viernes, 14 de septiembre de 2018

LA TESIS DE NANCY







Contagiado por la reciente fiebre conspirativa de las tesis doctorales he tenido que echar mano de mi preferida para, despues de bastantes años, analizar de nuevo una de las más importantes de nuestra Literatura: La Tesis de Nancy, del escritor español Ramón J. Sender, Premio Nacional de Literatura (1953) y que como tantos otros tuvo que marcharse al exilio en donde falleció en 1982 (San Diego - USA) después de impartir la docencia como profesor de Literatura en varias universidades.

Nancy es una muchacha norteamericana que llega a Andalucía a elaborar su tesis doctoral sobre la cultura española, en una época en que este país vive anclado en sus tradiciones; se relaciona con los personajes más típicos y cuenta regularmente a su amiga Betsy, de Pensilvania, sus impresiones personales sobre las costumbres sociales, de una manera muy original, simplista y a veces tergiversada, siempre bajo el prisma de una chica pragmática y un poco despistada. Sus limitaciones linguísticas y la convivencia con expresiones que no figuran en el diccionario a las que da una interpretación “sui géneris” las llevan a unas conclusiones simpáticas y originales.

A los expertos en análisis de tesis no debiera faltarle este libro en su biblioteca porque además de reirse a carcajadas con su lectura, ayudaría a entender muchas actitudes del pasado que perviven, mientras se presume de modernidad, en nuestro ideario colectivo.

La Tesis de Nancy no creo que figure en los archivos de ninguna universidad, aunque seguro que en todas las bibliotecas de las facultades de Lengua y Literatura, y los otro cuatro libros de J. Sender sobre las andanzas de esta chica que alcanzó el grado de “Doctora en Gitanería”.

Pero en este berenjenal doctoral debiera recomendarse uno de los libros más importantes del mismo autor: REQUIEM POR UN CAMPESINO ESPAÑOL, una gran obra de la Literatura  cuya lectura sería un toque de atención sobre las más variadas frivolidades que se observan en el panorama político español. La historia de Paco el del Molino, que vive en un pueblecito aragonés, serviría para aclarar muchas cosas de nuestro pasado que a nadie dejaría indiferente.

                                              …. Lo buscaban en los montes,
                                              pero no lo han encontrado;
                                              a su casa iban con perros
                                              pa´que tomen el olfato;
                                              ya ventean, ya ventean
                                              las ropas viejas de Paco.




                                                                               J.M.L.T.







lunes, 3 de septiembre de 2018

OS RELOXOS DE SOL EN NEGREIRA



Igrexa parroquial de Covas

Camiñar nas tardiñas de verán polo Paseo Fluvial de Negreira mentres o Sol proxecta as sombras dos abeneiros ao longo do río é todo un luxo, gozando do entorno e sorprendéndonos logo ao ver na fachada Sur da igrexa parroquial de Covas o fermoso reloxo de sol, limpo e restaurado co seu gnomon ou triángulo metálico brilante, perfectamente orientado. Lémbranos que durante séculos foi coa axuda das campás da igrexa quen regulaba a vida cotiá das xentes desa parroquia.

Foi o seu construtor o mestre canteiro Domingo de Fontenla, quen en 1730 restaurou as fachadas da igrexa parroquial. Facer un destes cadrantes solares, como tamén se lles chama, non era doado pois o ángulo inferior do triángulo rectángulo metálico ten que coincidir exactamente coa latitude xeografíca do lugar. Daquela non existían os GPS pero os coñecementos xeográficos eran dabondo para suplir a súa falta.

Cunha simple vara chantada en vertical coa axuda da plomada, a poder ser nos días dos equinocios de primaveira ou outono, íase marcando o extremo da sombra e no momento en que acadaba a mínima lonxitude uníase con un cordel o borde da mesma co extremo do pau. A amplitude do ángulo superior coincidía co raio de sol tanxente à punta do pau e ese ángulo era coincidente coa latitude do lugar e polo tanto do ángulo agudo inferior do gnomon.

Igrexa parroquial de Aro


No Concello de Negreira consérvanse polo menos oito reloxos de sol, na parroquia de Covas existen  dous máis no lugar de Trians, na que foi casa dos Robira e no hórreo do Mocelo, e nas igrexas parroquiais de Aro, Gonte e Xallas. Tamén  na parroquia de Portor, en edificios de Ponte Maceira e Saleiróns.


UN POUCO DE HISTORIA

Os primeiros reloxos de sol foron fabricados polos exipcios hai uns 3500 anos, dividiron a duración do movemento de traslación da Terra en 365 días e cada día en 24 períodos chamados horas. A través dos babilonios chegaron a Grecia e logo a Roma.

O historiador romano Plinio O Vello (século I) relata na súa Historia Natural como era o funcionamento do que o Emperador Augusto mandou colocar no Campo de Marte para marcar as horas pola sombra que proxectaba un obelisco de pedra.




HORA LOCAL, HORA LEGAL E HORA OFICIAL

Os reloxos solares marcan a hora local, a correspondente ao meridiano dese lugar, pero como cada lugar da Terra ten unha hora diferente, houbo necesidade de dividila en 24 fusos horarios cunha amplitude de 15 º sendo a hora de cada un deles a do meridiano central (hora legal).O punto de partida é sempre o Meriano 0º que en España era o de Madrid ata o ano 1970 que se adoptou o de Greenwich.

A hora oficial é a que rixe nun país ao marxe de pertencer a varios fusos horarios. En España as provincias de A Coruña e Pontevedra están situadas máis de 8º ao Oeste do meridiano de Grenwich pero a súa hora está sincronizada coa deste meridiano.
Durante o verán e o inverno veuse modificando o horario oficial en Europa para adaptalo as necesidades laborais. A UE propón agora que se manteña o horario oficial durante todo o ano.



Ponte Maceira



Os reloxos de sol foron durante algúns séculos unha axuda primordial para regular a vida diaria das persoas, forman parte do patrimonio arquitectónico e cultural, motivo suficiente para mantelos en perfecto estado.


Igrexa de Gonte







Igrexa de Xallas


(Fotografías do autor)