Aprobada e proclamada
pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas
o 10 de decembro de 1948
o 10 de decembro de 1948
ARTIGO 25
1- Toda persoa ten
dereito a un nivel de vida adecuado que lle asegure, así como á súa
familia, a saúde e o benestar e, en especial a alimentación, o
vestido, a vivenda, a asistencia médica e os servicios sociais
necesarios; ten así mesmo dereito ós seguros en caso de desemprego,
enfermedade, invalidez, viuvez,vellez ou outros casos de perda dos
seus medios de subsistencia por circunstancias independentes da súa
vontade.
2- A maternidade e maila
infancia teñen dereito a cuidados e asistencia especiais. Tódolos nenos teñen dereito a igual protección
social.
CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA
Do 27 de decembro de 1978
ARTIGO 47
Tódolos españois teñen
dereito a disfrutar dunha vivenda digna e axeitada. Os poderes
públicos promoverán as condicións necesarias e establecerán as
normas pertinentes para faceren efectivo este dereito, regulando a
utilización do solo de acordo co interés xeral para que se impida a
especulación.
A comunidade participará
nas plusvalías que nazan da acción urbanística.