As
tradicionais festas do Carmen e San Mauro foron abrindo camiño, coa
chegada das novas xeracións, ás de S.Juan e San Cristóbal que
pouco a pouco fóronse consolidando, por eso a dinámica Xunta
Directiva do Negreira F.C. sempre aportou ao acontecemento do verán
un partido extraordinario que congregara o meirande número de
espectadores.
Ese
ano, a comenzos da segunda metade do pasado século XX, tiveron que
empregarse a fondo cos socios do Casino e co resto dos veciños para
facer participar aos persoeiros máis coñecidos do concello nese partido de
futbol entre casados e solteiros que tanta expectación espertou.
OS
CASADOS
Manolo
Capeáns, Benxamín Garrido, José Vidal, ….. , Pepe Espinosa,
Manolo Vázquez, Sixto Barbazán, Luciano Rey, Elias Ruso, Manolo
Giraut, José Barreiro e Victoriano Calvo. Diante: Pepe Pintos, Pepe
Rodríguez, Moncho Cobas e Pepe Garrido.
Médicos,
empregados de banca, comerciantes e outros veciños que só contactaran co futbol a través das retrasmisións de radio que cada
domingo as emisoras ofrecián aos ouvintes. Foi por eso que quixeron
rodear ao acontecemento dun aire festeiro.
A Madriña do Partido Ana Villar cos capitáns dos dous equipos, Pepe
Pintos e Palalo.
OS
SOLTEIROS
Victoriano
Fernández (Palalo), Pepe Giraut, Feliciano, ….., Luis, Santiago
Garrido e diante Felipe da Farmacia, Sixto, Mero da Chancela, Roque
Tuñas e Antonio García Abeijón.
Algún
deles traballou na construcción do primeiro campo de futbol do
concello durante varios meses. Antes era así, o que algo quería
algo lle costaba.
O
CAMPO DE FULBOL DE CEPELO fora construído coa aportación de
traballo voluntario nunha finca proiedade do Pazo do Cotón, coñecida
como O Agro do Capelo, de aí ven o nome actual. Este
agro, xunto con outras leiras, fora aforado no ano 1759 por Dna
Francisca de Paula Mariño de Lobeira a José Vidal e José Luaña,
veciños de Logrosa, polas vidas de tres reis ou raíñas de España
comezando pola de D. Carlos III e despois polas de outros ou outras
que o sucederan e vintecatro anos máis, por unha renda de vintecatro
ferrados de centeo, dúas galiñas e outros tantos de cebada, a pagar
nos meses de agosto e setembro de cada ano. (1).
Logo
voltou aos donos do Pazo que cando foi acondicionado para xogar ao
futbol pasou a ser propiedade do Concello de Negreira.
O
porteiro dos Casados abúrrese!
O
partido transcurreu con moita emoción para os espectadores que
comentaban as habilidades e os esforzos dos máis veteranos para
chegar a coller o balón que con dificultade ía de cando en vez á
portería contraria. Os aplausos dos familiares e amigos de cada
xogador eran continuos. O de menos foi o resultado, o máis
importante as anécdotas que logo se contaron sobre as actuacións de
cada unha das estrelas dos dous equipos locais. Unha tarde memorable
para un agradable día de festa.
Pero despois de todo quen lle sacou máis rentabilidade ao deporte rei foi Anita, a madriña do encontro, que uns anos máis tarde acertou, xunto coa súa irmá, unha quiniela de catorce resultados pola que cobraron case dez millóns de pesetas. (2)
NOTA: Para
os divorciados non houbo chance nestre encontro pois daquela o
divorcio estaba prohibido.
(1)
Documento de aforamento asinado por D. Juan López Fernández,
escribano da Súa Maxestade da Xurisdición de Barcala, Lañas e Nantón.
(2) La Voz de Galicia -15-04-86