Cruceiro de S. Cibrán-A Baña |
Irmáns, irmáns da Baña,
que nas terras lonxanas da Arxentina
tendes o pensamento día e noite
cravado eiquí en Galicia,
permitide que a miña probe pruma
contar asenlle neste ledo día
vosa obra benzoada encol de tantas
e tantas regalías.
Deixade que a estas xentes que me escoitan,
a todas as familias
que acodiron a honrar a vosa festa,
de Xallas e da Mahía,
das terras milagreiras de Barcala,
da cibdá do Apóstol bendecida....,
lles diga eiquí do voso esforzo inxente
si é que o iñorase alguén, ou con malicia
non quixera, coitado, confesalo
e rendervos a xusta preitesía
que por canto fixestes e faguedes
merescedes da terra ben querida.
Cos vosos cartos pol-os campos celtas
érguense moitas casas a porfía:
son Escolas e nelas os meniños
axéitanse pra loita pola vida;
cos vosos cartos ten Galicia fontes;
cos vosos cartos ten a terra ermidas;
cos vosos cartos vai a lus os pobos,
e hai cimiterios como os que hai nas vilas.
Irmáns, irmáns de Baña,
que nas terras lexanas da Arxentina
tendes o pensamento día e noite
decote eiquí en Galicia,
alá vai miña homilde gratitude
e con ela a das ialmas ben nacidas...
Que nosa santa Nai do Bon Suceso
protexa as vosas vidas!
A Baña, setembro do 1950
José Fernández da
Ponte
MESTRE
José Fernández Ponte, natural de Tabeirós ( A Estrada), foi mestre na
Baña onde casou con Asunción García Amigo. Durante a súa vida ademáis de
escritor desenvolveu unha gran actividade cultural e social; foi
nomeado "socio de honor" pola Sociedad Hijos del Ayuntamiento de la
Estrada en Cuba e foi presidente da Asociación de Maestros.
Exerceu tamén a docencia en Noia, foille concedida a Cruz de
Alfonso X el Sabio, entregada o 13 de xullo de 1964 e adicáronlle unha
rúa nesa vila.
No hay comentarios:
Publicar un comentario