Foto Emilio Forján (La Voz de Galicia) |
A preocupación da Unión
Europea pola depuración das augas residuais trouxo millóns de euros
para que as cidades e as vilas mantiveran o medio natural limpo de
contaminación, dotanto incluso aos pequenos pobos dos medios
adecuados para que o mar e os ríos mantivesen puras as súas augas e
non se vira aínda más alterado o ecosistema. En moitos casos estes
fondos foron administrados de xeito inadecuado, como pasou en
algunhas poboación da provincia de Ourense, onde se instalaron
depuradoras de barcos que nunca chegaron a funcionar.
En Negreira acaba de ser
instalada unha estación dotada, ao parecer, dos máis modernos
medios para depositar no río as augas fecais unha vez purificadas,
cun investimento de algo máis de seis millóns de euros, con
fin de resolver definitivamente os problemas de depuración
“creados” pola derruba da estación que ata o de agora veu
funcionando e que, construida en 1997, tantos quebradeiros de cabeza xenerou a parte do vecindario e tamén á administración municipal.
Situada no casco urbano
contou, dende o principio, coa oposición dos veciños da parte baixa
do pobo, afectadas as súas vivendas pola instalación, que non
estaban dispostos a soportar as molestias do cheiro, e temerosos de que o arrecendo rematara tamén cos seus pequenos negocios e coa saúde dos seus.
Os problemas comezaran cando o proxecto foi presentado ao Pleno da Corporación Municipal para a súa aprobación e os concelleiros socialistas, daquela na oposición, descubriron que figuraba nos planos ubicada nos terreos do campo da feira, colindantes co río. As autoridades municipais respostaron que era un erro do proxecto e que sería ubicada nos terreos de recheo fluvial, como logo fixeron. Pero a Comisión Provincial de Patrimonio comezou a poñer impedimentos debido a que non se gardaban as distancias reglamentarias co último vestixio do Pazo do Cotón, que era un muro de pedra ao outro lado da estrada. Resolveron o problema derrubando o citado muro e deixando o vestixio máis lonxe. Os informes técnicos foran maioritariamente negativos, pois a súa ubicación estaba prevista na zona de protección de Augas de Galicia.

Cansos de loitar sen ser
escoitados, os veciños afectados recorreron ao daquela Presidente da
Xunta que, segundo eles, manifestoulles que “a persoa que
máis entende en todo o mundo de depuradoras son eu, e esa non vai
cheirar, punto !” E así se construíu a tristemente famosa depuradora. A
veciña propietaria da vivenda máis próxima a ese espazo recurriu á Xustiza pois, ademáis de ser a máis perxudicada, a estrada de
acceso á súa casa foi ocupada por parte das instalación e o seu pozo contaminado.
Anos
máis tarde o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia
ditaminou que a depuradora debía ser derrubada por incumprir cos
trámites legais e estar construída en chan non urbanizable de
especial protección patrimonial. Os recursos presentados polo
Concello non serviron de nada e así se dilapidou un millón de
euros. Onte, un dos veciños
dicía que, malia todo, a desgraza non fora tan grande como coa a
anterior, pois nese mesmo lugar estivera tamén outra máis antiga.
Primeira Depuradora |
Na década dos cincuenta
do pasado século, Negreira foi un dos primeiros pobos de Galicia en
contar cunha depuradora, malia non ter funcionado nunca, pois as
autoridades municipais desa altura acordaran que o seu custo de
mantemento era inasumible para as arcas municipais. O gran vaso de formigón
chantado no chan e cruzado por unha pasarela metálica era o lugar
onde os rapaces ían tirar pedras contra os batracios que nadaban
nas augas da choiva do inverno que enchía o recipente. Os máis
atrevidos ata chegaron a entrar para ver a maquinaria oxidada que
durante anos estivo pechada na caseta de cemento dun lateral.
A desgraza fixo que unha noite de domingo, Emilio, un veciño da Chancela de Abaixo caera no vaso da depuradora. Logo de non retornar á súa casa, ó día seguinte, a familia e os amigos organizaron unha intensa búsqueda do home que apareciu morto na instalación. Aos poucos días un camión con volquete enchiuno de terra, tapándoo para sempre.

No hay comentarios:
Publicar un comentario