O que non sei eu é si
se chamará Radio Negreira, Radio Barcala ou algo parecido pero sí
podemos afirmar que en Negreira están a facer os estudos técnicos
para que empece a funcionar unha emisora de radio municipal.
José Luis Blanco
Miñas
donas, meus señores
Radio Galega
19-01-1988
Os maxestuosos compases do Himno Galego entraron por primeira vez no 107.0 de centos de receptores ás oito do serán do 24 de abril de 1988 envolvendo as voces de Plácido Fabeiro e Eliseo Ferreño, que anunciaban a primeira emisión de RADIO NEGREIRA. Con carácter experimental comenzaba a súa andaina a cuarta emisora municipal de Galicia que, de xeito ininterrumpido, chega xa aos seus 25 anos de emisión neste 2013.
Logo de meses de
traballos dirixidos de maneira desinteresada polo técnico da Radio
Galega Modesto Pena Rey, dende a Casa do Concello e cuns
medios técnicos moi precarios emitíase a primeira programación de
dúas horas diarias, que houbo que ampliar a horario nocturno pola
demanda dos mozos e mozas que querían aportar a súa colaboración
neste novidoso medio local.
A primeira emisora
municipal de Galicia foi Radio As Mariñas, creda polo concello de
Oleiros en 1980 e abortada en poucos minutos pola irrupción da
Garda Civil, que por orde do Gobernador da provincia procediu ao
precintado dos equipos de trasmisión.
Catro anos despois, en
1984, Radio Fene empeza as súas emisións, tamén chegou a orde de
peche que foi desobedecida polo alcalde. A reconversión dos
estaleiros de Astano coas protestas dos traballadores
retransmitidas en directo por esta emisora, supuxeron un forte
respaldo popular para Radio Fene e para o seu director Henrique
Sanfinz. En 1987 os concellos de Oleiros e Corcubión crean Radio
Libre de Oleiros e Radio Neria.
Primeiros Estudos no 1988 |
Radio Negreira foi a
cuarta emisora municipal galega, creada por acordo plenario ao abeiro
da Lei de Ordenación de Telecomunicacións de 1987 que posibilitaba
que as corporacións locais dispuxeran de emisora municipal, e do Plan
Técnico de Radiodifusión Sonora que xa distinguía 3 potencias
segundo a extensión do municipio (500,150 e 50 vatios). Galicia, a
pesares da dispersión de poboación, quedaba aínda desfasada na
utilización da radio como medio de comunicación local pois en
Cataluña xa funcionaban 160 emisoras municipais e en Andalucía 40. Arenys de
Mar foi a primeira de España.
As emisoras municipais
tomaron forma de Lei en abril de 1991, cando se
legalizaron definitivamente en toda España.
Ao mesmo tempo que a
Radio aprobouse tamén a creación dunha revista e a colocación de
paneis informativos nas parroquias e na Vila, para a publicación de
todos os acordos que tomaran os distintos órganos municipais: Pleno,
Comisión de Goberno e Alcaldía, ademáis da información
considerada de interese para os veciños. Os obxectivos de Radio
Negreira eran a difusión da información municipal, a promoción da
cultura e o fomento da vida asociativa na comarca. A dispersión da
poboación en 92 núcleos distribuídos en 115 Km2, xustificaba o
medio.
O 12 de decembro dese
1988 creouse, polos representantes das catro primeiras emisoras
municipais, xunto coa de Ribadavia (que acababa de nacer) a
Asociación de Emisoras Municipais de Galicia (EMUGA) que xorde como
instrumento de asentamenteo do fenómeno radiofónico local,
asesoramento xurídico, formación de persoal e fomento das
actividades.
A organización do Curso
de Técnicas Radiofónicas en Negreira, no que participou a
popular presentadora de televisión Tereixa Navaza xunto con
outros coñecidos profesionais da radio, posibilitou a formación das
persoas da contorna que tiñan afección por este medio e que logo
pasaron a formar parte da programación da emisora e a traballar noutros medios
de comunicación públicos e privados.
Gran popularidade
acadaron os programas Onda Agraria, dirixido por Francisco de
la Paz do Servizo de Extensión; A Saúde, do Doctor Marwan;
Co mandil posto, de Luz Picos, os deportivos de Javier Tojo, os concursos ou,
entre outros moitos, As Noites
Tolas, unha experiencia desbordante na que participaban
os persoeiros máis bohemios que, dende as terrazas dos bares, se
achegaban aos altos do Concello para contar as súas anécdotas.A
participación veciñal era a esencia dos programas.
O traslado dos estudos para a recén inaugurada Casa da Cultura no 1991 e a colocación do poste emisor no Monte da Pena supuxo a consolidación definitiva para Radio Negreira.
O traslado dos estudos para a recén inaugurada Casa da Cultura no 1991 e a colocación do poste emisor no Monte da Pena supuxo a consolidación definitiva para Radio Negreira.
FESTA DA RADIO-1994 |
Radio Negreira continuou
a súa andaina grazas á dedicación e o esforzo dos que
nela traballaron: Plácido Fabeiro, Javier Carnota, Emilio Forján, Lucía Cabezal,
Abelardo Estévez, Manolo Gómez, Santy Pintos, Ovidio Martínez... e a colaboración de numerosas persoas e colectivos
profesionais da comarca que adicaron horas e esforzo para sacar
adiante este medio. Hoxe, xa máis profesionalizada, conta cunha
programación de 24 horas emitindo en cadea coa asociación de radios
municipais galegas.
Ademáis da Radio tamén
cumpren anos as Escolas Deportivas Municipais, polas que
pasaron milleiros de rapazas e rapaces e que tanto levan feito pola
promoción do deporte e pola formación dos máis novos.
Temos que entoarlles o
Cumpreanos Feliz e desexarlle moitos éxitos a todos os que están a
arrimar o ombreiro para seguir camiñando.
Colaboradoras de R. Negreira na Festa da Radio |
24 de abril de 1988 - Plácido Fabeiro e Eliseo Ferreño en antena |
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
ResponderEliminarQje bo recordo e agardo tamen bo futuro
ResponderEliminarO que a xente non se xa conta, e a sorte que tivo Negreira de contar daquela con un alcalde con gran aficion pola radio. Se non fora por esa pequena casualidade, ainda hoxe o municipio non contaria con ese gran entretemento pa moitos veciños. Grazas Manolo.
ResponderEliminar