Escola de Nenos Nº 2-NEGREIRA Curso 1935-36 |
(Foto Martín Fernández)
Os rapaces saían da casa cada mañá co seu cabás, nel gardaban a pizarra, o
caderno ou a Enciclopedia; levaban algúns unha pequena bursa amarrada ao cinto
coas bolas para xogar en tanto o Mestre non abría a porta e ían
entrando en silenzo para ocupar cada ún o seu lugar na
aula. Pero ese día foi distinto pois D. Juan avisounos que debían
ir coa roupa nova para facer un retrato todos xuntos, así os que
quixeran poderían encargar unha copia para gardar como recordo. Por
iso, tantos anos despois, dispoñemos deste documento gráfico
que proporciona información sobre as condicións de
traballo dos mestres nas escolas da época.
En 1927 o
indice de analfabetismo en Galicia era do 56,28 % e só
estaba matriculada o 53% da poboación infantil (1); nen siquera se
cumplía a Lei Moyano de 1857 que recollía a obligatoriedade de dúas
escolas cada 500 habitantes.
No Concello de Negreira en 1935 existían 17 escolas incluindo as que construíron os indianos e as novas do Primeiro Bienio da II República. Na Vila, con 520 habitantes segundo os datos do INE, dúas escolas de nenos e unha de nenas que atendían tamén á poboación infantil das aldeas da veciña parroquia de Logrosa: A Número 1 de Nenos que rexentaba D. Antonio Queiruga Fernández, a de Nenas de Dna. Ramona Ferreiro Conde e a Nº 2 de Nenos de D. Juan Garrido Eirín.
No Concello de Negreira en 1935 existían 17 escolas incluindo as que construíron os indianos e as novas do Primeiro Bienio da II República. Na Vila, con 520 habitantes segundo os datos do INE, dúas escolas de nenos e unha de nenas que atendían tamén á poboación infantil das aldeas da veciña parroquia de Logrosa: A Número 1 de Nenos que rexentaba D. Antonio Queiruga Fernández, a de Nenas de Dna. Ramona Ferreiro Conde e a Nº 2 de Nenos de D. Juan Garrido Eirín.
O
elevado número de alumnos e alumnas, igual que na maioría das
escolas do municipio, levou ao emprego do Método de Enseñanza
Mútua, de Joseph Láncaster, na que os máis aventaxados axudaban
a grupos dos maís pequenos, sobre todo para o ensino da lectura:
Letras, sílabas e palabras, coa práctica nas pizarras tanto de
escritura como de cálculo ata que pasaban a ler no Catón. O Mestre
que controlaba a estes grupos atendía tamén aos maiores que xa
estudiaban na Enciclopedia Dalmau Carles de Grado Elemental, Medio e
Superior, completando os seus coñecementos cos Compendios de
Aritmética ou Geometría. Tamén cos distintos libros de Lectura .
Dado que o alumnado superaba ampliamente a capacidade
das aulas creouse un doble turno de catro horas cada un para poder
atender á totalidade de nenos e nenas matriculados. Por eso a
Inspección Educativa estableceu para estes casos os xoves como día
non lectivo para que poideran descansar os mestres e dedicalo á
preparación das clases.
A
Biblioteca Escolar foi tamén un elemento complementario sobre todo para o alumnado de máis idade. No Salón
de Plenos do Concello de Negreira aínda se conserva o moble da de
Nenos nº 1 que polo seu tamaño pódenos dar unha idea da
importancia desta axuda para o labor docente.
Destas
escolas saían preparados para traballar na Agricultura, nos
diferentes oficios e profesións e algúns para continuar os seus
estudos nas clases de Bacharelato do Xefe de Correos e Telégrafos D.
Luis Gippini e de D. Jesús Magariños. Uns poucos, das familias con
máis recursos, continuaban cos estudios universitarios en Santiago
de Compostela.
Escola de Nenos nº 2 |
(1)
La Primera Enseñanza en España. Ministerio de Instrucción Pública
y Bellas Artes -Madrid 1927
No hay comentarios:
Publicar un comentario