Ubicación da fosa no adro de Paramos (Val do Dubra) |
Mañán comezan no adro da igrexa de Santa María de Paramos ( Val do
Dubra) os traballos de sondeo arqueolóxico, excavación e exhumación
dos restos de catro persoas que se atopan nunha fosa común, mortos
como consecuencia do enfrontamento armado con forzas da Garda Civil
nos límites dos concellos de A Baña, Santa Comba e Val do Dubra (
daquela concello de Buján) en 1949. Un equipo de oito expertos da
Asociación para la Recuperación de la Memoria Histórica
(ARMH) dirixidas polo arqueólogo René Pacheco Vila e
coordinados polo Vicepresidente da Asociación Marco Antonio
González Carrera procederán á recuperación dos restos a
petición dos familiares das víctimas.
O 5
de marzo de 1949, cando se atopaban aloxados nunha casa do lugar de
Zas, parroquia de Aro, do concello de Negreira os membros do
destacamento Eive-Carbón pertencentes ao Exército Guerrilleiro de
Galicia, ás 8,30 da mañá foron cercados polas forzas da Garda
Civil producíndose un enfrentamento no que foi ferido un garda e
morreu de dous disparos, ó saltar da horta da casa ao camiño,
Carmen Temprano Salorio, natural de Iñás
(Oleiros) (1), conseguindo fuxir o resto do grupo acompañados da sobriña da dona da casa Manuela Teiga Rojo ante as previsibles represalias por ser punto de aopio ao mesmo (2). Horas despois, facéndose cun cabalo, lograron transportar con maior facilidade ao
guerrilleiro Vicente Peña Tarrasa que resultou ferido neste
primeiro combate.
Carmen Temprano Salorio |
Tras
unha longa marcha para escapar do lugar o antes posible foron
sorpredidos nos montes de Paramos (Val do Dubra) sobre as catro da
tarde, onde logo de ser cercados entablouse un novo combate a
consecuencia do cal falleceron catro membros do grupo, conseguindo
escapar un dos guerrilleiros, Manuel Ramiro Souto, na compaña dun veciño que o guiou
ata a zona de Ordes onde contactou con outros compañeiros. Nove
persoas de Bembibre, Rial, Niveiro e Lariño que presenciaron o paso
do fuxido e según a súa testemuña confundiron cun cazador, foron
condenados a penas de cárcere por non presentar denuncia
Os
fallecidos, según o informe das autopsias e do Xulgado personado no
enterramento foron os guerrilleiros José María Castelo Mosquera
a) Doutor ou Casteliño, natural de Iñás-Oleiros, Vicente
Peña Tarrasa a) Pedro Borrás de Palma de Mallorca,os dous
identificados polos documentos personais que portaban nas súas
carteiras e Manuela Teiga de Zas-Negreira, ademáis de outra
persoa que figura como “descoñecido”. Nun informe
posterior no expediente da causa militar 88 /1949 instruída como
consecuencia destes feitos recóllese que corresponde a Manuel
Pena Camiño, natural do concello de Mesía pois atopáronse dúas
fotografías que correspondían á muller e a unha filla deste membro
da guerrilla.
Según as testemuñas aportadas hai uns meses por membros dunha familia do concello de A Baña que aseguran que unha das persoas enterrada na fosa de Paramos é un antepasado seu e as evidencias documentais recollidas na causa militar tramitada polos feitos relatados (88/1949), é posible que os restos atribuídos a este último correspondan en realidade ao veciño da parroquia de Lañas Erundino Vieito Baña, xa que aseguran telo comprobado un familiar na caseta da fábrica do cemiterio de Paramos, onde estuveron expostos os cadáveres. Daquela non se atreveron a reclamar os restos por medo ás represalias xa que en 1947 foran encausados algúns dos seus membros por apoio á guerrilla (Causa 400/47).
Erundino
Vieto foi movilizado no ano 1936 e desplazado ao frente de
Asturias no Batallón nº 8 de Zapadores de A Coruña do que desertou
(3) para pasarse ao exército republicano, onde formou parte do
Batallón “Galicia” nº 219 e, ao parecer, estivo destinado
nunha batería en Colloto. Feito prisioneiro o 10-11-1937, foi
internado nun campo de concentración ( Candás?) onde desapareceu o
4 de febreiro de 1938. Erundino regresou á súa parroquia onde se
mantivo agochado durante once anos, actuando como enlace da
guerrilla. Según os familiares, quedara citado cos compoñentes do
grupo de Zas para cambiar de lugar, por eso se viu envolto no
enfrontamento que lle causou a morte.
A
guerrilla antifranquista era coñecida na comarca como “Os
Foucellas” en alusión a un coñecido guerrilleiro, Benigno
Andrade, que era natural do lugar de As Foucellas no concello de
Mesía.
Unha
vez recuperados os restos das víctimas, serán trasladados ao
laboratorio que a Asociación ten no campus de Ponferrada da
Universidade de León onde serán estudiados para poder
determinar aspectos tan importantes como o sexo, a idade, as causas
da morte e as patoloxías en vida de cada individuo e todos os
aspectos necesarios que faciliten a identificación das víctimas,
obxectivo polo que se fai este traballo.Ademáis das mostras de ADN
para ser contrastados cos familiares vivos e a identificación definitiva das mesmas para aclarar a dúbida sobre Pena Camiño ou Erundino Vieito .
Logo de rematados todos os trámites os restos serán entregados aos seus familiares que levan máis de setenta anos agardando para darlle unha sepultura digna.
Vicente Peña Tarrasa |
Esta
asociación xurdiu a raiz da exhumación dunha fosa en outubro de
2000 na que se atoparon os restos de 13 republicanos asasinados o 16
de outubro de 1936 na localidade leonesa de Priaranza del Bierzo,
onde acudiu un numeroso grupo de persoas para pedir axuda na búsqueda
dos seus familiares desaparecidos, polo que un grupo decidiu creala
para este fin. Dende aquela posibilitou que centos de familias
atoparan aos seus seres queridos.
Dende
o ano 2000 leva feito máis de 150 exhumacións en distintos
lugares de España e identificado mediante técnicas científicas a
máis de 1500 víctimas da represión franquista,
organizado tamén centos de actos de recoñecemento público a esas
miles de persoas que non tuveron voz durante máis de 75 anos.
No
ano 2002 iniciou os trámites ante o Alto Comisionado das Nacións
Unidas para os Dereitos Humanos para que esixira ao Goberno español
a aplicación da lexislación internacional con respecto á
desaparición forzada que impedía a Lei de Amnistía aprobada en
outubro de 1977 polo Congreso dos Diputados.
A
ARMH sostense coas cuotas aportadas polos seus socios ademáis
do patrocinio de importantes asociacións internacionais como a de
traballadores noruegueses ELOGIT e as estadounidenses ALBA
(Abraham Lincolm Brigade Archives) e a Puffin Fundation que
lle concedeu o Premio de Dereitos Humanos 2015.
NOTAS
1) Carmen Temprano Salorio foi enterrada no cemiterio de Aro (Negreira)
2) Catro membros da súa familia foron condenados a penas de prisión por estes feitos.
3) O pai e un irmán de Erundino foron detidos cando desertou.
1) Carmen Temprano Salorio foi enterrada no cemiterio de Aro (Negreira)
2) Catro membros da súa familia foron condenados a penas de prisión por estes feitos.
3) O pai e un irmán de Erundino foron detidos cando desertou.
28 DE XULLO 2018
No Auditorio abarrotado
de público de Val do Dubra o pasado 28 de xullo, os representantes
da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica procederon
á entrega aos familiares de José María Castelo Mosquera, Vicente
Peña Tarrasa, Manuel Pena Camiño, membros da Agupación
Guerrilleira de Galicia, dos restos que foron exhumados no cimiterio
da igrexa de Paramos. Tamén os de Manuela Teiga, veciña do lugar de
Zas (Negreira), sobriña da dona da casa onde estiveran aloxados os
tres e que fuxiu con eles por medo as posibles represalias que
poidera acarrearlle, o que lle sucedeu aos restantes membros da súa
familia.
Foi preciso acudir ao
análise do ADN para poder identificar a Manuel Pena Camiño pois
tamén ese día desapareceu Erundino Vieito Baña que actuaba como
enlace do grupo antifranquista e diversas testemuñas aseguraban que
era a cuarta persoa que se atopaba na fosa común de Paramos, polo
que ata o día de hoxe segue sen saberse cal foi o seu destino.
Foto X. Álvarez- Faro de Vigo |
A búsqueda dos restos
comenzou por unha solicitude feita polos familiares de Vicente Peña
Tarrasa ante a Comisión dos Dereitos Humanos das Nacións Unidas o
que deu lugar á posterior e laboriosa actuación da ARMH e numerosos
colaboradores que rematou con este acto de entrega aos familiares das
persoas enterradas na fosa común da Igrexa de Paramos.
O solemne e emotivo acto
contou coa participación dos alcaldes de Negreira e Val do Dubra,
así como outros cargos públicos e personalidades recordado en
varios dos discursos o suceso que acabou coa vida destas persoas que,
como outros miles tiveron que refuxiarse daquela nas montañas de
Galicia e León. O Presidente da ARMH rematou o emotivo acto de
entrega aos familiares quen recalcou que era excepcional en Europa,
pois en calquera outro país membro da UE sería o Estado o encargado
deses traballos e non unha organización de carácter privado.