DA TERRA E DO TEMPO
Anxo Mosquera |
A man do home, dominando o gume,
violou a madeira e a pedra dura,
en harmonía compasada e pura,
dende un ritual de ancestro, alén do
lume.
Coma un ronsel ferido de bremanza,
antiga seiva anuncia a súa presencia
de nai ennobrecida coa esencia
dos símbolos máis fondos da
lembranza.
No repouso da noite estrelecida
brinda o licor no vidro aloumiño,
ofrecendo unha loanza estremecida
ás gubias que gravaron o camiño
polo cerne da madeira agradecida,
na honra do deus Baco e o dóce viño.
( Un xardín no tempo)