Estas rapazas chegaron ao
museo e, como vedes, continuaron inmersas no seu mundo virtual, como
si o entorno non existise, recibindo a información que outros lle envían.
Si amasas fariña, ovos e
zucre, e logo lle engades o que queiras: chocolate, améndoas ou
limón, e metes todo no forno, fas unha tarta. Podes adornala co que
che pareza. Cada un, ao seu gusto. Tamén podes mercala nunha
confitería. Menos traballo.
Asemade podes acender a
tele, escoitar o que contan e logo formarte unha idea da realidade
cos ingredentes que nos facilitan e os que lle engadas. No entanto,
se pertences a un partido político, telo máis fácil, xa cha
facilitan elaborada.
Así, ás veces, imos
construíndo o universo de cada un ou conformando unha opinión sobre
as persoas, sen coñecer os elementos de xuízo, sen analizalos e sen
extraer as nosas propias conclusións; vivindo tamén nun mundo
virtual no que son os demáis os que facilitan os
ingredentes que lles interesan. Aceptámolos e aí quedan.
Quizais por iso existen
dous universos, o real e o imaxinario que é o que normalmente
coñecemos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario