….e gran capacidade goleadora acaba de debutar no mundo do futbol Marcia Tuñas, neta do que foi estrela do deporte mexicano Juan Tuñas “Romperredes", xogador do América co que gañou varios campeonatos de Liga. A familia Tuñas é oriunda da parroquia de Aro, no Concello de Negreira, dende onde emigrou hai xa moitos anos o seu bisavó de quen herdaron esa xenética que axudou a prestixiar o futbol cubano e mexicano.
Cravar 6 goles nun partido de debut, co equipo do Instituto Cumbres, é todo unha proeza que de momento nen sequera Messí logrou. Parece xa que Marcia está chamada a facer historia no mundo do balompé.
Marcia e o seu pai Manolo en Tuñas-Negreira |
Con motivo da final do Campeonato do Mundo de Futbol que España gañou, Marcia e o seu pai Manolo acompañáronnos en tan triunfal acontecemento aquí en Negreira. Non quixeron perderse esa efeméride na terra dos seus antergos e a xornada foi toda unha festa. Un día inesquecible no que coñecemos directamente, en boca de Manolo, a biografía do seu pai Juan Tuñas “Romperredes” chamado así polo seu potente chupinazo que tronzou varias veces as redes da portería contraria.
O seu debut no futbol cubano levouno a participar coa selección dese país no Campeonato do Mundo de Francia en 1938 onde foi semifinalista e os seus exitos continuaron en México como futbolista profesional. Esta gloria do fútbol que recibiu entre outras distincións a Medalla ó Mérito Deportivo de Cuba estaría hoxe moi feliz, se seguira entre nós, porque os éxitos futbolísticos da familia teñen xa continuidade na persoa de Marcia.
Juan Tuñas : De tal pau..... |