita
como da extrema esquerda. Un grupo da extrema dereita asasinara o 24
de xaneiro do ano anterior no seu despacho do número 55 da Calle
Atocha de Madrid a cinco abogados laboralistas de Comisións
Obreiras. No ano de aprobación do texto constitucional, ETA
asasinara a 65 persoas, maís de unha cada semana; o GRAPO a unha e
oito o ano anterior, ademáis de diversos intentos de pronunciamentos
militares. O obxectivo do texto constitucional era o de garantir a
convivencia e a defensa da democracia así como os dereitos sociais e
políticos de todos os cidadáns.
A ensinanza da Constitución debera ser obrigatoria en todos os centros de ensino
pois o seu coñecemento é fundamental para que a cidadanía poda
esixir o seu cumprimento aos poderes públicos. Dende o Artigo 1
que di que España constitúese nun Estado social e democrático
de dereito, que propugna como valores superiores do seu ordenamento
xurídico a libertade, a xustiza, a igualdade, e o pluralismo
político ou o Art. 10 : A dignidade
da persoa, os dereitos inviolables que lles son inherentes, o libre
desenvolvemento da personalidade, o repeto á lei e aos dereitos dos
demáis son fundamento do orden político e da paz social.
A Constitución
Española garantiza entre outros:
O dereitoá vida e
á integridade física e moral ( Art. 16)
O dereito ao honor,
á integridade persoal e familiar e á propia imaxen (Art. 18.1)
O dereito á
Educación ( Art. 27)
O dereito ao
traballo ( Art. 35.1)
O dereito á
protección da Saúde( Art. 43-1)
Dereito a unha
vivenda digna e adecuada( Art. 47)
Dereito ás
pensións para a terceira idade ( Art. 50)
…..
Os grupos políticos deberan traballar para que as leis que a
desenvolven non contradigan o seu articulado, impugnar aquelas que se
consideran contrarias a ela, eliminar os artigos introducidos nas mesmas que impidan a súa aplicación e desenvolver aqueles apartados que
seguen sen aplicarse.
Que importante sería que as institucións públicas imprimiran este
texto e o distribuiran entre os cidadáns para o seu coñecemento!
Todo iría moito mellor, política e socialmente, e sería unha
maneira certeira e máis aproveitable de celebrar o DÍA DA
CONSTITUCIÓN.
Falando cos veciños |
No hay comentarios:
Publicar un comentario