Foto : López Tuñas
Les sanglots longs des
violóns de l´outomne,
blessent mon coeur d
´une langueur monotone.
Paul Verlaine
Cando no hemisferio Norte o día e a noite acadan a mesma duración comenza o Outono, a estación da colleita do millo. As árbores de folla caduca alfombran a herba verde e os camiños. Pero a súa vida segue, prescindindo dos elementos máis zumentos para poder soportar as baixas temperaturas do inverno. Unha retirada estratéxica da sabia para protexerse nos elementos máis lignificados.
Sería por iso que os
mandos das forzas aliadas escolleron os primeiros versos do poema
Canción de Outono de Paul Verlaine para anunciar á Francia
ocupada e ó movemento da Resistencia, da que formaban parte polo menos 70.000 españoles (1), o desembarco nas praias de
Normandía, que ía reprensentar o fin do Nazismo e a liberación de
parte de Europa.
A BBC de Londres
trasmitiu o primeiro verso e catro días despois o segundo do fermoso
poema do poeta francés:
“Os longos lamentos dos
violíns do outono,
firen o meu corazón de
profunda melancolía.”
A Operación Overlord comezou e arrancaba o desembarco do chamado Día D. Alí estaba La Nueve, compañía composta tamén por españoles a quen a
Historia lles gardaba a fazaña da liberación de París.
A noite anterior 20.000 fungos brancos baixaron do ceo sobre os pobos de
Sainte Mére Église e Sainte Marie du Mont diante do pasmo dos seus
habitantes que recibiron esperanzados aos liberadores.
Para algúns o outono é a
estación da melancolía pero en sentido figurado representa a madurez
que anuncia o novo rexurdimento da Natureza.Coa chegada dos primeiros
raios da primavera as árbores estouparán de novo nunha lampada de
verde e florecerán con gran esplendor, xerando novos froitos que
contribuirán a que a especie se perpetúe.
(1) Españoles en la Resistencia. Alberto Fernández- Ediciones Zero S.A. -1973 (Pax. 22)
No hay comentarios:
Publicar un comentario