Entramos nese comercio
polo medio das frores bermellas, azuis, brancas, verdes; as macetas
de cristal e porcelana. Sempre é unha ledicia entrar nunha
froristería, enche os sentidos. As frores agasállanse as persoas
que se queren, tamén ás que xa non están. Nun lugar de España hai
un país onde o día do seu patrón no canto de maltratar animais,
agasállanse frores e libros. Son así.
Antonte tamén
queríamos mercar frores para recibir a un matrimonio amigo que viña
á nosa casa, por iso fomos alí e achegámonos ao mostrador. A
conversa soaba a preocupación e inquedanza. Dúas mulleres falaban
coa que atendía o establecemento e
mentres que, de costas, collía un xarrón dunha estantería decíalles :
“Se fosea rica quedábame sen nada, porque ía repartilo
todo!”.
Ao darse a volta
comprobamos que a bondade das persoas vese tamén na limpeza da
mirada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario