O proceso de romanización
deu lugar a ubicación da poboación de Gallaecia nas chairas e
terreos axeitados para a agricultura e á proliferación de vilas
(caseríos de varios edificios dun solo propietario), aldeas (vica),
cidades como Flavium Brigantium (A Coruña) ou Iria Flavia (Padrón), os fora, asentamentos de carácter urbano ou
semiurbano que facían de centros comerciais das súas zonas ou ás
capitais dos conventos, Brácara, Lucus ou Astúrica Augusta. A rede
viaria e a actividade comercial apurou a integración da poboación
no Imperio acadando tamén o carácter de cidadáns .
Pero foron as invasións
dos pobos xermánicos (suevos, vándalos, visigodos..) as que
acabaron coa vida urbana, a poboación pasou a vivir pegada á terra
e as cidades ficaron abandonadas, íniciándose unha época de
profunda decadencia en tódolos órdenes.O Rei tivo todo o poder polo
feito de selo: gobernaba, lexislaba e era o dono de todas as terras e de todo o que estuvese dentro dos límites do seu reino, agás os
bens da igrexa e os nobres.
O
acontecemento máis importante da Idade Media en Galicia foi o
descubrimento, a comenzos do século IX, dun sepulcro cos restos atribuídos ao
Apostol Santiago, na diócesis de Iria Flavia nun extremo do Val da
Maía. O bispo Teodomiro declarou o recoñecemento oficial do
enterramento comunicándollelo ao rei Afonso II de Asturias que logo
dunha cerimoniosa viaxe manda construír a
primeira igrexa adosada ao sepulcro.
Durante
o reinado de Don Ramiro I os bispos Sisnando e Cresconio (842-850) crearon o primeiro recinto amurallado. Compostela é o
destino de milleiros de peregrinos de toda Europa. Afonso III
tansformou a igrexa en basílica entre os anos 880 e 899 .O 29 de
xaneiro do ano 915 o rei Ordoño II concédelle a Compostela un
diploma foral que di “ Siervos que moren en Compostela, si no
son reclamados en el plazo de 40 días serán declarados ingénuos (libres)”.
O
burgo medra e centos
de moradores exercen xa aos máis variados oficios e tamén o seu
suburbio, os privilexios de distintos monarcas amplían o señorío a un
radio de 3 millas (Afonso II), a seis Ordoño I (854) logo a 12 Afonso III, e xa Ordoño II no 915 a 24, establecendo que os
moradores satisfagan ao Bispo as mesmas rentas que debían pagar ao
Rei. (2)
Os
reis transferiron á igrexa compostelana o dereito de patrocinium que
tiñan sobre os habitantes de ditas comarcas, salvo os da cidade que
gozaban de total inmunidade. Así
foi que Barcala quedou formando parte do señorío de Compostela.
Era costume na Idade Media que nas basílicas se ocuparan comunidades
de frades da liturxia por iso o rei Afonso II mandara construír (814), de acordo co obispo de Iria Teodomiro, un mosteiro con celdas e
claustros e outras dependencias para uns frades benedictinos,
encargando a obra ao seu primeiro abade Ildefredo, para que acudiran
á catedral co fin de custodiar o sepulcro e atender os oficios
relixiosos a cambio de recibir a metade das esmolas do altar maior de
Santiago. O Mosteiro de San Paio de Antealtares pasou a ser o máis
importante de Galicia creando outros mosteiros e prioratos da regra
de San Bieito nas terras de Compostela.
S.Paio de Antealtares-Santiago de Compostela |
O
abade Adulfo III no ano 942 incorporou a ese Mosteiro o priorato de
Santa María de Portus
Odorii
(Portor) a 3 leguas de Santiago e situado na marxe dereita do río
Tambre xunto a Ponte Maceira, coa finalidade de recoller as rentas
dos campesiños. Tamén no ano 985, sendo Gutier o abade de
Antealtares recibe do monxe Leodofredo a donación da igrexa de San
Mamede de Monte coas súas
pertenzas e outros bens nos lugares de Nantón, Soilán, Buchaín,
Triáns e outros varios para soster o convento, o alumeado da igrexa
e esmolas aos pobres. O prior de Santa María de Portor a mediados do
século XII era Ordoño Gundesmidez. (3)
O 16 de outubro do 1132 en tempos de Xelmírez constrúese o mosteiro tamén benedictino de San Xusto de Toxosoutos, perto de Noia, que logo incorpora o Priorato
de Arzón, fundado polos condes de Traba, tamén nas terras de Barcala establecendo o seu señorío
sobre os lugares de Romarís, Xallas e outras parroquias (1161).
A mediados do século XIII comeza a decaer o mosteiro de Antealtares
pola cantidade de castelos e fortalezas que se construíron.
A
maioría da poboación (90 %), agás nos burgos, dedicábase á
agricultura e pouco sabemos da vida dos labregos da Idade Media
pois as crónicas da época
prestan pouca atención ao seu xeito de vida. Eran os que sostiñan
económicamente aos outros grupos sociais practicando unha
agricultura rudimentaria e o excedente era entregado en rendas. O
territorio estaba dividido en parroquias co fin de delimitar as terras
que debían pagar as rendas a unha mesma igrexa: o décimo, ou a
decima parte dos frutos e animais do ano, as primicias ou primeiros
produtos das colleitas así como as crías dos animais ou a oblata,
cantidade fixa en especie para manter o culto, ademáis doutras
moitas referidas ao señorío sobre as terras, as persoas e a
aportación en traballos, ou polo uso do muíño e do forno. A fame e as
enfermidades, cando non as guerras, eran o pan de cada día da
poboación.
Dende
finais do século XIV o declive dos mosteiros fíxose unha realidade
debido a cantidade de fortalezas que se construiron nas terras de
Santiago. Os nobles, que non coñecían outra profesión que a das
armas nin outro oficio que o da guerra, arrebatan o poder aos
eclesiásticos que, segundo o canónigo e historiador López
Ferreiro “ dende as súas empinadas guaridas sembraban a
desolación e o espanto por todo o país. Desgraciado o abade que
ousase reclamar contra tales desmáns porque era preso e arrastrado
polas barbas”.Os vasallos dos
conventos tiñan tamén que traballar na fortaleza do señor, pagar
gravosos tributos e empuñar as armas cando eran requeridos.
O señorío de Compostela quedou dividido en numerosos estados ou
feudos como os de Altamira, dos Montaos ou dos Ulloa. Nas terras de
Barcala o castelo máis importante era o de Bronllos (Broño) no
actual concello de Negreira que presidía todo o val e foi derrubado na gran Guerra Irmandiña (1467-69) ante os abusos que os nobles cometían, sendo propiedade de Bernal Dianes de Moscoso. Consérvase
aínda o foso e os taludes defensivos no lugar de San Martiño .
(1) Los orígenes de Compostela-Una historia dibujada. Arturo Franco Taboada- Diputación Provincial de A Coruña.
(2) Fueros Municipales de Santiago y de su tierra. Antonio López Ferreiro-Ediciones castilla S.A.
(3) Apuntes históricos sobre Santiago-Antonio López Ferreiro .Consorcio de Santiago-Alvarellos Editora.
(1) Los orígenes de Compostela-Una historia dibujada. Arturo Franco Taboada- Diputación Provincial de A Coruña.
(2) Fueros Municipales de Santiago y de su tierra. Antonio López Ferreiro-Ediciones castilla S.A.
(3) Apuntes históricos sobre Santiago-Antonio López Ferreiro .Consorcio de Santiago-Alvarellos Editora.
Esclarecedor, realmente. Enterieme cosas que ignoraba por completo
ResponderEliminar