|
Hórreo barcalés-Negreira (Foto López Tuñas) |
Dicía
Castelao que o hórreo era “ unha ucha sacra na que se
garda o pan de todo o ano” pois
a súa función é almacenar, secar e conservar o millo.
Aínda
que este cereal non chegou de América ata o século XVII, momento de
gran expansión económica que propiciou que este típico almacén de
gran se expandira por toda a xeografía galega, a súa orixe
remóntase aos períodos prehistóricos. Ata a Idade Media existía
un hórreo comunal en cada lugar, onde se almacenaba o maínzo
ou millo miudo
que máis tarde foi sustituido polo novo cereal procedente do
continente americano.
|
Miniatura nas Cantigas de Santa María-S.XIII |
Segundo recolle o escritor Manuel Caamaño Suárez no Caderno nº 9
do Museo do Pobo Galego, no ano 1988 estimábase que había en
Galicia 3.500 hórreos.
Téñense
feito moitas clasificacións da súa tipoloxía, atendendo á pranta,
materiais e elementos construtivos pero a máis completa de todas é
a que Ignacio Martínez Rodríguez recolle no seu estudo El
hórreo gallego,
distinguindo un total de 18 modelos distintos co nome das zonas da
súa implantación.
O
barcalés ou mahián é o
máis común na nosa comarca, coa cámara
sostida por cepas
ou muros transversais e co armazón construído con trabas
costais de madeira, o
tellado a dúas augas e a porta nun dos penais. E o fisterrán
nas zonas máis cerca da costa.
|
Hórreo fisterrán-Pesadoira-Negreira |
Este
hórreo de pedra esténdese pola zona costeira e cara o interior
nunha franxa duns 20 Km de ancho. Polas duras condicións
climatolóxicas, chuvia e vento, precísase que sexan materiais
duradeiros e consistentes. A sustentación de cámara rectangular é
de esteos (columnas
de cantería) coroados por tornarratos,
e a cámara de
pedras de tamaño variable con ocos para a ventilación.
O claro, que
é a equidistancia entre
un soporte e o seguinte, chámaselle tamén tullo.
O número de claros expresa moi ben o poderío económico da casa á
que pertence.
O hórreo é unha das construccións máis singulares da arquitectura
popular galega e xunto co muíño un elemento fundamental para os
habitantes do medio rural, pola importancia do pan na alimentación e
na nosa cultura.
|
Broa ou pan de millo (Foto Panadería Xallas) |
|
Hórreo en Covas |
|
Hórreo de Carnota |
No hay comentarios:
Publicar un comentario