jueves, 22 de octubre de 2015

1909 – NUNCA TAL SE VIU.... !



       Peregrinación de Barcala  ( Foto Carmen González)

Son ás veces as cousas máis pequenas as que agochan o maior tesouro porque acubillan dentro delas recordos e sensacións, momentos inesquecibles que forman parte, xa para sempre, das nosas vivencias. Por iso  gardámolas coma se fosen unha regalía da que non queremos separarnos, para que eses recordos perduren como un agasallo .


Coa anela gastada polo rozamento da cadea, atopei nun caixón unha medalla conmemorativa do Ano Santo Compostelano de 1909, lembro que sempre a levou como reliquía a miña tía avoa Florentina. Ese Ano Santo, ademáis do primeiro do século XX, a anterior celebración fora en 1897, tiña unha significación especial pois o cardeal arcebispo de Santiago de Compostela, Martín Herrera, promove as primeiras peregrinación organizadas e tamén un monarca español, Alfonso XIII, presenta a ofrenda ao Apóstolo Santiago. É o comezo do repunte  xacobeo.

O Arciprestazgo de Barcala, como tantos outros, comeza as mobilizacións parroquiais e despraza a Compostela en longa camiñata centos de crentes que cos seus estandartes entran pola Porta da Mahía, presenciando por primeira vez na súa vida a magnificencia de Compostela, camiño da Praza do Obradoiro entre as fortes badaladas das campás da catedral. Logo, antes de entrar no templo santo, o retrato que inmortalizará ese intre solemne do xubileo. Non se pode discribir a sensación que debía provocar nas nosas xentes a entrada na Catedral entre a música do órgano e a maxestuosidade do templo, pero de seguro que se sentiron transportados a un mundo de ilusión.




Ao rematar, a visita ao maior acontecemento da época, a Grande Exposición Rexional Galega inaugurada polo Rei o 24 de xullo no Pavillón Central, acompañado do presidente do goberno Antonio Maura, o político galego Eugenio Montero Ríos e outras autoridades: Trinta mil metros cadrados  na Alameda de Santiago onde hoxe queda en pé o fermoso edificio modernista adicado agora a escola infantil, obra do arquitecto galego Antonio Palacios. A visita ao Pavillón de Industrias, o do Centro Galego da Habana, que causou unha gran admiración, querendo reproducir o que se está a facer na capital cubana coa aportación dos nosos emigrantes, o do Ministerio de Fomento, o de Recreo Artístico e Industrial ou o Pavillón de Eléctricas Galegas.

Durante anos non houbo outra conversa en toda a comarca, foron acontecementos extraordinarios, algo que nunca  se vira.


Pavillón do Recreo Artístico e Industrial de Antonio Palacios


Escalinata de acceso á Alameda



O escalatorres Puertollano no alto da Berenguela



BIBLIOGRAFÍA : Santiago 1909- Henrique Alvarellos-Xunta de Galicia






domingo, 11 de octubre de 2015

O CEO EN PONTE MACEIRA



                                                                                                        Foto : Jesús Manuel Rodríguez Casabiell



As veces os ríos unen e non separan, como en Ponte Maceira. As dúas marxes do Tambre conforman un dos núcleos  máis fermoso de Galicia. Aí concéntranse elementos singulares da nosa terra como a ponte e os muíños; o pazo, a igrexa, os hórreos e os pombais; as vivendas rurais convivindo coas casas blasonadas. Non hai peregrino ou visitante que non pretenda recoller tanta fermosura para perpetuar o seu recordo.

Unha noite saíron as estrelas a mirarse no espello do río e alí estaba Jesús Manuel Rodríguez Casabiell coa súa cámara para recoller esta fermosa imaxe da Vía Láctea, a nosa galaxia, sobre o pazo de Baladrón.

Máis de 100.000 millóns de estrelas que en tantos lugares asóciase a camiños: na cultura vikinga crían que levaba a valhalla, destino das almas dos mortos, para os celtas ao castelo da raíña das fadas e en España chamámoslle tamén  O Camiño de Santiago, guía dos peregrinos que veñen a Compostela e, por Ponte Maceira, seguen ata Fisterra.

A fermosa imaxe do estupendo fotógrafo nicrariense lémbranos que nas noites craras de verán tamén o ceo forma parte deste lugar de ilusión.





sábado, 3 de octubre de 2015

DEPENDE






La idea que tenemos de las cosas depende del lugar desde donde se miren. Por eso la propaganda presenta siempre la cara más conveniente de la moneda. El hijo de un comerciante vecino le preguntaba un día cuantos gramos tenía un kilo y constestó de inmediato: Depende, para el tendero novecientos y para el cliente mil cien !

Si miramos el edificio de la fotografía desde tierra veremos una casa de una sola planta, en consonancia quizá con el entorno y medida la distancia en vertical, cuela. Uno más de tantos que ocupan parte de la superficie de Gran Canaria. Ahora bien, si lo observas desde el mar el panorama cambia, se transforma en lo que se ve, como un lego colocado en los terrenos de Neptuno, del Estado, o de todos, que más da. Pero ahí queda, con toda la chulería.

En esos días, a la señora Josefa Hernández que vive en Fuerteventura, casi al lado, la habían encerrado en prisión porque tuvo la osadía de ampliar la casa de su familia en una zona que al parecer también, lo mismo que la costa, está protegida. Ha sido necesario el apoyo de miles de personas que han elevado su voz en las instituciones, los periódicos y las televisiones para que la pobre mujer haya podido regresar de nuevo con su familia.

Es la otra cara de la moneda.



viernes, 25 de septiembre de 2015

A HABANA - RENACE O CENTRO GALEGO





O pazo do Centro Galego da Habana, un dos monumentos máis importantes da capital, situado no Parque Central ao lado do Capitolio, está a ser totalmente rehabilitado dentro do programa de recuperación da zona antiga da cidade. Fachada, instalación electrica e climatización, artesonados e outras  dependencias. Unha recuperaciób respetuosa coa obra inicial.

O Centro Galego, inaugurado en 1914, e construído polos nosos emigrantes con pedra levada da canteira lucense de Parga é todo un símbolo para Galicia, pois foi nese emblemático edificio onde centos de galegos autodidactas, coa mirada posta nos que aquí quedaban, puxeron en marcha un ambicioso proxecto que pretendía acabar co atraso cultural da sociedade galega da época. Suplindo o papel que lle correspondía ao Estado: a creación de centos de escolas, elaboración de programas didácticos e financiamento dos mestres. Moitos dos que alí se xuntaban, constituídos en mecenas, tamén se interesaron por introducir importantes melloras nas localidades de orixe, que aínda hoxe constitúen  un exemplo no que mirarse. No Gran Teatro do Centro Galego estreouse, no ano 1907, o Himno de Galicia.



Hoxe o fermoso edificio acolle ao Ballet Nacional de Cuba e nunha pequena dependencia ás  sociedades comarcais que aínda subsisten, malia as dificultades económica e grazas ás pequenas axudas que a Xunta de Galicia anualmente lles envía.            

Inesquecible a viaxe que realizamos algo máis de medio cento de veciños, acompañados polos alcaldes de Negreira, a Baña e Val do Dubra para asistir, xunto cos nosos paisanos alí residentes, á conmemoración do Centenario da Unión Barcalesa da Habana e celebrar a venturosa data no ilustre salón do Centro, baixo a atenta mirada de Castelao que sorría compracente dende o cadro que presidía a estancia. Alí comprobamos a maxestuosidade de tan emblemático edificio.

O actual Presidente da Unión Barcalesa da Habana, Manuel Rodríguez Barreiro, envioume estas fotografías amosándonos a súa ledicia pola recuperación deste fermoso pazo que será sempre  unha parte de Galicia en Cuba. Tamén fala das dificultades que están a atravesar para manter en pé á sociedade decana das barcalesas que o día 1 do vindeiro mes de novembro cumprirá xa o seu 108 aniversario. Deles depende tamén o Panteón que, no Cemiterio de Colón, acolle os restos dos barcaleses que nunca voltaron á terra.

As asociacións comarcais que hoxe aínda sobreviven no extranxeiro son tamén un patrimonio que hai que conservar, un exemplo para unha comunidade que, de novo, volve a expulsar aos seus, e que precisa dunhas políticas axeitadas que corrixan os problemas estruturais que arrastra e para o que é necesaria a implicación directa dos propios interesados.





O escudo de Galicia preside a entrada principal







           FOTOGRAFÍAS : Manuel Rodríguez Barreiro









sábado, 19 de septiembre de 2015

I - O CRUCEIRO DE BEALO





Hai un certo tempo que me agasallaron esta fotografía, sabedores da importancia que teñen ás imaxes como documento social, pois a sùa información é tan valiosa como a de algúns documentos escritos. No reverso, con primorosa caligrafía, pon: “Villancico en el Crucero de Bealo en la procesión del Corpus del año 1902, dedicado al tío y primos de Negreira. Su sobrino Valentín Lens Fabeiro”

Arredor do cruceiro os sacerdotes baixo palio, rodeados de ciriales, pendón e estandarte, homes e mulleres, coa atenta mirada dos santos dende as andas, ofrendan un sahumerio ao “Santísimo Sacramento”. Os cruceiros ubicáronse tradicionalmente nos cruces de camiños, por ser unha cristianización do culto aos deuses Viales.

O historiador José Carlos Bermejo Barrera, no seu libro “La sociedad en la Galicia castreña” recolle o carácter máxico que dende a época prerromana se lle atribuiu ás encrucilladas e, coa penetración e implantación da relixión romana, as antiguas divinidades célticas toman o nome de Lares Viales  quedando reducidas á categoría de deidades propias dunha cultura “folk”.
Segundo J. Taboada Chivite os cruces de camiños no folklore galego tiñan un carácter funerario porque era o lugar onde se enterraban aos nenos sen bautizar, por non consideralos ben integrados no mundo dos mortos. Demoníaco, porque era o punto de unión sexual co demo e alí cúranse enfermidades como o tangaraño (raquitismo). Máxico, pois tamén se cura o aire de gato, cortando cun coitelo a corda,  posta nas mans e os pés do neno. Valor social, porque se utilizaba como punto de integración e separación dos membros do grupo. Nas encrucilladas tiñan lugar os recibimentos colectivos de emigrantes e as despedidas dos que ían cumprir co servizo militar.

O cruceiro é un dos máis importantes monumentos relixiosos do mundo rural galego e, practicamente, non existe unha parroquia que non teña unha destas fermosas manifestacións da arte dos canteiros.


Cruceiro de A Pena

 No noso concello temos 19 fermosas mostras destes sinxelos monumentos tradicionais, a maioría de estilo gótico e tamén nos cruces de camiños, algún coa mesa de pedra ou pousadoiro, onde se colocaban os cadaleitos cando os veciños os levaban ao cemiterio. Antonte comentábame Paulino que un dos dous que ten a parroquía de Bugallido foi cambiado de lugar e que ó campo da festa aínda lle chaman  Campo da Cruz.

Os cruceiros forman parte do Patrimonio Cultural de Galicia, están protexidos por Lei e non se pode facer ningúnha intervención neles sen as autorizacións correspondentes.







domingo, 13 de septiembre de 2015

II - MUÍÑO DO PORTO : FELIZ CUMPLE!



 
Pepe Teiga no " tremiñado " do muíño do Porto
 

Unha noite no muíño,
unha noite non é nada,
unha semaniña enteira
esa si que é muiñada!!
                        Cantiga Popular


O muíño do Porto acaba de cumprir 109 anos e segue funcionando como o primeiro día grazas aos coidados de Pepe da Habanera e Daniel Casal que se encargan de telo en estado de revista. A trituración do grao mediante a moenda era un proceso intermedio para a elaboración do pan, por iso non hai río en Galicia que non conserve algún destes muíños de ribeira.

A súa orixe ven do periodo Neolítico. En moitas mámoas atopáronse muíños de pedras planas que logo foron susituídos durante a romanización por outro dunha tipoloxía máis moderna. Durante as campañas militares as lexíons romanas transportaban nas mulas dos contubernios, grupos de oito soldados que convivían nunha tenda, ademáis da mesma e os elementos comúns, o muíño de man, formado por dúas pedras cilíndricas que ao xirar unha sobre a outra trituraban a ración de grao que era un elemento fundamental da súa dieta alimenticia.

Estes muíños circulares aumentados de tamaño e engadíndolle un artiluxio mecanico para que a enerxía hidráulica fixera mover a roda superior, foron sustituíndo aos pequenos de man. Tamén hai algúns movidos por enerxía eólica ou pola forza das mareas, pero son os menos.

O inferno co rodicio
Nos muíños hidráulicos unha presa desvía a auga do río por un rego -gavada- que a leva ata a canle, unha pequena construcción troncopiramidal que se estreita e conduce a auga ata o rodicio que ao xirar trasmite o movemento á pedra móbil ou moa. O grao que cae da moega, caixa de madeira pendurada enriba, introdúcese, a través da quenlla, polo burato entre as dúas pedras. E dalle que dalle, seguindo o ritmo da popular muiñeira, a fariña vai caendo no farneiro.

Pero o muíño do Porto é un dos poucos de cubo que hai na nosa contorna, porque como o caudal do regueiro é pequeno, ten un depósito de cantería que almacena a auga que ven da gavada e cando está cheo, abrindo o billote, a auga sae con forza para mover o rodicio. Di Pepe, mestre canteiro, que a auga de cada cubo da para moer, polo menos, un ferrado de grao. Este muíño comunal tiña repartido o seu uso entre todos os veciños do lugar en turnos de moenda, tanto de día como de noite. A de historias que se poderían contar vividas neste muíño...! comenta sorrindo coa súa habitual picardía, porque os muíños tiñan tamén a función de centro social e ás muiñadas acudían especialmente os mozos e mozas, ás veces de troula.

Onte polo WhatsApp mandoume Daniel copia do documento de constitución da comunidade muiñeira, asinada polos veciños en 1906. Ademáis de Concelleiro, é tamén un estudoso da Historia da súa parroquia de Broño e nas revistas que a Asociación de Veciños publica periodicamente vennos agasallando con interesantes e documentados artigos.

Os muiños deron tamén lugar ao apelido Muíño, contribuíron ao enriquecemento do noso léxico e a abundantes topónimos como Os Muíños, Muiñonovo ou este onde se atopa o do Porto: Lugar de Redemuíños.



Pepe e Daniel







BIBLIOGRAFÍA

- As construccións adxectivas-Cadernos Museo do Pobo Galego 9 -Manuel Caamaño Suárez-1998

-Legionario.Manual del soldado romano- Philip Matyszak-Akal -2010







domingo, 6 de septiembre de 2015

III - O PAN DE TODO O ANO




 Hórreo barcalés-Negreira      (Foto López Tuñas)


Dicía Castelao que o hórreo era “ unha ucha sacra na que se garda o pan de todo o ano” pois a súa función é almacenar, secar e conservar o millo.

Aínda que este cereal non chegou de América ata o século XVII, momento de gran expansión económica que propiciou que este típico almacén de gran se expandira por toda a xeografía galega, a súa orixe remóntase aos períodos prehistóricos. Ata a Idade Media existía un hórreo comunal en cada lugar, onde se almacenaba o maínzo ou millo miudo que máis tarde foi sustituido polo novo cereal procedente do continente americano.

Miniatura nas Cantigas de Santa María-S.XIII
Segundo recolle o escritor Manuel Caamaño Suárez no Caderno nº 9 do Museo do Pobo Galego, no ano 1988 estimábase que había en Galicia 3.500 hórreos.
Téñense feito moitas clasificacións da súa tipoloxía, atendendo á pranta, materiais e elementos construtivos pero a máis completa de todas é a que Ignacio Martínez Rodríguez recolle no seu estudo El hórreo gallego, distinguindo un total de 18 modelos distintos co nome das zonas da súa implantación.


O barcalés ou mahián é o máis común na nosa comarca, coa cámara sostida por cepas ou muros transversais e co armazón construído con trabas costais de madeira, o tellado a dúas augas e a porta nun dos penais. E o fisterrán nas zonas máis cerca da costa.



Hórreo fisterrán-Pesadoira-Negreira


Este hórreo de pedra esténdese pola zona costeira e cara o interior nunha franxa duns 20 Km de ancho. Polas duras condicións climatolóxicas, chuvia e vento, precísase que sexan materiais duradeiros e consistentes. A sustentación de cámara rectangular é de esteos (columnas de cantería) coroados por tornarratos, e a cámara de pedras de tamaño variable con ocos para a ventilación.

  O claro, que é a equidistancia entre un soporte e o seguinte, chámaselle tamén tullo. O número de claros expresa moi ben o poderío económico da casa á que pertence.

O hórreo é unha das construccións máis singulares da arquitectura popular galega e xunto co muíño un elemento fundamental para os habitantes do medio rural, pola importancia do pan na alimentación e na nosa cultura.



Broa ou pan de millo (Foto Panadería Xallas)




Hórreo en Covas



Hórreo de Carnota









domingo, 30 de agosto de 2015

IV- O POMBAL




Baixando devagar a costa da Chancela, non queda outra que deterse para admirar este fermoso pombal recentemente renovado e ollar como as súas moradoras toman o sol da tardiña nas tellas da cuberta. Temos que alegrarnos que comencen a restaurarse estas tradicionais construcións que forman parte do patrimonio galego.

Dende o século XVI, non había pazo, mosteiro ou vivenda importante que non tivera un pombal e, aínda que a rendibilidade económica non era moita, aportaban a beleza das pombas e o seu ir e vir latexante portando o alimento para as crías

Estas pezas arquitectónicas estaban separadas da casa principal, en sitios outos e protexidos dos ventos, sen árbores ao redor para que as aves de rapiña non estiveran ao asexo. Aínda que a maioría son de pranta circular, tamén  hai algúns cuadrangulares ou poligonales, rematados nunha soleira exterior, onde van os buratos polos que entran e saen as pombas. Os seus muros son de granito, ás veces cubertos de barro recebado de branco.

No interior teñen todos a mesma estrutura, unha soleira que fai de tornarratos e logo nichos de lousas de pedra, onde aniñan as pombas, que se  estenden ata o alto como coroas circulares.

Nas casas que non tiñan pombal, a cría das pombas tamén podía facerse nos faiados, cunha ou dúas entradas na parede ou colocando uns caixóns de madeira no exterior para unha soa parella.

Na nosa contorna consérvanse moitos pombais que foron un complemento da economía autosuficiente que caracterizaba ao mundo agrarario tradicional. É de interese público fomentar a súa conservación para poñer en valor esta fermosa mostra da arquitéctura popular galega.


Pombais en Ponte Maceira-Negreira








miércoles, 19 de agosto de 2015

DE LO MÍO, DE LO TUYO Y DE LO NUESTRO







Desde el inicio de la publicación de este blog le he asignado el nombre de Ágora, porque así denominaban los antiguos griegos a las plazas de las ciudades a donde acudían los ciudadanos para hablar de los asuntos públicos, escuchar a los filósofos y debatir entre ellos. En Atenas, hace algo más de 2.500 años, se creó un modelo de participación política, la Democracia, en el que los ciudadanos elegían a sus representantes para gobernar la ciudad, elaborar sus leyes y designar los tribunales de justicia, llegando a alcanzar un gran desarrollo en el campo de las ciencias, las artes y la cultura que es la base de nuestra civilización.

La fotografía de cabecera es, por ese motivo, del actual parlamento griego, en la Plaza Sintagma, con un pequeño grupo de personas expectantes. En los últimos tiempos, el país heleno ha sido el foco de atención mundial pues en 2010 el Estado no pudo garantizar el pago de la deuda que habían contraído una serie de políticos irresponsables en connivencia con políticas financieras netamente neoliberales. Los representantes de la llamada “troika”de los acreedores - el Fondo Monetario Internacional (FMI), el Banco Central Europeo (BCE) y la Comisión europea- impusieron la aceptación de nueva deuda a un país insolvente, como si no lo fuera, hundiéndolo aun más en una tremenda crisis económica y social. Por eso los ciudadanos dieron su apoyo en las urnas a Syriza, nuevo partido que llevaba un programa contra la austeridad, los recortes sociales y las privatizaciones.

Escribe Ignacio Ramonet, en Le Monde diplomatique de este mes de agosto, que solo en las películas de terror se ven escenas tan sádicas como la humillación a que ha sido sometido el nuevo primer ministro griego el pasado 13 de julio, cuando ante la canciller alemana Merkel, se vió obligado a renunciar al programa de liberación por el que fue elegido y refrendado por la ciudadanía bajo la amenza de cerrar todos los bancos y dejar sin recursos a los griegos. Las nuevas condiciones de privatizaciónes, recortes de pensiones y salarios y otras serie de medidas impuestas a las clases medias y bajas han sido calificadas por el diario alemán Der Spiegel como “ un catálogo de horrores” y el exministro de Finanzas Yanis Varoufakis manifestó en un artículo periodístico que “Su único objetivo era humillarnos”.Es, ni más ni menos, que el fin de la soberanía de un pueblo además de un claro mensaje para el resto de los países europeos de que no habrá otra alternativa que las políticas que están imponiendo.




ALEMANIA DE NUEVO

Porque es un problema político, no económico. Igual que en 1923, cuando Alemania fue elegida por el poder financiero para terminar con las democracias europeas ante el auge del comunismo, ahora se trata de finiquitar el sistema creado al final de la Segunda Guerra Mundial para oponerse a los países del bloque comunista, ya inexistente, e implantar un sistema liberal puro. El fin del estado social creado por los partidos socialdemócratas, hoy socioliberales, financiados por el Plan Marshall.

Amparados en la deslocalización empresarial que ha generado millones de parados en todo Europa, se reducen los salarios, se modifican las leyes laborales que protegen los derechos de los trabajadores, se reducen las ayudas sociales , las pensiones... y sobre todo se apropian de las empresas y bienes del Estado  creados con el dinero de todos. Se trata, en fin, de una nueva plutocracia, en la que las constituciones de cada país se han quedado en mera literatura y los gobiernos en simples títeres "al diktado de Alemania".


viernes, 7 de agosto de 2015

UNHA TARDE NO SOUTO




Souto na Chancela



Cando se pasa polo medio dun souto, nunha tarde de verán, percébese o que podería ter sido Galicia de desenvolver os seus propios recursos e conservar as súas esencias. Os bosques de castiñeiros son unha regalía que no pasado serviron de sustento a moitas economías familiares.

Esta fermosa árbore estendeuse pola nosa xeografía hai 2.200 anos e foi durante a Idade Media a base da alimentación, sobre todo cando os mosteiros ocuparon o rural, pois coa fariña da castaña facíase o alimento básico. A súa madeira pasou a ser a inquilina de pazos e vivendas nos elaborados mobles que lucían as casas vinculeiras.

De conservarse as especies naturais a economía sostible sería unha realidade e o goce da Natureza un agasallo para os sentidos. Agora queda só a tranquilidade dalgúns espazos vexetais que os seus donos manteñen coma unha reliquia do pasado e un tesouro para o futuro.

Coa chegada do outono os ourizos ceibarán o seu agarimoso froito para tomalo cru, asado, cocido ou como se queira. Os máis larpeiros tamén o poderán degustar como marrón glacé, segundo a receita que nos deixou o que foi alcalde de A Coruña, xurista, escritor e gastrónomo Manuel María Puga y Parga “Picadillo no seu libro La Cocina Práctica:

Límpase a primeira capa das castañas que se queiran preparar, collendo as máis grandes posibles. Póñense ao lume en auga fría, debendo retiralas cando solten con facilidade a segunda monda. Quítaselle esta con coidadiño para que non rompa, cocéndoas logo en almibar a punto subido, durante dous ou tres minutos. Escórrense e enfríanse, repetindo a operación as veces que sexan precisas ata que as castañas estean brandas. Fanse enfriar ao aire ata que sequen e se envolvan en papel de estaño”.

Namentras, velaquí a foto deste fermoso souto, a ver se proliferan.