jueves, 4 de junio de 2020

A FOLLA QUE OCULTA A VICHY


Hoxe escoitei en Radio Negreira que é o Día Internacional dos Nenos Inocentes Víctimas de Agresións, por eso me lembrei desta fotografía que tomei en París a finais do ano pasado. Naquel instante unha viruxe desplazou unha folla que tapou o nome da cidade francesa onde se atopaba o goberno colaboracionista dos Nazis que tanto dano causou a persoas de todas as idades e condicións. Deixei así a foto como testemuña do que se acostuma a facer  para ocultar a moitos cómplices destas barbaries.




ARRESTADOS POLA POLICÍA DO GOBERNO DE VICHY, CÓMPLICE DA OCUPACIÓN NAZI, MÁIS DE 11.400 NENOS FORON DEPORTADOS DE FRANCIA DE 1942 A 1944, E ASASINADOS EN AUSCHWITZ PORQUE NACERON XUDEOS.

MÁIS DE 500 DESTES NENOS VIVÍAN NO 4º DISTRITO, ENTRE ELES, 100 PEQUENIÑOS NON TUVERON A SORTE DE FRECUENTAR UNHA ESCOLA.

PASEANTE, LE O SEU NOME, A TÚA MEMORIA É A SÚA ÚNICA SEPULTURA.

                                                                    NON OS ESQUECEREMOS XAMÁIS


Os franceses saben ben  que os países que ocultan a súa Historia están obrigados a repetila, por eso non hai ningún pobo ou cidade  que non recolla nas súas rúas ou prazas monumentos e homenaxes aos que entregaron a súa vida pola libertade.