Gonzalo Romero Osende |
A
publicación do libro A flor da figueira posibilitoume recoller centos de
opinións sobre acontecementos da nosa Memoria e o agasallo de interesantes
libros que son unha gran aportación para profundizar no coñecemento da nosa
historia recente.
Gonzalo
Romero Osende, natural de Zas de Carreira, foi Perito Mercantil, avogado e
empregado de Banca. En 1936 foi movilizado como Tenente de Complemento e actuou
como defensor nos consellos de guerra celebrados en Santiago de Compostela
dende xullo de 1936 ata xuño de 1937. O seu fillo Manuel Romero Mengotti,
Mestre Nacional e licenciado en Pedagoxía, publicou co título de EL DEFENSOR
a novela documental baseada en feitos reais respaldados fundamentalmente por
amplos documentos atopados nunha carpeta de seu pai e usados nas defensas.
Ademáis
de reflectir os feitos ocurridos con motivo da sublevación militar en Santiago
de Compostela e a súa comarca, tamén expón o desenvolvemento dos consellos de guerra
nos que participou seu pai, manifestando a impotencia que sentiu para defender
con garantías ás persoas acusadas pois, segundo recolle neste interesante libro,
as acusacións do fiscal pasaban directamente a ser sentencias aínda que se demostrara
a súa falsedade.
Gonzalo
Romero participou na defensa de cinco acusados de PADRÓN, dezaoito de PORTO DO SON, sete de SANTIAGO DE
COMPOSTELA, vinte de ORDES, cinco de CURTIS, dous de ARZÚA, cinco de MUROS, un
de FRADES, un da PÓBOA DO CARAMIÑAL e no
maior de todos, trinta e dous de NEGREIRA: Oito penas de morte (unha
conmutada), doce cadeas perpetuas, nove de quince anos e un día e unha de oito
anos e un día.
O día
4 de xuño de 1937, Gonzalo Romero atopouse coa súa última actuación nesta
tráxica cerimonia do terror: o fusilamento dos sete condenados de Negreira. Fue
una velada muy dura. Algunos de aquellos hombres daban cauce a la rebeldía e
incomprensión de su situación...otros en cambio guardaban el silencio resignado
de la amargura y la soledad ante el misterioso fin.
En
su traslado en la camioneta al cementerio de Boisaca, hubo que emplearse a
fondo....
Gonzalo
Romero renunciou a seguir desempeñando o seu papel e pediu o
traslado ao frente de guerra.
O
libro de Manuel Romero Mengotti recolle a traxedia dos anos 1936 e 1937 na
comarca de Compostela, reflicte situacións moi duras, especialmente para as
víctimas e as súas familias pero é a
testemuña fiel dun escuro periodo da nosa historia que merece ser coñecido
EL
DEFENSOR
Manuel
Romero Mengotti
Finisterrae
_ ediciones
Mayo
2013
No hay comentarios:
Publicar un comentario