![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiUxF08THAMu2DgKgcmuIZM0p7WY9KZlVoROWxG1scd7Ejo3_K1RDYB4As1uxqhgbgEY_BiFhl7E0KiE8IVHcr1j_A6Gufs_aYOLmRqxnq65TX9-JPxi49tHxaNTp6wi3UAAnivrqfrT00/s400/Centro+gallego-R.jpg) |
CENTRO GALEGO DA HABANA ( Foto López Tuñas) |
A Unión Barcalesa de La Habana renovou a Xunta Directiva o pasado 19 de febreiro no Centro Galego da capital cubana.
A decana das asociacións da nosa comarca segue lozana e vigorosa logo de cumplir os 103 anos de existencia. Como xa é habitual infórmannos da xuntanza do pasado día 15 na que estiveron presentes 120 asociados e baixo a atenta mirada de Castelao, que preside a antiga cafetería do Pazo hoxe convertido en Salón de Xuntas, procedeuse á renovación de parte dos directivos que desempeñarán os seus cargos ata dentro de tres anos.
Presidente: Rolando Pérez Palmero
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgjU3fCmTSiKtrP6oCAd_aZSGJ3NX8BPIBiEd4-twqaD5yaq0em8rgIrksTrkYDmVt2LLYRZF3hTNk0pthaEPcYSdvjz-KsW4YnidYai6BzrCnpdjQzA7xLhf5pPC8ZQZmaG7xUTVCiLXE/s320/Juanta+Directiva.jpg) |
Xunta Directiva |
Vicepresidente: Manuel J. Rodríguez Barreiro
Tesorera:Mercedes Castellanos Cartaya
Vicetesorero:Julio G. Barreiro Pérez
Secretaria:Concepción Suárez Morilla
Vicesecretaria:Sandra Lllano Bolaños
Vocales:Gerardo Fernández Bonetti
Sonia García Rosario
Eduardo Mijares Suárez
Mabel Legón Morgado
Exiquio Campo Amigo
Aldo Nilo Pla Martínez
Janet Pagés Hernández
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEi2IhH8aahMNE-iHqXKnJjhdUYzFJ_RgJn0n3ge4ellHKTdVCgxzBF1bSKn26emPbheVHaLFkOe7n7RZr5GXWExz-N3507FTaCl9gxh8DNTHQW4hn2TM_CJbgdrK05IbNZ55wrAApHSCN0/s320/Asamblea.jpg) |
Asemblea |
Rolando Pérez é o Presidente electo dende 1969 e xunto coa súa dona Conchita Suárez, a Secretaria, viñeron sendo o motor da entidade que conta con máis de 300 socios.
O pasado ano estivo aquí en Negreira o Vicepresidente Manuel Rodríguez Barreiro, que foi recibido no Concello nun acto no que ademáis do Sr. Alcalde e representantes da Corporación Municipal estiveron presentes o Cónsul de Cuba e representantes da Asociación para a Solidariedade Alén Mar .
A laboura que no pasado realizou na Comarca de Barcala esta sociedade foi encomiable xa que a ela se debe a construcción das escolas de Aro, Covas, e Seoane. Ademáis doutras moitas aportacións e da formación e axuda que levou a cabo cos emigrantes da nosa comarca en Cuba.
Como sabemos que siguen habitualmente estas publicacións, enviámoslle unha aperta moi forte para todos.