(Foto López Tuñas) |
Temos a vantaxe de vivir
nun medio natural rico en especies vexetais e animais que é
propicio para entrar con bo pé no mundo do coñecemento científico
porque para a súa adquisición é fundamental partir do concreto
para chegar ao abstracto. O mundo que nos rodea é o primeiro
contacto coa realidade que debe ser aproveitado polos máis pequenos
para comezar a coñecer o medio no que viven e pasar logo a outros
niveis de coñecemento.
Dende hai uns anos Coñecemento do Medio é unha materia escolar, asignatura reemprazada así sen máis polas Ciencias Naturais, pasando os rapaces e rapazas a memorizar esquemas e clasificacións que nos retornan a sistemas propios doutras épocas, deixando á marxe o desenvolvemento de capacidades como a observación, a reflexión ou a valoración medioambiental. Non se pode respetar aquelo que se descoñece.
Dende hai uns anos Coñecemento do Medio é unha materia escolar, asignatura reemprazada así sen máis polas Ciencias Naturais, pasando os rapaces e rapazas a memorizar esquemas e clasificacións que nos retornan a sistemas propios doutras épocas, deixando á marxe o desenvolvemento de capacidades como a observación, a reflexión ou a valoración medioambiental. Non se pode respetar aquelo que se descoñece.
É a consecuencia de
marxinar no mundo educativo ás Ciencias da Educación: A Pedagoxía,
A Psicoloxía Infantil, a Didáctica ou a Metodoloxía; convertir o
proceso de formación das persoas nun conxunto de xenialidades.
Estes días aproveitamos
o bo tempo para camiñar de vagar polo campo. Aprender a ver e a
observar. O primeiriño, un pequeno burato na herba que lles chamou
a atención aos nenos.
-E logo, ese buratiño?
-Pois é un burato,
moi ben feito....seguro que o fixo un bicho.
-Collede un xunco e
metédeo dentro, logo dádelle voltas a ver o que sae....
-E se sae algo que nos
pica?
xa sae....!!!! |
-No teñades medo, probade
e veredes...
Nuns segundos de
movemento apareceu o animaliño todo espelido pola porta do seu
tobo, con movementos nerviosos, ante os que ousábamos violentar o
seu repouso.
-Un grilo! E podemos
collelo coa man?
-Pois si...
Todo se volveu mirar e
remiralo xirando a man para que non fuxira. E veña a preguntar por
outros insectos, e porque se lles di ortópteros, e por que cantan
para atraer ás femias, e logo este si é máis escuro será unha
femia...; e de que se alimentan, e son bos ou malos....
-E como aprendeches a
sacalos do seu tobo?
-Porque
o facíamos de nenos.
-E si lle das e lle das
e non sae para fóra?
-O
máis practico era mexarlle no burato e saía correndo, pero mellor
levar unha botelliña cun pouco de auga; case nunca se precisa porque
non se resisten ao rozamento do xunco ou a palliña.O mesmo que che
pasa a ti cando non das saído da cama e mamá faiche cóxegas.
-Pois mira que son
argalleiros, ás veces pola noite,cando fai bo tempo, parece que
temos unha orquestra arredor da casa!
E quen di os grillos, Manoliño, podrias falar da metamorfose das rans, que nós, por experiencia visual directa coñecemos de corrida. Xa sabes, charca, ovo , masa xelatinosa, embrión, e máis tarde nace o cagudo. Cola, para facilitar o movemento no auga e branquias para a respiración, desenvolvemento da súa cabeza , voracidad . Perdida de cola e as branquias para transformarse nun animal anfibio, e polo tanto aparecen as patas e ao fin , ran nova.
ResponderEliminarE as carreiras de rans, que se ponian tercas, e saíanse pola tanxente? Iso coñeciámolo de corrida, e quen era duro de mollera e de vista, era o centro de mofa, burlas.
Bo , e a nosa especialidade en ovos de paxaros, cor, volume, e os seus correspondentes niños. E que me dis do mercadeo de ovos. Cambiouche un de mirlo, por un de gabin ( os máis preciar, pois había que ir buscalos as copas dos eucaliptos). Ou un de verderol por un de carrizo.
E da rexeneración das colas das lagartixas, era un clasico.
Nós Manoliño, moita practica e menos teórica. Ciertamente moito contacto coa Nai Natureza.
Bela lección a túa, que debería facer recapacitar a moitos pais, e a moitos avós, como nós, que a trasmisión didáctica oral como ti a fixeches , é un ben impagable: leccións estas que quedarán no acervo cultural e afectivo dos nosos nenos.
Amigo Manoliño:Que privilexio poder aprender tantas cousas do mundo en que vivíamos, aínda que coas carencias da época soubemos que a observación e a experimentación era a fonte do coñecemento.Dame lástima observar como se pretende desplazar aos nenos a un mundo virtual alleo á realidade que están a vivir, eu creo que de ahí provén a falta de creatividade que nos rodea.Onte falábamos de cando construíamos helicópteros coas libeliñas :-) .E tantas e tantas cousas ....Unha aperta moi forte!
ResponderEliminar