Quen
queira cantar á Terra
dunha
maneira atinada,
que
se vaia lonxe dela
xa
verá como lle canta.
J.Rodríguez
Joseito
da Revisora era o nome que lle daban os seus amigos de infancia a
José Rodríguez Rodríguez. Dunha familia de oito irmáns, os dous
maiores naceron na cidade de Holguín (Cuba) onde os seus pais
estaban emigrados. Como a moitos outros galegos a José tamén lle
tocou o triste destino da emigración, despois de pasar a súa
infancia en Negreira na casa familiar onde súa nai, a Señora
Francisca, dedicou moitísimos anos ao ensino na compaña das súas
fillas, Purita e Sofía.
José
era unha persoa sensible que empezou a escribir dende que tiña dez
anos, segundo dicía porque tiña necesidade de exteriorizar os seus
sentimentos e os poemas saíanlle da alma. Emigrou a Bos Aires
no ano 1950 e deixou unha ampla obra poética chea de sentimento e
morriña, que se manifesta ao longo de toda ela. Confésábase un
defensor da rima : No suenan muy bien los versos / sin rima que
los sostengan / ave de alas recortadas / quiere volar y no vuela.
Durante a súa visita a Negreira compartimos moitas horas de
conversas nas que, ademáis de falar da súa infancia, lembraba a a
influencia que tivo nel o seu mestre D. Juan Garrido e da necesidade
de volcar o seu silencio interior. Influído dende moi pequeño pola
lectura dos poetas casteláns e galegos como Campoamor, Becquer,
Rosalía ou Curros.
A súa obra inédita está recollida en dez libros de poesía
castelán e cinco en galego e, ademais, seis en prosa. No
seu corazón e na súa memoria sempre estivo presente o pobo no que
pasou a súa infancia e xuventude.
José cantou a poetas como Pondal, Rosalía ou Miguel Hernández :
….
Recordando al fiel pastor
No expreso los campos lloran,
No digo los montes tiemblan,
Esta congoja es más honda...
Por la idea perseguida
Sin hallar misericordia;
Era la carne del pueblo
Que sufría sin derrota
En la sangre varonil
Acorralada en la sombra.
…....
A
NEGREIRA
Suman anos distanciados con recordos
En ausencia do meu pobo máis amado,
Coas ledicias que se alonxan e non perdo,
Ti ,Negreira, si que fires sen horario.
A beldá que recibimos soio invita
A un soño moi enxebre; e soñarán
Tantos fillos, teus piñeiros que dormitan
E os campos con un verde cal imán.
Brotarán nos nosos vales matizados
De herbas, flores e tamén fecundidá;
E os ventos que son castos e aromados
acompáñante con solidaridá.
Que de veces ese sol alumiando
Cos seus raios teus fogares bicaría,
E dos vidros alfombrando os interiores
O haber da evocadora poesía.
Xa brindaron en bandadas mañanceiras
Tantos cantos entre merlos e gorriós,
E nas casas as fermosas anduriñas
Cos sus niños alegraron teus balcóns.
Arrabaldos moi humildes que eu lles canto,
Como Campos e o pretiño Vilachán,
E agochada Negreiroa enfeitizada
Arredada deses ríos que se van...
Rodeándote Logrosa coa Chancela,
Con Fontán a carballeira, e piñeiraes
Que se estenden alongadas e te velan
ternamente polas veigas e fogares.
O castelo de Varela silencioso
Que rendido polos anos...Cantos son
os recordos dese Tambre rumoroso
E os soños de ese Pazo do Cotón!
Sobre todo as tres cruces que se erguen
Elevando o teu reflexo celestial;
de Logrosa, a capela bela e santa
Coa añosa cruz do templo parroquial.
Dendes neno coas memorias arrodéome
Cariñoso te relembro permanente
E no claro da miña alma eres desexo..
Si, Negreira, serei teu eternamente.
( Do Libro Terceiro: Homes e Terra - 31 de xaneiro de 1941)
EPIGRAMA-nº 7
Caeu no río de cu
Manueliña do Rueiro
E dille Pedro ao pasar
por alí un pouco serio:
-Antes lavábase a cara,
Como cambiaron os tempos!
JOSÉ
DEBUXANTE
Os debuxos de José Rodríguez están no Centro Galego de Bos
Aires; no Concello de Negreira, onde deixou un de Castelao asinado
por el; nos domicilios dos seus amigos e familiares. Rosalía,
Curros Enríquez, Ramón Cabanillas e outros importantes poetas
galegos tamén saíron do lápiz de José para quedar inmortalizados
en fermosos retratos. A poesía, a talla, o debuxo e o teatro, foron
as súas afeccións.
O desexo de José Rodríguez Rodríguez era vir morrer ao seu pobo,
pero esa ilusión non se cumpriu pois o 29 de novembro do ano 2013,
finou na cidade de Bos Aires onde residía.Pero segue vivo na súa abondosa obra literaria, no recordo dos seus familiares de aquí e de acolá e dos amigos que tivemos a honra de coñecelo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario