jueves, 23 de septiembre de 2010

O PAI MIÑO


                                                              Foto : Javier Morais


 Ser o máis importante de Galicia dalle un aire así coma de señorío, polo seu porte e porque a xente amósalle máis respeto que se fose un río pequeno. Acuden con feitizo a miralo e as autoridades mímano e fanlle agasallos.

En Ourense ofrecéronlle, entre outros  tributos,  un longo e coidado paseo.Ten varios quilómetros e deseños moi variados no seu trazado. Percórreno de cotío toda a variada fauna urbana: mozos e maiores, ciclistas, atletas, parellas collidas da man e ata policías nos seus vehículos. Estas intervencións merecen que nos sintamos  orgullosos, porque o espectáculo de poder ademirar o seu ecosistema alegra e relaxa.

Pero ademais de dotalo tan pródigamente, a Natureza  tivo co Miño, en Ourense,  outros agasallos. Dende o máis profundo do seu ser volca no  cauce fontes de auga quente, como se quixera facerlle os invernos máis agradables. Sumerxirse nas  termas da Chavasqueira, despois dunha longa camiñata, lévanos a unha estado  moi pracenteiro,  relaxa o corpo e fai voar a mente polos  ocultos currunchos da alma, fuxindo dos que mais escocen e aloxándose naquelas situacións e vivencias máis agradables. Todo un luxo para o espíritu.

Manuel Alí, amais dun bo amigo, é enxeñeiro hidrolóxico, algo así como psicólogo dos ríos e das augas. Toma medidas, traza perfiles, fai cálculos do máis complicado, percorre o rio polas beiras e pola súa superficie, analiza  as influencias que outras augas e os humanos exercemos sobre del. Fai un claro análise do seu comportamento, diagnostica e propón remedios. Acompañalo no seu traballo é como penetrar nun mundo descoñecido.

Agora,  tamén un  dos nosos ríos ten en  Negreira  un longo e fermoso paseo que nos vai permitir facerlle compaña  de cotío.

A alma de Galicia son os mil ríos que a surcan, cando entendamos  a súa verdadeira importancia todos nos volveremos  máis respetuosos con eles.



domingo, 12 de septiembre de 2010

¡ TODOS Á PERRUQUERÍA !




O can de Luis ándache medio enrrabechado, quere que o leve á perruquería. Di estar farto de tanto trasquilado e  baños de zotal que lle deixan, ademáis do arrecendo, o pelexo coma unha tona de laranxa. Así non hai quen compita con tanto can señorito como está a pasear polas rúas  e xa se ve solteiro ata caer de vello.

En Negreira son cada día máis variados os servizos que se están a ofrecer aos veciños. Hai pouco acaba de inaugurarse un centro de estética canina que  presta  tratamentos  e produtos  específicos para o mellor amigo do home, dende perruquería ata as demáis bonituras que se lle poden aplicar a tan noble animal.

O can é todo un exemplo de socialización. Domesticado nas primeiras comunidades neolíticas no 8.400 a.C, pasou  de ser un fiel servidor ata acadar un estatus semellante ó das persoas e, nalgúns casos, aínda superior. Coa excepción  do can de palleiro, último eslabón do estamento canino que segue a estar marxinado dos avances e modernidades que a sociedade capitalista, e por ende consumista,  nos vai introducindo.

Caso aparte merece o can vagamundo, aquel que é abandoado polos seus donos e deambula entre o desprezo e a marxinación dos humanos e os demáis da súa especie; acaba  ás veces nas cárceres de cans que hai en moitas cidades. Se ninguén lles amosa o seu afecto e os acolle acaban nos fornos crematorios ou nunha fosa común.


Na memoria quedan aquelas redadas que  facía en Negreira  o laceiro municipal de Santiago, cando os  cans abandoados nas rúas incomodaban ós veciños que non paraban de protestar. Era  un espectáculo velo cazar ós pobres animais e introducilos na furgoneta de Moncho do Francés. Claro que, formados na universidade da vida,  ó día seguinte aparecían de novo tan campantes ante a sorpresa de todos e o enfado dos operarios municipais ao ver  os buracos que fixeran debaixo das alambradas que tan primorosamente ergueran en Pedra Mámoa.

Agora, nas cidades, o lugar dos cans vagamundos  está sendo ocupado por persoas; esperemos, dado os tempos que corren, que calquera día non empecen a mandarlles os laceiros.



domingo, 5 de septiembre de 2010

ÁFRICA, CON PERDÓN



Esta fotografía hecha  en Sudán recibió el  Premio Pulitzer en el  año 1994. Su autor, el fotógrafo sudafricano Kevin Carter, manifestó en la entrega del  mismo:

“Es la foto más importante de mi carrera pero no estoy orgulloso de ella, no quiero verla, la odio. Todavía estoy arrepentido de no haber ayudado a la niña”.

Se suicidó dos meses después.

El continente africano ha sido desde los tiempos del Imperio Romano la principal fuente de aprovisionamiento de las grandes potencias, de allí traían trigo, oro, marfil, esclavos…El  llamado oro negro africano, en referencia a la trata de esclavos, ha sido la más inhumana sangría a que ha sido sometido este  continente. Incluso ya en la Edad Media  se tiene constancia de la venta, por parte de Alfonso III de Aragón, de 40.000 moros en el año 1287 y el historiador inglés Hugh Thomas, en su libro La Trata de Esclavos, cifra en unos 11.382.000 los africanos esclavizados en las colonias americanas en el periodo comprendido entre 1440 y 1870 . Del tráfico de esclavos proceden algunas de las grandes fortunas, concretamente de determinadas  familias de la actual banca.

Las potencias europeas se repartieron África en el siglo XIX como si de un pastel se tratara  y en la Conferencia de Berlín (1884-1885) fijaron las bases para la explotación de sus recursos. Luego, con posterioridad a la independencia de la mayoría de los países africanos, con la nueva política neocolonialista las antiguas metrópolis siguieron manteniendo un control económico y político a través de gobiernos títeres y corruptos o bien interviniendo militarmente según su conveniencia.

África es hoy uno de los continentes del mundo con mayores riquezas naturales: petróleo, diamantes, oro, coltán … y sus reservas son de un valor incalculable. Todas ellas son explotadas directamente por las  compañías transnacionales con el apoyo de las grandes potencias. En nada repercute esa riqueza en la mayoría de la población, sometida a la tiranía, la miseria, las enfermedades, el analfabetismo y las guerras.

Cuando la esperanza media de vida en Europa es de 73 años, en África es de 46, cuatro menos que en la década de los 90. Veintiséis millones de personas padecen SIDA ( un 60 % del total mundial ) y  los veinte países con peores tasas de mortalidad infantil  pertenecen a ese continente, siendo Níger el peor del mundo con un 167 por cada mil (UNICEF). El 20 % de los niños de África mueren antes de cumplir los cinco años y 200.000 se venden cada año como esclavos.

África necesita recuperar el control de  sus recursos, que sus habitantes puedan  mejorar sus condiciones de vida y recobrar la dignidad que como seres humanos les corresponde.