Cos seus alumnos de Negreira- 1986 |
Hoxe tribútaselle unha
homenaxe ao profesor e compositor Xosé Ramón España Lorenzo,
logo de toda unha vida adicada á música. O que foi primeiro
profesor da Escola de Música do Concello de Negreira, filial do Conservatorio de Santiago aprobada polo Pleno da Corporación o 26 de setembro de 1984, e director da
Banda Infantil e Xuvenil recibirá as mostras de afecto e agarimo dos
que foron os seus alumnos, algúns deles xa profesionais desta arte.
A música sempre estivo
presente na comarca de Barcala, dende os primeiros gaiteiros que
alegraban as festas e foliadas, como Faustino da Pena, os primeiros
quintetos, como o de Agapito de Xallas, ou as diferentes bandas e
orquestas. Esta actividade era na maioría dos casos un complemento
para as modestas economías da comarca. Os coñecementos do solfeo e
a práctica instrumental transmitíase duns veciños a outros detro
dos mesmos núcleos veciñais.
O Concello de Negreira
asumiu a formación musical dos máis novos e este músico de Taragoña (Boiro)
foi o encargado de poñer en marcha a Escola dependente do
Conservatorio de Santiago e a Banda Xuvenil. Anos de traballo e
dedicación que logo fructificaron e nos que o profesor España
acaparou o afecto e agradecemento de todos os que o coñeceron e
conviviron con él.
Xosé España ao piano |
O profesor España é
un músico exemplar, con 16 anos xa formaba parte da Banda
de Taragoña, aos 18 tocaba na da Escola Naval de Marín; por
oposición pasou á Banda Municipal de Música de Santiago de
Compostela e cando decidiu marchar alén do mar, na de Caracas e os
Teques (tamén en Venezuela). Dirixiu coros e agrupacións musicais
nese mesmo país onde continuou a súa formación.
Logo de 18 anos en
América a morriña fixo que voltara a Galicia para continuar aquí
co importante labor musical que levara a cabo nese tempo. Xosé
España creou seis bandas de música, unha en Venezuela e
as outras cinco en Taragoña, Boiro, Negreira, Santa Comba e
Mazaricos e no ano 2006 o Grupo de Musica antiga Menestreis en
Cespón (Boiro) empregando réplicas de instrumentos medievais e
renacentistas.
Tamén é un
compositor moi prolífico de cancións, composicións para piano,
Cámara, Orquestra e Banda. No ano 2009 a Consellería de Educación
e O. U. da Xunta de Galicia e a Asociación Cultural e Musical
Menestreis publicaron un libro e un CD coas máis importantes obras
de José España, nel manifesta que “ Nunca esperei chegar tan
lonxe, aínda que traballei arreo para conseguilo” e
certamente, ademáis dun gran músico é un traballador exemplar.
A relación afectuosa
que sempre mantivo co seu alumnado e as persoas que o coñecían fan
que a pesar do tempo transcurrido dende a súa estancia en Negreira a
admiración, agradecemento e afecto así como a importante labor no
campo musical contribuiron a que os organizadores do Certamén de
Bandas de Música Popular deste ano e o Concello de Negreira
lle adiquen a Xosé R. España Lorenzo esta merecida
homenaxe na que actuarán as bandas de Rianxo, Arteixo
e a Ateneo de Negreira .
Coa Banda Xuvenil do Concello de Negreira |
No hay comentarios:
Publicar un comentario