(Foto López Tuñas) |
O dibuxo da mañán
era de néboa
e albada.....
A longa estrada
perdida e vagando
aberta na distancia...
había coma un agoiro de frío e
camiñar
sobor do duro frío da xiada.
Unha espiral de fume enluado
voaba maina
dende o lume primeiro do amencer
daquela casa...
Quedaban a fiarse
ós últimos tecidos neboeiros
da iauga,
por entre o recuncho dos arrós
de tantos niños
e tantas agardas...
Baixo o ar
ao lonxe o río era remanso
envolveito na brétema da calma.
O hórreo entre o silenzo,
unha estadea
no retrato en branco e negro da
paisaxe....
Coma tantas mañáns,
todas igoales,
nada pasaba...
Pero aquela,
unha desas mañáns,
-inespricábel...?
deixoume no cerne da ialma,
no percorrer paseniño do tempo,
un morno soño tallado na lembranza.
JOSÉ MANUEL
LÓPEZ “Ardeiro”
Sombras
e outras presencias
No hay comentarios:
Publicar un comentario