miércoles, 30 de marzo de 2016

PANCHITO





                                                                                         Foto: José Alguero Penedo

Ao ver esta foto do Notario  nicrariense Alguero Penedo, xa o recoñecín. O negriño que tocaba o violín nas feiras e festas do verán, oficio daquela para os marxinados que ceibaban as historias sacadas da vida tráxica de algúns.

Ese día  puxérono  atrás, entre o que  remeda co seu parasol e o da pandeireta, cos señores da vila e as súas donas disfrutando dun xantar campestre, dándolle un aquel de exotismo  ó ambiente festeiro da romería.  E aí quedou.

Non sei cal foi a forza que o arrebatou daquel mundo de bananeiros e  palmeiras que movía a brisa do mar baixo o sol do Trópico. Nin quen foi o home rico que o trouxo na súa viaxe de volta  ao mundo da chuvia como aquel que trae unha  mona, un papagaio ou un fonógrafo… e logo cando morreu tivo que atopar o xeito de gañar o pan. Na aldea todos lle querían, polo axiña que aprendeu a falar con enxebreza, a bailar e botar os aturuxos.

Pouco a pouco fíxose mozo e un día emigrou, como tantos outros veciños, para Cuba. Por iso sei que cando Daniel R. Castelao escribiu a súa historia non falaba dun persoaxe imaxinario. Por el  souben que aos poucos anos tivo que voltar porque lle roían as soidades. Pobre e cun traxe branco, pero con moita fartura no corazón. Tamén cun sombreiro de palla.



No hay comentarios:

Publicar un comentario