Santa Eulalia de Logrosa (J.M.L.T.) |
Aurelio
foi un persoaxe que viviu en Logrosa (Negreira) alá polo século IV.
A agricultura debeu ser o seu medio de vida, traballo duro como
correspondía aos estratos inferiores da sociedade, pois en Roma non
todo era esplendor. Admiramos en Pompeia as domus e a forma de vida
dos patricios, pero eran só unha minoría, o resto da sociedade
vivía con moitos menos recursos.
Morreu
Aurelius Aurelianus non moi novo, aos 36 anos. A esperanza de vida nesa altura
era de trinta, debido ás condicións dos traballos e ás
enfermidades que, segundo as invertigacións feitas sobre restos
humanos atopados nas excavacións, eran maioritarias a artritis e o cancro de
osos. Esa cifra non se superou en España ata finais do século XIX.
A
esperanza de vida é a idade media da morte, non a da poboación máis
lonxeva, condicionada pola alimentación, as epidemias ou os
conflictos sociais. Na época romana víase disminuida pola intensa
mortandade da poboación menor de quince anos. Tómase como un
importante indicador do benestar social. A partires da Revolución
Industrial aumentou de xeito espectacular pola mellora dos
hábitos hixiénicos, como o lavado das mans, a depuración das augas
e a rede de sumidoiros pero sobre todo pola evolución da
Medicina e as campañas de vacunación. Na actualidade a media
mundial está en 67 anos.
No
libro A flor da figueira,
falando dunha muller coetánea de Aurelianus que tamén morou en Logrosa, Aebura Cilena, contaba que as igrexas consagradas a Santa Eulalia, que foi
vítima de martirio na capital da Lusitania, Emerita Augusta
(Mérida), estaban situadas sobre antigos cimiterios romanos, por
iso foi que no de Santa Eulalia de Logrosa foron atopadas varias
estelas funerarias, entre elas a de Aurelius Aurelianus (1). O mesmo
aconteceu coas tumbas de épocas posteriores, como un sarcófago
medieval aparecido a finais da década dos cincuenta do pasado
século, co gallo do acondicionamento da estrada de acceso á aldea.
Ata alí nos desprazamos os veciños e o daquela alcalde, José
Abeijón, para observar o achádego, que causara gran expectación.
A estela funeraria, como corresponde, está consagrada aos deuses Manes, que eran
os protectores do defunto e da súa sepultura. A inscrición aínda
permite ler: D (is) M (ani) b(us) Aureli (us) Aurelianus
annorun XXXVI : (Consagrada) ós
Deuses Manes (aquí xaz) Aurelius Aurelianus de 36 anos.
Que
a terra lle sexa lixeira (STTL), como se decía no antigo Imperio,
que equivale á locución cristiana“ Requiescat in pace” o que
sería o actual DEP.
(1) Museo do Pobo Galego - Santiago de Compostela.
(1) Museo do Pobo Galego - Santiago de Compostela.
No hay comentarios:
Publicar un comentario