Hoxe
escoitei en Radio Negreira que é o Día Internacional dos Nenos
Inocentes Víctimas de Agresións, por eso me lembrei
desta fotografía que tomei en París a finais do ano pasado. Naquel
instante unha viruxe desplazou unha folla que tapou o nome da cidade
francesa onde se atopaba o goberno colaboracionista dos Nazis que
tanto dano causou a persoas de todas as idades e condicións. Deixei
así a foto como testemuña do que se acostuma a facer para ocultar a moitos cómplices destas barbaries.
ARRESTADOS
POLA POLICÍA DO GOBERNO DE VICHY, CÓMPLICE DA OCUPACIÓN NAZI, MÁIS
DE 11.400 NENOS FORON DEPORTADOS DE FRANCIA DE 1942 A 1944, E
ASASINADOS EN AUSCHWITZ PORQUE NACERON XUDEOS.
MÁIS
DE 500 DESTES NENOS VIVÍAN NO 4º DISTRITO, ENTRE ELES, 100
PEQUENIÑOS NON TUVERON A SORTE DE FRECUENTAR UNHA ESCOLA.
PASEANTE,
LE O SEU NOME, A TÚA MEMORIA É A SÚA ÚNICA SEPULTURA.
NON OS ESQUECEREMOS XAMÁIS
Os franceses saben ben que os países que ocultan a súa Historia
están obrigados a repetila, por eso non hai ningún pobo ou cidade que non recolla nas súas rúas ou prazas monumentos e
homenaxes aos que entregaron a súa vida pola libertade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario