Son
moitos anos os que levamos compartidos con este fermoso traballo dun
artesán do barro que soubo reflectir ben o que cada un de nós pode
descubrir a través da memoria dos nosos ancestros. É ben sabido que
as raices son a parte máis importantes dos seres vivos, pois igual que as plantas, a través delas, reciben os alimentos que precisan, a
regulación estacional e o seu soporte, o mesmo ocurre coas distintas
civilizacións.
Dende
a aparición dos primeiros seres humanos, a terra foi o seu sostén,
así o soubo recoller Moisés no Xénese que sitúa a orixe do home
nunha estatua de barro, porque este primeiro elemento foi a base da
nosa civilización. A fabricación dos primeiros utensilios, a orixe
da escritura, dos libros, das primeiras bibliotecas e durante moitos
séculos foi un elemento fundamental para a vida das persoas.
Os
primeiros escritos que se coñecen apareceron hai uns 6.000 anos,
sobre taboiñas de barro alá na Mesopotamia e a súa función era
recoller a lista de propiedades con debuxos moi simples como unha
árbore ou homiños; logo pasaron a recoller pequenas ideas como a
amizade, a enemizade ou a fertilidade segundo describe a historiadora
Irene Vallejo. A escrita foi evolucionando ata que chegaron a
representar as letras e os sons. Un traballo exclusivamente reservado
a unha elite: os escribas. O primeiro autor coñecido da Historia da
Literatura foi unha muller , Enheduanna, filla do rei Sargón I de
Acad, que no seus poemas dedicados a Inana, deusa protectora e do
amor inspiroulle fermosos versos cheos de vida. En algunhas
bibliotecas como a do rei asirio Asurbanipal chegaron a desenterrar
os arqueólogos máis de 30.000 taboiñas de barro.
Aínda
que logo pasou a ser sustituído por outros elementos: o papiro ou o
pergameo, a cerámica foi sempre un elemento fundamental da cultura
dos pobos.
Alfareiros na Feira do Cotón (Negreira) : Ano 1900
No ano
1976 un grupo de xóvenes da comarca de Barcala decidimos crear unha
Asociación Cultural e unha das primeiras actividades que puxemos en
marcha foi unha exposición de cerámica popular galega. Cos nosos
coches perorremos os principais obradoiros de alfareiros de Galicia:
Buño, Gundivós, Niñodaguia, Puxeiros... recollendo mostras de cada
unha delas para destacar as características que as diferenciaban e os distintos usos a que se adicaban pois nas casa dos galegos
a maioría dos utinsilios como cuncas, pucheiros, tinas formaban
parte dende sempre do menaxe cotiá. A noticia publicada en distintos
xornais fixo que fose todo un éxito para os visitantes locais e
foráneos. Moitos de nós aínda conservamos nas nosas casas algunha
mostra desa fermosa exposición e a lembranza de tan enriquecedora
experiencia.
Sargadelos
Malia
a diminución de obradoiros da artesanía tradicional a cerámica en
Galicia segue a ter uso e conformando a menaxe das casas, en parte
grazas a persoeiros tan importantes para a nosa cultura como o
intelectual Isaac Díaz Pardo, alma mater de Sargadelos, cuxas pezas
son recoñecidas en todo o mundo.