(Foto David Moreno López)
A
Praza de Ferreiro en Negreira situada ao pé do Pazo do Cotón é un
dos lugares máis senlleiros desta localidade e o seu nome está
estreitamente ligado a unha das persoas máis importantes da Comarca
de Barcala durante o século XIX.
D.
Roque Ferreiro y Hermida, Notario de profesión e Administrador
do Pazo no que residía, foi membro do Partido Progresista e a súa
traxectoria estivo ligada aos vaievén da política española durante
todo o século XIX. Promoveu o cambio da capitalidade municipal de
Aro ao Cotón, antigo nome da Vila, e aínda que se mudou en
repetidas ocasións, quedou definitivamente consolidado o Concello de Negreira e as
dependencias na súa vivenda durante moitos anos. Foi un firme
defensor do Partido Xudicial radicado neste término.
O 13
de setembro de 1866 adqueriu por 14.000 escudos o Pazo do Cotón a D. Nicanor Manso
de Zúñiga Ezpeleta, VII Conde de Hervías, último propietario membro da Nobleza que o herdara da súa
tía en quinto grao Dna. Francisca de Paula de Luaces e Saavedra que
non tivo descendencia do seu casamento con D. José Mariño de
Lobeira.
A REVOLUCIÓN DE 1868
Coa
chamada Revolución de 1868 que provocou a renuncia da Raíña Isabel
II e foi o primeiro intento de instaurar un réxime democrático, D.
Roque Ferreiro presidiu a Xunta Revolucionaria de Negreira para
nomear a nova corporación que sustituiu ao goberno conservador, na
que ocupou o cargo de Síndico, que tiña como función garantir o
funcionamento da institución e defender os dereitos dos
administrados. Promoveuse logo a recuperación do Partido Xudicial
de Negreira suprimido en 1867 coa indiferencia dos anteriores munícipes,
pasando o Concello de Ames a depender do xulgado de Santiago, os de
Brión e Negreira a Padrón e o de Santa Comba e A Baña, do de
Carballo, e convocouse unha asemblea con representantes dos demáis
concellos para solicitar a reposición do mesmo dado o perxuicio que
causaba tanto á economía da Comarca como aos dereitos xudiciais dos
residentes.
Coas deficientes vías de comunicación e as dificultades para
desprazarse, alegaban, a maioría non tiña medios económicos para
levar os testigos aos xuicios nin pagarlle xornal durante os días
que levase a viaxe de máis de seis leguas que había aos novos
xulgados, creando así unha indefensión nos denunciados, poñendo o
exemplo dun veciño de Negreira que fora encarcerado na Prisión da
Coruña por unha acusación da que non tivo posibilidade de
defenderse.
En
dita xuntanza procederon ao nomeamento de Xuiz, funcionarios e
Secretario do Xulgado aínda que a reposición oficial demorouse
catro anos.
Dirixiu
a vida política local durante a segunda metade do século XIX e á
súa morte en 1888 herdou o Pazo o seu fillo Ramón Ferreiro Varela
que casou coa súa curmán Teresa Caamaño Ferreiro quen á morte deste
contraiu novo matrimonio co médico local Victoriano Fabeiro García.
A filla deste matrimonio, Teresa Fabeiro Caamaño, ten adicada unha
rúa na localidade nicrariense.
1951
A
Praza de Ferreiro sufriu diversos cambios ao longo do tempo, en 1951
pavimentouse, pechouse e dotouse da fonte actual e no 1988 foi
remodelada de novo e axardinada co aspecto que hoxe presenta. Na
vivenda máis anterga aínda se conserva borroso o nome que fai referencia
ao insigne Roque Ferreiro y Hermida, Cabaleiro da Orden de Carlos III e
propietario do Pazo do Cotón .
1988