Baixando devagar a costa
da Chancela, non queda outra que deterse para admirar este fermoso
pombal recentemente renovado e ollar como as súas moradoras toman o
sol da tardiña nas tellas da cuberta. Temos que alegrarnos que
comencen a restaurarse estas tradicionais construcións que forman
parte do patrimonio galego.
Dende o século XVI, non
había pazo, mosteiro ou vivenda importante que non tivera un pombal
e, aínda que a rendibilidade económica non era moita, aportaban a
beleza das pombas e o seu ir e vir latexante portando o alimento para
as crías
Estas pezas arquitectónicas estaban separadas da casa principal, en sitios outos e
protexidos dos ventos, sen árbores ao redor para que as aves de
rapiña non estiveran ao asexo. Aínda que a maioría son de pranta
circular, tamén hai algúns cuadrangulares ou poligonales,
rematados nunha soleira exterior, onde van os buratos polos que entran
e saen as pombas. Os seus muros son de granito, ás veces cubertos de
barro recebado de branco.
No interior teñen todos
a mesma estrutura, unha soleira que fai de tornarratos e logo
nichos de lousas de pedra, onde aniñan as pombas, que se estenden ata o
alto como coroas circulares.
Nas casas que non tiñan
pombal, a cría das pombas tamén podía facerse nos faiados, cunha
ou dúas entradas na parede ou colocando uns caixóns de madeira no
exterior para unha soa parella.
Na nosa contorna
consérvanse moitos pombais que foron un complemento da economía autosuficiente que caracterizaba ao mundo agrarario tradicional. É de interese público fomentar a súa
conservación para poñer en valor esta fermosa mostra da
arquitéctura popular galega.
Pombais en Ponte Maceira-Negreira |
No hay comentarios:
Publicar un comentario