Desembocadura do Xallas no Ézaro Foto: J.M. López Tuñas |
No río Xallas foron construidas catro grandes presas hidroeléctricas cun réxime de explotación que constitúe unha auténtica agresión ecolóxica.
A presa de Santa Uxía mantivo seco durante anos os 1,4 quilómetros finais comprendidos entre o muro e a fervenza do Ézaro, onde desemboca no mar. De cando en vez liberaban un pequeno caudal abrindo a fervenza para contentar aos turistas algúns días do ano.
Foron as denuncias interpostas por RÍOS CON VIDA as que obrigaron a Ferrolatlántica a liberar un caudal mínimo de 2,23 m3 /sg, que é só un 10 % do caudal medio do río e que aínda non é suficiente para un bo estado ecolóxico.
A empresa propietaria do embalse foi denunciada por presunta comisión dun delito contra os recursos naturais pola captación abusiva das augas públicas.Tamén o foron os responsables da Xunta de Galicia que naquel momento o permitiron. Esta mesma empresa é obxecto doutro proceso penal por desecar un embalse no mesmo río en novembro de 2007, provocando unha gran mortandade de troitas.
RÍOS CON VIDA é unha ONG estatal adicada á conservación e restauración de ríos, defendendo unha ética recreativa na pesca fluvial. Está formada por 4.000 persoas de distintos lugares de España coordinadas por unha Xunta Directiva elexida en asamblea cada dous anos. Fundada en 1979 adícase tamén á protección, estudo e coidado dos ecosistemas acuáticos. É decir ven a desempeñar unha función que por Lei corresponde a distintos organismos da administración autonómica, que nalgúns casos actúan como cómplices das empresas enerxéticas que están a destruir numerosos ríos e montes de Galicia ante a indiferencia da nosa cidadanía.
Hoxe podemos disfrutar dun marabilloso espectáculo no Ézaro contemplando a fervenza e un entorno recuperado dun xeito exemplar polo Concello de Dumbría.